Praga

capital da República Checa

Praga (en checoPraha[ˈpraɦa] (AFI)Cs-Praha.ogg escoitar) é a capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia. Con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,7 millóns de habitantes.[1] A cidade ten un clima oceánico temperado, con veráns relativamente quentes e invernos fríos.

Modelo:Xeografía políticaPraga
Praha (cs) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

AlcumeMater urbium, Stověžatá Praha, Praga Caput Regni e Praga Caput Rei publicae Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°05′15″N 14°25′17″L / 50.0875, 14.4214
PaísRepública Checa Editar o valor en Wikidata
Enclave enBohemia Central Editar o valor en Wikidata
Capital de
República Checa (1993–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.384.732 (2024) Editar o valor en Wikidata (2.790,62 hab./km²)
Número de fogares579.509 (2011) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua checa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie496,21 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,2 Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Moldava, Čertovka, Botič, Dalejský potok, Prokopský potok, Říčanský potok, Lochkovský potok e Rokytka Editar o valor en Wikidata
Altitude235 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoTeleček (en) Traducir (399 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Moldava Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creaciónséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataBohuslav Svoboda (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoconcello de Praga , (Escano: 65) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.193.200.000.000 Kč (2016) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal100 00–199 00, 252 26 e 252 28 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2CZ-10 e CZ-PR Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCZ010 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Taipei (2020–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webpraha.eu Editar o valor en Wikidata
Facebook: Prahaeu Twitter: PrahaEU Instagram: cityofprague LinkedIn: magistrát-hl-m-praha Youtube: UC2PrAs3ThtZ1Qi1lYxlC0Zw BNE: XX451702 Editar o valor en Wikidata

Situada á beira do río Moldava, é un centro económico, político e cultural de Europa central que conta cunha rica historia. Praga desenvolveuse a partir do século IX converténdose nunha das capitais máis importantes de Europa nos séculos XVIII e XIX. Con todo, no século XX, sufriu as dúas guerras mundiais e os réximes nazi e soviético.[2] Trala Revolución de Veludo e a caída do Muro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara a unha economía de mercado.

Praga é o fogar de numerosas atraccións culturais, moitas das cales sobreviviron a violencia e a destrución que padeceu Europano século XX. Entre elas salientan o castelo de Praga, a ponte de Carlos, a praza da cidade vella co Reloxo Astronómico, o barrio xudeu, o outeiro de Petřín e Vyšehrad. Dende 1992, o centro histórico da cidade foi incluído na lista da UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade conta con dez grandes museos, xunto con numerosos teatros, galerías, cinemas e outros lugares históricos. Un sistema público e moderno conecta toda a cidade e conta cunha gran variedade de institucións educativas públicas e privadas, incluíndo a Universidade Carolina de Praga, a máis antiga universidade de Europa central.

Praga está clasificada como unha cidade global "alpha" segundo estudos de GaWC[3] e foi clasificada no sexto posto na lista mundial de Tripadvisor como mellores destinos de 2016.[4] En 2019, a cidade clasificouse no posto 69 das cidades máis habitables do mundo de acordo con Mercer.[5] No mesmo, o indicador PISCA clasficou a Praga como a décimo terceira cidade máis habitable do mundo.[6] A súa rica historia convértena nun destino turístico popular, e no ano 2017 recibiu máis de 8,5 millóns de visitantes. En 2017, Praga clasificouse como a quinta cidade máis visitada de Europa, despois de Londres, París, Roma e Istambul.[7]

Etimoloxía

editar

Segundo a Crónica de Kosmas[8] (en checo: podle Kosmovy kroniky) a princesa Libuše aconsellou aos seus súbditos que o lugar máis axeitado para asentarse atoparíano alá onde un home labrase un limiar (en checo: práh) do que derivaría Praha, o nome da cidade.

«Vexo unha gran cidade, cuxa gloria tocan as estrelas. Vexo un lugar no medio dun bosque onde un empinado cantil se ergue sobre o río Moldava. Hai un home, que labra un limiar (prah). Alí construirase un castelo chamado Praga (Praha). Así, os príncipes e os duques inclinaranse diante do limiar, onde se erguerá o castelo e a cidade ao redor del».

