Pilar Farjas
Pilar Farjas Abadía, nada en Samper de Calanda en 1959, é unha médica e política galega do PPdeG.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Samper de Calanda, España |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Ocupación | Médica e política |
Partido político | Partido Popular |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Zaragoza, licenciada en Socioloxía pola UNED, diplomada en Estudos Avanzados pola Universidade da Coruña e ten un mestrado en Bioestatística.[1] Nos anos noventa traballa xa de doutora na Coruña, primeiro nos servizos de Sanidade Exterior (1992), e logo como subdirectora de Protección da Saúde da Xunta de Galicia. En 1997 pasa a ser directora xeral de Saúde Pública, pero catro anos máis tarde, en 2001, regresa á atención médica na unidade de vacinas do servizo de medicina preventiva do Complexo Hospitalario da Coruña.
Ao ano seguinte, en 2002, sendo Ana Pastor ministra de Sanidade, convértese en directora executiva da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición. En 2004 regresa á Xunta de Galicia como xefa de gabinete de Henrique López Veiga. Ao ano seguinte, logo da derrota electoral do PPdeG, volve ao seu posto como funcionaria, ao exercer de xefa de servizo de Produtos sanitarios da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
Foi tamén concelleira na cidade da Coruña e deputada provincial, cargos que desempeñou até o seu nomeamento como conselleira de Sanidade en abril de 2009, no primeiro goberno da Xunta de Galiza presidida por Alberto Núñez Feijóo.
O 30 de decembro de 2011 foi nomeada Secretaria Xeral de Sanidade de España polo consello de ministros do goberno de Mariano Rajoy, co que abandonou a consellería. Permaneceu nese posto até a destitución de Ana Mato como ministra de Sanidade, cando dimitiu e volveu a Galicia a traballar como médica.
Predecesor: María Xosé Rubio |
conselleira de Sanidade 2009-2011 |
Sucesor: Rocío Mosquera |
Vida persoal
editarEstá casada e ten dous fillos.