editar
Economía de Kirguizistán
A agricultura e a gandaría foron predominantes na economía do Kirguizistán ata que a industrialización promovida por sucesivos gobernos modificou a estrutura económica en case todos os antigos territorios da Unión Soviética. Malia todo, a agricultura e a gandaría constitúen máis da metade do emprego da poboación activa, e ao redor dun 40 por cento do Produto interno bruto. En todo o país, especialmente nas zonas accidentadas, dáse especialmente a gandaría (ovellas, cabalos e bovinos). Nas zonas máis baixas e planas, existe un forte sector agrícola do algodón, e froitas, resultado dunha irrigación extensiva. Tamén se cultivan tabaco, seda e flor de opio.
Actualmente, máis do 20 por cento do PIB do Kirguizistán provén do sector industrial, especialmente relacionado co gran potencial mineiro das súas terras. A extracción mineira de ouro, carbón, antimonio e uranio, entre outros, supuxo un importante acicate para a rápida industrialización. Existen ademais, depósitos de petróleo e gas natural, descubertos recentemente no val de Fergana, pero non conseguen satisfacer a demanda interna. A industria transformadora do coiro, la e carne é relativamente importante.