Pobo yanomami
Os yanomami[1][2] (tamén chamados yąnomamö ou yanomama), son un pobo indíxena de 35 000 persoas que habitan en 200 ou 250 vilas na selva amazónica, na fronteira entre Venezuela e o Brasil.
Pobo yanomami | |
---|---|
Muller yanomami cun pequeno no colo. | |
Poboación | |
Poboación total: c 35 338 | |
Rexións principais: | |
Brasil | 19 338 (2011) |
Venezuela | 16 000 (2009) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas yanomami |
Relixión | xamanismo |
Etimoloxía
editarO etnónimo yanomami foi creado polos antropólogos baseándose na palabra yanõmami que en yanõmami thëpë, significa "seres humanos". Esta expresión oponse ás categorías yaro (animais) e yai (invisibles ou cousas sen nome), pero tamçen napë (inimigo, estranxeiro).[3]
Historia
editarA primeira mención dos yanomami en occidente é de 1759, cando unha expedición española liderada por Apolinar Diez de la Fuente visitou o pobo ye'kuana que vivía no río Padamo. Diez escribiu:
Por interlocución dun indio uramanavi, preguntei ó xefe Yoni se navegara polo Orinoco até o seu nacemento; El respondeu si e que fora guerrerar contra os indios guaharibo [yanomami], que non eran moi valentes ... e que non serán amigos con ningún tipo de indio.[4]
Dende 1630 até 1720, as complexas sociedades dos ríos foron eliminadas ou minguadas como resultado das expedicións de caza de escravos polos conquistadores e bandeirantes.[5] Se isto afectou ós yanomami e en que grao son cuestións de pura especulación.
O contacto sostido co mundo exterior comezou na década de 1950 coa chegada de membros da Misión Novas Tribos[6] así como de misioneiros católicos da Compañía de Xesús e dos salesianos.[7]
En Roraima, na década de 1970 producíronse proxectos de desenvolvemento dentro do "Plan de Integración Nacional" levado a cabo polos gobernos militares brasileiros daquel momento. Isto supuxo a apertura dun tramo de estrada perimetral (1973–76) e varios programas de colonización en terras tradicionalmente ocupadas polos yanomami. Durante o mesmo período, o proxecto de busca de recursos RADAM (1975) detectou importantes depósitos naturais na rexión. Isto provocou un aumento progresivo dos buscadores de ouro, que despois de 1987 se converteu nunha verdadeira febre do ouro. Centos de pistas clandestinas foron abertas polos buscadores de ouro nos principais tributarios do río Branco entre 1987 e 1990. O número de mineiros na área yanomami de Roraima estimouse entre 30 e 40,000, unhas cinco veces máis que a poboación indíxena residente. Aínda que a intensidade desta carreira do ouro diminuíu moito dende 1990, a prospección de ouro segue hoxe na terra yanomami, estendendo a violencia e outros serios problemas sociais.[8]
A reserva da biosfera Alto Orinoco-Casiquiare foi creada en 1993 co obxectivo de preservar o territorio e o estilo de vida tradicional dos yanomami e dos ye'kuana.[9] Porén, malia que a constitución de Venezuela recoñece os dereitos dos pobos indíxenas ás súas terras ancestrais, poucos teñen a titularidade das mesmas e o goberno anunciou a apertura de grandes partes do Amazonas para a minaría legal.[10]
Notas
editar- ↑ Radio Galega, ed. (8 de xaneiro de 2018). "O valedor dos indios". A xanela. Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ Cidade da Cultura (ed.). "Orinoco en danza". Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ "The name Yanomami", Povos Indigenas no Brasil.
- ↑ Francisco Michelena y Rojas, Exploracion Oficial, Nelly Arvelo-Jiminez and Horacio Biord Castillo, eds., 1989. Iquitos, Peru: IIAP-CETA; pp. 171-72.
- ↑ John Hemming, Red Gold: The Conquest of the Brazilian Indians, Cambridge, MA: Harvard University Press, 1978.
- ↑ Ritchie, Mark Andrew. Spirit of the Rainforest: A Yanomamo Shaman's Story. ISBN 0-9646952-3-5}}
- ↑ Smiljanic, Maria Inês. "Os enviados de Dom Bosco entre os Masiripiwëiteri. O impacto missionário sobre o sistema social e cultural dos Yanomami ocidentais (Amazonas, Brasil.)", Journal de la Société des Américanistes, 2002, pp. 137–158.
- ↑ "The Gold Rush," Povos Indigenas no Brasil.
- ↑ MAB Biosphere Reserves Directory (ed.). "Alto Orinoco-Casiquiare". UNESCO. Consultado o 2 de abril de 2017.
- ↑ "Venezuelan tribes protest against violent mining gangs," Survival International News, 18 June 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo yanomami |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Dawson, Mike. Growing Up Yanomam'o: Missionary Adventures in the Amazon Rainforest, Grace Acres Press, 1 de maio de 2009. ISBN 1602650098
- Berwick, Dennison. "Savages, The Life And Killing of the Yanomami" Macfarlane Walter & Ross (1992) ISBN 0921912331
- Chagnon, Napoleon. (1968) Ya̧nomamö (formerly titled Ya̧nomamö: The Fierce People) Holt McDougal; 3rd edition (12 de decembro de 1984) ISBN 0030623286
- Good, Kenneth; with Chanoff, David. Into The Heart: One Man's Pursuit of Love and Knowledge Among the Yanomami. Addison-Wesley Publishing Company; (17 de xaneiro de 1997) ISBN 0673982327
- Jacob, Frank They Eat your Ash to Save your Soul - Yanomami Death Culture''.