Cherna
Cherna (Polyprion americanus) | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cherna no Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
DD (Datos insuficientes) [1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
O mero,[2][3][4][5][6] cherna [3][4][6][7] ou cherla [3][4] (Polyprion americanus) é un peixe mariño acantopterixio (Acanthopterygii) clasificado até hai pouco na familia dos serránidos (Serranidae), pero que na actualidade moitos autores sitúan na dos polipriónidos (Polyprionidae).
Descrición
editar- Moi parecido ao mero de altura, pode alcanzar até os 2 m de lonxitude,[5][8] e un peso máximo duns 100 kg.[8][9]
- Corpo robusto, voluminoso e algo comprimido.[5]
- Cabeza longa, co perfil superior algo cóncavo, e presenta sucos, espiñas e asperezas que se fan romas co tempo.[10] Ten unha crista ou xibosidade sobre cada ollo, na rexión occipital.[5]
- Ollos grandes e redondos.[5]
- aberturas nasais grandes e moi xuntas.[5]
- Boca grande e lixeiramente protráctil, coa mandíbula prominente; o maxilar superior, amplo. Dentes cónicos e robustos na parte anterior, dispostos en fileiras, e pequenos e numerosos, formando bandas, no resto da boca.[5]
- Opérculo provisto dunha crista ósea transversal, horizontalmente moi marcada.[5]
- escamas de tamaño reducido e moi rugosas (ctenoides) estendéndose pola cabeza e as bases das aletas dorsal, anal e caudal.[5]
- Liña lateral simple, con de 90 a 114 escamas, claramente visíbel.
- Aleta dorsal con fortes espiñas; aleta anal de tamaño semellante á segunda parte da dorsal e cos tres primeiros raios curtos; aletas pelvianas máis longas que as pectorais, e a caudal arredondada nos exemplares xuvenís e truncada nos adultos.[5]
- Coloración dos xuvenís gris ou parda violácea, con manchas irregulares abrancazadas, algo difusas. A dos adultos é parda agrisada no lombo, e amarelada no ventre.[5]
Bioloxía
editarVive en augas libres entre os 100 e os 200 m de profundidade, pudendo chagar até os 1.000.[5][11]
Presenta hermafroditismo secuencial: ao principio da súa vida adulta, é femia; despois, macho.[11] É unha especie ovípara, levando a cabo a desova a finais da primavera e en verán. Non coida dos ovos nin das crías.
Os exemplares xuvenís son de comportamento gregario e epipeláxico até que alcanzan uns 50 ou 60 cm, agrupándose en cardumes cerca de obxectos flotantes, como os caídos ou tirados ao mar ou arrebatados por este, macroalgas e restos de naufraxios, e desprázanse con eles, resgardándose baixo deles.[1][8][12]
Os exemplares adultos son batidemersaos, é dicir: é demersal e habita até por debaixo dos 200 m. Pódese encontrar na columna de auga, e en fondos areosos e rochosos. Habita en covas, furnas, aberturas, en paredes verticais, en bloques de rochas, no interior de esponxas etc.[13] Tamén habita en pecios, polos que é coñecida a súa afección.[8][12]
É un peixe oceanódromo. É frecuente achar anzois europeos en exemplares capturados en áugoas dos Estados Unidos, o que parece indicar grandes migracións desta especie.[1]
Os individuos xuvenís aliméntanse de teleósteos, en particular do xénero Trachurus (caránxidos —os xurelos—) e doutros organismos.[1] Os adultos comen sobre todo outros peixes bentónicos, peixes mesopeláxicos, cefalópodos peláxicos de gran tamaño, invertebrados bentónicos e crustáceos.[5][8][12][14]
Distribución
editarA área de distribución de Polyprion americanus comprende as seguintes zonas:
- Suroeste do océano Pacífico: sur de Chile.[11]
- Atlántico occidental: desda Arxentina até illa de Terra Nova. Con seguridade, na Arxentina, Uruguai, Brasil, Estados Unidos desde Carolina do Sur até o golfo de Maine, no Canadá e en Terra Nova.[1] Tamén se encontra nas Bermudas e no mar dos Argazos[1][11]
- Atlántico oriental: desde a parte meridional de Noruega até Suráfrica. Encóntrase en Islandia e nas illas Británicas. Parece ausente do mar Báltico.[11] Si habita na Macaronesia (nos Azores, en Madeira e nas Canarias) e en Cabo Verde) e Tristán da Cuña.[1] Esténdese por todo o Mediterráneo, salvo polo norte do Adriático e, talvez, polo mar Negro. Hoxe en día xa non é común ni non Mediterráneo nin máis ao norte do golfo de Biscaia.[10]
- Occidente do Índico: costa meridional africana até o Canal de Mozambique.[11]
- Norte do Índico: citado na China. Ao ser unha zona allea á área de distribución e afastada dela, requírese comprobar a súa presenza.[15]
- Centro do Índico: illas de Ámsterdan e San Paulo.[1][8]
- Oriente do Índico e occidente do Pacífico: occidente de Indonesia, Nova Guinea, illas Salomón, Vanuatu, Fidxi, Nova Caledonia, Nova Zelandia, Tasmania e Australia.[11]
Ameazas e conservación
editarA única ameaza coñecida para a conservación da especie é a sobrepesca.[1]
Debido a que a distribución deste peixe, aínda que ampla, é descontinua, é posíbel que haxa poboacións sen explotar, e mesmo algunhas sen descubrir, de maneira que é difícil determinar o estado da súa conservación e prognosticar o seu futuro cun grao razoábel de precisión. Pero é probábel que a poboación mundial da cherna estea en declive, xa que é unha especie cuxa reprodución é lenta, o que a fai vulnerábel á sobreexplotación; ademais, algunhas poboacións xa mostran signos de sobreexplotación, e outras están sendo sometidas a un grande aumento do aproveitamento pesqueiro. O maior descenso documentado corresponde ás illas Bermudas.[1]
