Os Populares foi unha facción de senadores romanos progresistas que se opuñan aos Optimates, os conservadores. Os Populares defenderon unha maior intervención das asembleas populares no goberno da República Romana e a perda paulatina do poder absoluto do Senado romano, usando "o pobo, máis que o senado, como medio".[1] As súas ideas políticas incluían a concesión da cidadanía romana a todas as persoas que vivían baixo o dominio romano e reformas agrarias co fin de acabar cos latifundios improdutivos.

Populares
Historia
Fundaciónc. 150 a. C.
Disolución36 a. C.
Posicións políticas
Ideoloxíaaristocracia, populismo, causa plebea.
Outros datos
SedeSenado romano, República Romana
  1. Mackie, Nicola (1992). "Popularis' ideology and popular politics at Rome in the first century BC". Rheinisches Museum für Philologie 135 (1). ISSN 0035-449X. JSTOR 41233843. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1