Portal:Bután/Lugar de interese/Arquivo
Aquí están todos os lugares de interese destacados no portal Bután:
1
editarGangkhar Puensum (en dzongkha: གངས་དཀར་སྤུན་གསུམ་) é a montaña máis alta de Bután e a máis alta do mundo cuxo cumio aínda non se acadou. Ten unha altitude de 7.570 metros e unha prominencia de 2.990 metros. O seu nome significa O pico branco dos tres irmáns espirituais. Trala apertura de Bután para o montañismo en 1983, catro expedicións tentaron, sen éxito, escalar o cumio nos anos 1985 e 1986. Porén, en 1998, un equipo conseguiu acadar un pico subsidiario da montaña dende a China.
2
editarTaktshang é un mosteiro en Bután, Asia. Está localizado nun cantil a 3.120 de altura e 700 metros até o fondo do val. O nome significa Niño do Tigre. O mosteiro inclúe sete templos. Taktshang atópase inmerso nun proceso de restauración debido aos danos provacados por un incendio recente. O acceso a este soamente é posíbel a pé ou subido nunha mula.
3
editarO aeroporto de Paro (IATA: PBH, OACI: VQPR) é o único aeroporto internacional dos catro que existen no Reino de Bután. Está situado a 6 quilómetros de Paro, nun profundo val na ribeira do río Paro Chhu. Con montes aos seus arredores de ata 5 500 m, está considerado un dos aeroportos máis desafiantes do mundo, e só un selecto número de pilotos está certificado para aterrar nel. Os voos en Paro só se permiten baixo condicións meteorolóxicas visuais e están restrinxidos ás horas nas que hai luz do día. Ata o ano 2011 o de Paro foi o único aeroporto do país.
4
editarThimphu (en dzongkha ཐིམ་ཕུ་), ou tamén Timbu, é a capital de Bután. Situada nun alto val do oeste do país, a 2.350 m.s.n.m., con 98.676 habitantes (2005) é a maior cidade do pequeno estado. É tamén a capital do distrito que leva o seu nome. Á parte de ser a residencia do goberno e do monarca, é tamén a sede estival do Je Khenpo, a autoridade relixiosa do país.
A urbanización da localidade comezou en 1961, cando Thimphu foi proclamada capital nacional, substituíndo a anterior capital, Punakha.
A cidade esténdese polos outeiros occidentais do val do río Wang Chhu, co barrio gobernamental centrado arredor de Tashichoedzong, unha fortaleza do século XIII. Está rodeada de fragas que lle outorgan un aspecto de cidade verde. A rápida expansión subseguinte ao éxodo rural levou a remodelar o centro urbano, mentres, por outra banda, proliferaron os arrabaldes.
Norzim Lam é a arteria principal e está bordeada de tendas, restaurantes, comercios de venda polo miúdo, acompañados de arquerías, soportais e edificios públicos. Outramente, hai unha mestura de edificacións, con casas e almacéns de tipo familiar, aínda que as ordenanzas fixan que todas as construcións deben estar deseñadas no estilo tradicional, con pinturas e motivos decorativos budistas. No fin de semana, un mercado que ten lugar preto do río, fornece de carne e legumes, xunto con artigos turísticos.