Outros historiadores opinan que o nome da capital ten a súa orixe na palabra eslava prga, que significa "fariña torrada", debido á aridez do lugar elixido para construír o castelo.[8] Por último algúns opinan que a orixe é a palabra checa prahy que significa "rápidos" polos rápidos do río Moldava, en cuxas beiras se atopa a cidade.[8][9]

Historia

editar

Durante os máis de mil anos de existencia de Praga, a cidade medrou a partir dun asentamento que se foi estendendo dende o Castelo de Praga ao norte até a fortaleza de Vyšehrad ao sur, converténdose na capital multicultural dun moderno estado membro da Unión Europea: a República Checa.

Idade Antiga

editar
 
Estatua adicada a Libuše e a Přemysl.

Os primeiros vestixios no lugar no que hoxe se atopa Praga datan do Paleolítico.[10][11] O primeiro asentamento estable considérase que foi o dunha tribo celta cara ao ano 200 a. C., establecida no sur da actual Praga. A poboación chamábase Závist, no presente un suburbio de Praga,[12][13] e déronlle nome á rexión de Bohemia, que quere dicir "fogar do pobo boii".[11][14] A finais do século I a tribo foi substituída polos marcomanos e, posiblemente, os suevos, ambos os pobos xermánicos. No século VI, durante o período das invasións bárbaras trala caída do Imperio Romano, os marcomanos migraron cara ao oeste ou foron asimilados polos eslavos. Durante un breve período de tempo foron conquistados tamén polos ávaros.

Segundo as lendas, Praga foi fundada por Libuše e o seu esposo, Přemysl, fundador da dinastía do mesmo nome.[15] Xa sexa verdade ou non a lenda, o primeiro núcleo coñecido de Praga foi un oppidum de madeira erixido ao redor do ano 800.[16] Este oppidum foi a base dende a que se construíu o que dende o ano 855 se coñece como Castelo de Praga.[17] A parte do Castelo, había outra fortaleza en Praga, o castelo de Vyšehrad que, aínda que parece máis antigo, foi construído cara ao século X, uns setenta anos máis tarde que o Castelo de Praga.[18]

Máis tarde, o Castelo de Praga estaría dominado pola catedral, que aínda que foi fundada en 1344 non se completou até o século XX.[19] A cidade converteríase entón na sede dos duques, posteriormente reis, de Bohemia. Baixo o emperador Otón II a cidade converteuse en bispado en 973,[20] e elevada a arcebispado en 1344.[21] Xa dende os seus primeiros anos foi un importante centro para o comercio, estabelecéndose nela mercadores de toda Europa, incluíndo moitos xudeus, como lembra no ano 965 o comerciante e viaxeiro xudeu Abraham ben Jacob.[22] Desa época sobrevive a Sinagoga Staranová de 1270. Praga posuía tamén un importante mercado de escravos.[23]

A primeira ponte sobre o río Moldava foi erixida polo rei Ladislau II en 1170, a Ponte de Judith, nomeada na honra da súa muller Xudite de Turinxia,[24] que foi destruída por unha crecida en 1342. Con todo, hoxe aínda quedan algúns restos dos cimentos orixinais da ponte. En 1257, baixo goberno do rei Otakar II, foi fundado Malá Strana (Barrio Pequeno) no lugar dunha antiga vila. Máis tarde converteríase no distrito de Hradčany.[25] Este barrio pertencía aos xermánicos, os cales tiñan o dereito de administrar autonomamente as súas propias leis.[26] Este novo barrio, rodeado por murallas e fortificacións, está na beira oposta da Staré Město (Cidade Vella).

A era de Carlos IV

editar
 
As preciosas Xoias da Coroa de Bohemia son as cuartas máis antigas de Europa.
 
Unha das torres da Ponte de Carlos.
 
Estatua adicada a Jan Hus na Praza de Staré Město en Praga.

Praga floreceu durante o reinado no século XIV (1346-1378) de Carlos IV, emperador do Sacro Imperio Romano e Rei de Bohemia da nova dinastía dos Luxemburgo.[27] Como Rei de Bohemia e Emperador do Sacro Imperio, transformou Praga nunha capital imperial. Ordenou a construción da Cidade Nova (Nové Město) adxacente á Cidade Vella (Staré Město) e cun deseño feito por el mesmo. A Ponte de Carlos, en substitución da ponte de Xudit destruída durante unha inundación xusto antes do seu reinado, levantouse para conectar os distritos marxe dereita con Malá Strana e a zona do castelo. En 1347 fundou a Universidade Carolina, a universidade máis antiga de Europa Central.[28] Tamén comezou en 1344 a construción da Catedral gótica de San Vito no maior dos patios do Castelo de Praga, sendo Praga elevada a arcebispado ese mesmo ano.[29]

A cidade tiña unha casa da moeda, e era un centro de intercambio entre banqueiros alemáns e italianos e os comerciantes. A orde social, con todo, fíxose máis turbulenta debido ao crecente poder dos gremios dos artesáns (a miúdo desgarrados entre eles mesmos por loitas internas), e o crecente número de persoas pobres. O Muro da Fame, unha muralla de fortificación ao sur de Malá Strana e a zona do castelo, foi construída durante un período de fame na década de 1360. Esa obra ten fama de ser ordenada por Carlos IV como medio para proporcionar emprego e comida aos traballadores e as súas familias. Praga era entón a terceira cidade máis grande de Europa.

