Polígono industrial de Piadela
O polígono industrial de Piadela é unha zona industrial, loxística e de uso terciario-mixto situada na parroquia de Piadela, no concello de Betanzos, desenvolvido mediante iniciativa privada.
Polígono industrial de Piadela | |
---|---|
Sede de Gadisa no polígono de Piadela. | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1991 |
En | Piadela |
País | Galicia |
43°16′36″N 8°13′59″O / 43.276694444444, -8.2330555555556 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e descrición
editarEste polígono encóntrase claramente subdividido entre norte e sur, cada parte ten sido promovida por empresas privadas distintas e a liña do ferrocarril Coruña-Palencia exerce como barreira física delimitadora entre ambas.
Piadela Norte
editarO 9 de xaneiro de 1989 o pleno municipal betanceiro aprobaba o Plan Parcial do Polígono Industrial de Piadela que promovía Tojeiro Transportes S. A., do empresario Roberto Tojeiro Díaz[1], quedando a obra inaugurada en 1991[2][3]. A distribuidora de alimentación Gadisa é o seu principal inquilino.
- Fase I: 141.126 m2 (sup. neta) | 94.388 m2 (sup. bruta)[4]
- Fase II: 41.000 m2 (sup. neta) | 17.132 m2 (sup. bruta)[4]
- Fase III: 99.565 m2 (sup. neta) | 76.618 m2 (sup. bruta)[4]
Piadela Sur
editarFoi promovida pola empresa madeireira FINSA mediante a sociedade limitada Terrenos Piadela[4][5]:
Accesos
editarNotas
editar- ↑ "Anuario brigantino 1989" (PDF). Anuario brigantino. Consultado o 04-05-2017.
- ↑ "Polígono industrial A Piadela, Betanzos. Galicianaves Noticias". www.galicianaves.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 2017-05-04.
- ↑ Faro de Vigo. "Muere Roberto Tojeiro, creador de Gadisa - Faro de Vigo". www.farodevigo.es. Consultado o 2017-05-04.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 López Bregua, Ángel. "Anexo de táboas. Dpto. de Xeografía" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 04-05-2017.
- ↑ "TERRENOS PIADELA SL, A CORUÑA - Informe comercial, de riesgo, financiero y mercantil.". www.infocif.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2017-05-04.