E aínda por riba, ao seren os xuvenís epipeláxicos e non migrar á rexión demersal até que alcanzan 50 ou 60 cm, poden pasar varios anos até que se reflicta a presión pesqueira no tamaño das capturas.[1]
Alí onde se orientaron actividades comerciais á pesca da cherna de maneira específica, as capturas alcanzaron un pico e despois descenderon rapidamente: son os casos do Brasil, as Bermudas e Portugal. Noutros casos, como son o de Angola e o de España, o rápido aumento de capturas nos anos 1990 indica un esforzo na mellora das técnicas, pero aínda é cedo para saber se esa pesca es sustentábel.[1]
O tamaño mínimo de captura no Mediterráneo é de 45 cm.[16] Non está fixado para o Canal da Mancha, para o mar do Norte nin para mar aberto no océano Atlántico.[17]
Á parte do tamaño mínimo establecido para os exemplares que se pesquen no Mediterráneo, as únicas accións de conservación leváronse a cabo nos Estados Unidos e en Nova Zelandia mediante certas restricións:[1]
- Nos Estados Unidos, onde non se dá a pesca deportiva da cherna, hai unha veda desde o 15 de xaneiro até o 15 de abril, e está prohibido empregar palangre. Para poder pescar a cherna hai que ter unha licenza especial. Como no caso doutras especies, a administración establece un total de peso que pode capturarse como máximo cada ano, repartíndoo en cotas individuais asignadas aos que teñan o permiso, cotas que son transferíbeis entre os armadores con permiso. O máximo total é de 907 t.[1]
- En Nova Zelandia, o máximo total para a pesca comercial da cherna e do hāpuku é de 2.181 t, sumadas as capturas de ambas as especies. Para a pesca deportiva e recreativa, moito menos importante, tamén hai restricións.[1]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Sadovy, Y. (2003): Poliprion americanus na Lista Vermella da IUCN, edición 2011. (en inglés) Consultada o 29/11/2012.
- ↑ Forma menos recomendable segundo a RAG. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cherna.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces, Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, p. 289.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 104.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 Rodríguez Villanueva et al. (1994), p. 94.
- ↑ 6,0 6,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-45-29134-8, p. 133.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cherna.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Polipirum americanus en FishBase
- ↑ Muus, B. J. e J. G. Nielsen (1999): Scandinavian Fishing Year Book Arquivado 07 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ 10,0 10,1 Ficha de la cherna Arquivado 07 de marzo de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 06 de decembro de 2012 en Wayback Machine. "Maestro pescador".
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Polyprion americanus Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 02 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. de Maréis. Étaples (Francia). (en francés) Consultada o 29/11/2012.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Bianchi, G., K. E. Carpenter, J.-P. Roux, F. J. Molloy, D. Boyer e H. J. Boyer (1999): FAO species identification field guide for fishery purposes. The living marine resources of Namibia (Guía de campo da FAO para a identificación de especies de interese pesqueiro. Os recursos mariños vivos de Namibia). FAO, Roma.
- ↑ Polyprion americanus Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. do Centro Mediterráneo de Investigaciones Marinas y Ambientales (CMIMA), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España.
- ↑ Ecoloxía de P. americanus en FishBase. (en inglés)
- ↑ Sobre a posíbel presenza de Polyprion americanus en China continental. No sitio de FishBase.
- ↑ Mailles pour la Méditerranée Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Medidas para o Mediterráneo). [[fr}} Consultada o 29/11/2012.
- ↑ Mailles pour la Manche, l'Atlantique et la Mer du nord Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Medidas para o canal da Mancha, Atlántico e o mar do Norte). (en francés) Consultada o 29/11/2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cherna |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cherna |
Bibliografía
editar- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Imaxes en FishBase, consultada o 29/11/2012.
- La cherna na Base de datos terminológicos y de identificación de especies pesqueras de las costas de Andalucía (en castelán), consultada o 29/11/2012.
- Pesca de la chernia en Uruguai. (en castelán) Consultada o 29/11/2012.
- Polyprion americanus na base de datos da World Register of Marine Species (en inglés), consultada o 29/11/2012.
- Polyprion americanus no CNIB. Ofrece ligazóns con outrs sitios web (en inglés), consultada o 29/11/2012.
- Lista de ecosistemas nos que se acha. Con referencias. En FishBase (en inglés), consultada o 29/11/2012.
- Lista de países nos que se acha. Con referencias. En FishBase (en inglés), consultada o 29/11/2012.