Carlos IV morreu en 1378. Durante o reinado do seu fillo, o rei Venceslau IV (1378-1419), produciuse un período de intensa axitación. Durante a Semana Santa de 1389, os membros do clero de Praga acusou aos xudeus de profanar a Hostia (oblea eucarística) e alentaron ás multitudes a saquear, desvalixar e queimar o barrio xudeu. Case toda a poboación xudía de Praga (3.000 persoas) morreu.[30][31]

Jan Hus, teólogo e reitor da Universidade Carolina, predicou en Praga; en 1402, comezou a dar sermóns na Capela de Belén. Inspirado por John Wycliffe (percusor da Reforma protestante), estes sermóns centrábanse no que se consideraban reformas radicais dunha Igrexa corrupta. Despois de volverse demasiado perigoso para a organización política e relixiosa, Hus foi citado ante o Consello de Constanza e sometido a xuízo por herexía, sendo finalmente queimado na fogueira na propia Constanza en 1415.

Catro anos máis tarde tivo lugar a Primeira Defenestración de Praga, cando o pobo se rebelou baixo o mando do sacerdote praguense Jan Želivský. A morte de Hus, xunto co proto-nacionalismo checo e proto-protestantismo, estimulou as guerras husitas. Os campesiños rebeldes, encabezados polo xeneral Jan Žižka, xunto coas tropas husitas de Praga, derrotaron ao Emperador Sexismundo, na Batalla de Vítkov.

Nos seguintes dous séculos, Praga fortaleceu o seu papel como cidade comercial. Nesa época foron erixidos moitos dos notables edificios góticos do Castelo de Praga.[32][33]

A era dos Habsburgo

editar
 
A Batalla da Montaña Branca.

En 1526,[10] os estados bohemios elixiron como novo gobernante a Fernando I de Habsburgo, polo que Praga foi capital dunha provincia austríaca. O catolicismo fervente dos membros da dinastía xerou conflitos, primeiro en Bohemia e logo en Praga, onde as ideas protestantes ían gañando popularidade.[34] Con todo, estes problemas non foron salientables durante o goberno do emperador Rodolfo II, nomeado Rei de Bohemia en 1576. Rodolfo II elixiu como residencia o Castelo de Praga onde, aínda que invitou tamén a astrólogos e magos, recibiu a científicos, músicos e artistas. O emperador era tamén amante da arte, convertendo a Praga na capital da cultura europea. Este período foi de grande esplendor para a cidade, algúns dos máis famosos habitantes desa época foron os astrónomos Tycho Brahe e Johannes Kepler, o pintor Arcimboldo, os alquimistas Edward Kelley e John Dee ou a poetisa Elizabeth Jane Weston, entre outros.

En 1618, a elección de Fernando II de Habsburgo, católico, como rei de Bohemia causou ira entre os nobres bohemios, de relixión protestante. Cando Fernando II enviou dous concelleiros católicos para preparar a súa chegada a Praga, estes foron secuestrados e guindados por unha fiestra do castelo, o que se coñece como a Segunda Defenestración de Praga. Estes feitos desembocaron na guerra dos Trinta Anos, un período especialmente duro para Praga e Bohemia en xeral. Tralo comezo da confrontación Fernando II foi deposto, e o seu lugar como Rei de Bohemia ocupouno por Frederico V, Elector Palatino. Con todo, o exército checo baixo o seu mando foi esmagado no Batalla da Montaña Branca (1620) e, en consecuencia, Fernando II regresaría ao trono. Posteriormente a cidade sufriría a guerra contra Saxonia (1631) e contra Suecia (1648),[35] o que produciu un descenso da poboación, pasando dos 60.000 de antes da guerra a 20.000. Na segunda metade do século XVII a poboación Praga comezou a medrar de novo. Os xudeus, que chegaron a Praga a finais século X, supoñían en 1708 ao redor dun cuarto da poboación.[36]

 
Gravado que representa a defenestración de Praga de 1618.

