Portal:Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e Santo Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Artigo destacado

editar

A tulipomanía foi un período de euforia especulativa que se produciu nos Países Baixos no século XVII, que deu lugar á primeira burbulla económica coñecida. Os tupipáns foron introducidos nos Países Baixos no século XVII. As súas flores eran moi apreciadas pola súa beleza, e pasaron a ser moi buscadas, o que favoreceu un aumento do seu prezo. Co paso dos anos, estes prezos aumentaron cada vez máis rápico, convertendo o comercio de bulbos de tulipáns un negocio bastante lucrativo. Persoas de todas as clases vendían propiedades para investir en tulipáns, e a mediados da década de 1630 xurdiron contratos de futuros para negociar os bulbos antes mesmo da colleita. En 1637, debido a diversos factores, houbo unha perda de confianza en tales títulos, levando a moitos a unha carreira para o rescate dos seus investimentos. Como consecuencia os prezos caeron subitamente, e innumerables negociantes quebraron.

O relato destes acontecementos debémosllo ao xornalista escocés Charles Mackay, que o reflectiu no seu libro Memorias de extraordinarias ilusións e da tolemia das multitudes (1841).

Cidade destacada

editar

Ámsterdam ou Ámsterdan (en neerlandésAmsterdam[ˌɑmstərˈdɑm] (AFI)Nl-Amsterdam.ogg escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no leste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000, un millón e medio se contamos a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza do Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante esta época, e é hoxe en día un dos centros históricos máis grandes de Europa. Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".

A cidade é a capital financeira e cultural dos Países Baixos. Moitas das máis grandes institucións neerlandesas teñen aquí a súa sede, estando entre elas 7 das 500 compañías máis importantes do mundo, como Philips ou ING. As súas históricas canles, o Rijksmuseum, o museo Van Gogh, a casa de Anne Frank, o seu barrio roxo e os seus numerosos cofee-shops, son as principais atraccións de Ámsterdan, que atraen a 4,2 millóns de turistas cada ano.

Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Vincent Willem van Gogh, nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do posimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán menor Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente. A grande amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que intercambiaron desde agosto de 1872; das 800 cartas conservadas do pintor, unhas 650 están dirixidas a Theo e as outras a amigos e familiares.

Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local. En 1885 pintou a súa primeira grande obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arlés en 1888. Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura. Tivo unha grande influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns. A súa arte foi seguida por Derain, Vlaminck e Van Dongen.

Sufriu frecuentes brotes dunha enfermidade mental ao longo da súa vida, o que o levou a se producir unha ferida de bala que acabou coa súa vida á idade de 37 anos. Malia que existe unha tendencia xeral a especular que a enfermidade mental influíse na súa pintura, o crítico de arte Robert Hughes cre que as obras do artista están executadas cun completo control.

Imaxe destacada

editar

Muíño De Adriaan en Haarlem.
Vexa o artigo Holanda Setentrional.


Sabías que...?

editar

O punto máis alto dos Países Baixos.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wikimedia Wiktionary
Wikimedia Wiktionary

no Galicionario

  NODES
Intern 1
iOS 2
mac 1
os 136
todo 2