A plastilina ou plasticina é un material de modelaxe parecido á masilla feito de sales de calcio, vaselina e ácidos graxos. Non seca, e vén en moitas cores diferentes.[1][2] Plastilina, Plastilin, Plasticina, Plastelin, Plasticine, entre outras variantes, son marcas comerciais rexistradas, con certas variantes entre si, algunhas moi similares e outras bastante diferentes.[3][4][5][6]

Un modelo de plastilina dunha rata, da animadora polaca Monika Kuczyniecka.

Historia

editar

Franz Kolb, o propietario dunha farmacia en Múnic, Alemaña, inventou esta pasta para modelar en 1880. Nesa época industrial, Múnic era un centro das artes, e algúns amigos de Kolb eran escultores. Queixábanse de que o barro que empregaban para modelar as súas esculturas secaba rapidamente e que, sobre todo no inverno, era moi difícil traballar.

Produción industrial

editar

Para comercializar o seu invento, Kolb presentouno en 1887 en Faber-Castell e aínda hoxe se vende.

Por outra banda, en Bath, Inglaterra, en 1897 o profesor de arte William Harbutt presentou unha variante que continuou a fabricarse alí durante case todo o século XX. En 1983 a produción foi trasladada a Tailandia. Realizáronse varios intentos de cambiar a fórmula para eludir a patente e as súas licenzas. Hai unha serie de produtos similares, pero ningún resultou máis exitoso que a fórmula orixinal. Porén, hai un bo mercado para produtos epoxi que se solidifican despois de seren aplicados como líquidos ou masillas. A plastilina non endurece en contacto co ar.

Composición habitual

editar

A plastilina é aproximadamente 65% xeso, 10% vaselina, 5% cal, 10% lanolina e 10% ácido esteárico. Non se pode endurecer coa cocción, derrete cando se expón á calor e é inflamábel a temperaturas máis altas.[7]

Toxicidade

editar

As distintas variantes de plasticinas e pastas de modelar comercializadas en xeral non son tóxicas, porén algunhas poden conter glute, como no caso de Play-Doh, que ten trigo entre os seus ingredientes.[8] O uso de pastas de modelar con glute supón un risco para as persoas que padecen celiaquía ou calquera trastorno relacionado co glute. Pode ser a causa da contaminación inadvertida, xa que é doado que chegue á boca directamente, ou indirectamente a través dos restos que quedan nas mans despois da manipulación.

  • A plastilina úsase para xogos infantís e para modelar estruturas máis formais ou permanentes. Observouse que pode ser un alivio do estrés para nenos hiperactivos.
  • Hoxe en día pódese utilizar para desenvolver a motricidade fina (ou facer que as mans sexan máis capaces no caso da axilidade) en nenos menores de 12 anos.
  • Actualmente tamén é empregado por algúns artistas plásticos contemporáneos como recurso pictórico en forma de “pintura” de textura maleable (Antonio Rincón, 1998).
  • Na cidade de Zamora de Hidalgo, Michoacán, México, atópase o Museo de Historia "Tu mundo en plastilina", onde se amosa a historia a través de figuras de plastilina.
  • Na Segunda guerra mundial os alemáns quixeron substituír o caucho por este material, pero o seu uso fracasou.

No audiovisual

editar

A plastilina atopa un lugar destacado na animación. Grazas á súa propiedade de non secar, é un bo material para stop-motion.[7]

Art Clokey está considerado un pioneiro da animación cinematográfica a base de plastilina coa que experimentou desde 1955 na curtametraxe de 3 minutos Gumbasia, influenciada polo seu profesor Slavko Vorkapich, na Universidade de California do sur.

Nick Park, de Aardman Animations, tamén é un promotor do seu uso, e gañou dous Premios Oscar coas curtas Wallace e Gromit: The Wrong Trousers (1992) e A Close Shave (1995). Esta técnica de modelaxe chámase "claymation", un termo derivado das palabras inglesas "clay", que significa "arxila", e "animation", que significa "animación".

Entre os moitos produtos audiovisuais de stop-motion con plastilina ou greda de modelar están por exemplo Coraline, varios filmes de Tim Burton, a serie O cordeiro Shaun ou o filme galego O Apóstolo.

Na música pop

editar

A pasta ou arxila de marca é mencionada ás veces na música británica, como os porteiros de plastilina (With plasticine porters ...) en "Lucy in the Sky with Diamonds" de The Beatles, as cancións de Oasis "Little James" e "Shakermaker", a canción de Placebo "Plasticine", e a canción de Thom Yorke "Plasticine Figures". O vídeo-clip "My baby don't care" de Nina Simone está feito con plasticina en stop-motion.

  1. "Dicionario; plastilina". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-18. 
  2. "Relatorio" (PDF). Recipp IPP ;. Consultado o 19-5-2022. 
  3. "Pasta para modelar Plastilina". JOVI (en castelán). Consultado o 19-5-2022. 
  4. "Espacenet – search results". worldwide.espacenet.com. Consultado o 2022-05-18. [Ligazón morta]
  5. Gallerix. "Скульптурный пластилин". Gallerix.ru; skulpturnyj-plastilin (en ruso). Consultado o 2022-05-18. 
  6. "Plastelin Color Gels Archives". Kostka Bojana Spain (en inglés). Consultado o 2022-05-18. 
  7. 7,0 7,1 May, James (2009). Toy Stories. Londres: Conway. p. 16. ISBN 9781844861071. 
  8. "Treatment for Celiac Disease ; NIDDK". National Institute of Diabetes and Digestive and Kidney Diseases (en inglés). Consultado o 19-5-2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
dada 1
dada 1
orte 2
Users 1