Pobo ryukyu
Poboadores indíxenas das Illas Ryukyu
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ryukyu.
O pobo ryukyu ou pobo lewchewan[1] (琉球民族 Ryūkyū minzoku?, ryukyu: Ruuchuu minzuku) son os poboadores indíxenas das Illas Ryukyu, arquipélago situado entre Kyūshū e Taiwán. Os subgrupos do pobo ryukyu son os Amami, os de Okinawa, os Miyako, os Yaeyama, e os Yonaguni. Xeograficamente, viven nas rexións de Okinawa e Kagoshima. As súas linguas, como a Uchinaaguchi, comprenden as familia de linguas ryukyu, unha das dúas pólas nas que se divide a familia de linguas xaponesas. A outra póla é a que forman o xaponés e os seus dialectos.
Pobo ryukyu | |
---|---|
Cinco homes ryukyu durante o período Meiji. | |
Poboación | |
Poboación total: 1 900 000 | |
Rexións principais: | |
Okinawa (Illas Ryukyu) | 1 300 000 |
Outras áreas do Xapón | 300 000 |
Fóra do Xapón | 300 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | ryukyu, xaponés |
Relixión | Budismo, Shinto, Animismo |
Grupos relacionados | Pobo yamato, Austronesios |
O pobo ryukyu na ficción
editar- Ultraman, moitos dos conceptos e ideas do seu creador Tetsuo Kinjo fan referencia ás Illas de Okinawa.
- Keisuke Miyagi, personaxe da triloxía Karate Kid, interpretado por Pat Morita.
- Maxi, un personaxe de videoxogo da Soul series.
- Mugen, personaxe da serie anime Samurai Champloo.
Notas
editar- ↑ George Smith (1853): Lewchew and the Lewchewans: Being a narrative of a visit to Lewchew or Loo Choo, in October, 1850. Londres (en inglés).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina da cultura de Okinawa Arquivado 16 de maio de 2017 en Wayback Machine.
- Inside Story: JAPAN, THE NEW BATTLE FOR OKINAWA (Asia Week) Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Os políticos de Uchinau