En 1689, un grande incendio devastou Praga, o que impulsou unha renovación e reconstrución da cidade. Entre 1713 e 1714 houbo un importante gromo de peste, que matou entre 12.000 e 13.000 persoas.[37] Todo iso non impediu un grande auxe económico, que continuou durante o século XVIII cando a cidade acadou os 80.000 habitantes (1771). Gran parte deles eran ricos comerciantes e nobres, que enriqueceron a cidade coa construción dunha gran cantidade de palacios, igrexas e xardíns, creando un estilo barroco recoñecido en todo o mundo (o barrio de Malá Strana é coñecido como a perla do barroco). Despois da Batalla de Praga de 1757 a cidade volveu sufrir graves danos durante o bombardeo de Prusia. En 1784, en virtude do emperador Xosé II, o municipios de Malá Strana, Nové Město, Staré Město e Hradcany fusionáronse nunha soa entidade. O barrio xudeu, Josefov, non se incluíu até o ano 1850.

A Revolución Industrial tivo un grande impacto Praga, xa que as fábricas tiñan a vantaxe de dispoñer minas de carbón nas proximidades. En 1817 foi creado o primeiro suburbio, Karlín, e vinte anos despois a poboación superaría os 100.000 habitantes. A onda de revolucións sucedidas por toda Europa en 1848 tamén chegaría a Praga, mais foi reprimida con ferocidade. Durante os seguintes anos o movemento nacionalista checo comezou a medar, chegando a obter a maioría no consello da cidade en 1861. En 1848 Praga era na súa maioría de fala alemá, pero en 1880 a poboación alemá reduciuse ao 14% (42.000) e en 1910 ao 6,7% (37.000). Isto foi debido ao aumento masivo da poboación total da cidade causado pola afluencia de checos procedentes do resto de Bohemia e Moravia. Durante o século XIX a actividade cultural e intelectual foi brillante, construíndose o Museo Nacional, o Teatro Estatal e o Rudolfinum.

Século XX e actualidade

editar
 
Alexander Dubček tentou reformar o réxime durante a Primavera de Praga.

A primeira guerra mundial remataría coa derrota do Imperio Austrohúngaro e a creación de Checoslovaquia. Praga foi elixida como capital do novo estado e o Castelo de Praga como sede presidencial. Nesa época Praga era unha verdadeira capital europea cun sector industrial altamente desenvolvido. En 1930 a poboación praguense acadaría os 850.000 habitantes.

Antes do estoupido da segunda guerra mundial, o Reichspräsident (presidente) da Alemaña Nazi, Adolf Hitler, ordenou ao exército alemán entrar na cidade o 15 de marzo de 1939 en base aos Acordos de Múnic, proclamando no Castelo de Praga a Bohemia e Moravia protectorados alemáns. Durante a meirande parte da súa historia, Praga foi unha cidade multiétnica[38] con importantes poboacións de etnia bohemia, alemá e xudía.[39] A partir desas datas, e durante todo o conflito, a maioría dos xudeus foron deportados ou ben fuxiron da cidade.

En 1942 a cidade foi testemuña do asasinato dun dos homes máis poderosos da Alemaña nazi, Reinhard Heydrich, e en consecuencia, Hitler ordenou sanguentas represalias. Ao final da guerra foi bombardeada en múltiples ocasións pola USAAF (Forzas Aéreas dos Estados Unidos), morrendo máis dun milleiro de persoas e sendo destruídos centos de edificios, fábricas e lugares históricos. O dano, con todo, foi pequeno en comparación coa destrución total doutras moitas cidades nese tempo. O 5 de maio de 1945, dous días antes da capitulación de Alemaña, produciuse un levantamento contra os propios nazis, coñecido como a Insurrección de Praga. Catro días despois entraría na cidade o Exército Vermello. A maioría da poboación alemá fuxiu ou foi expulsada.[40]

Durante a guerra fría, Praga estaba no territorio de influencia da Unión Soviética (véxase Pano de Aceiro). O Cuarto Congreso de Escritores de Checoslovaquia, celebrado na cidade en 1967, tomou unha forte posición fronte ao réxime.[41] Isto estimulou o recentemente nomeado secretario do Partido Comunista, Alexander Dubček, para proclamar un novo acordo novo estilo de goberno, comezando o curto período do "socialismo con rostro humano". Esta etapa coñécese como a Primavera de Praga, cuxo principal obxectivo era a renovación das institucións dunha maneira democrática. A Unión Soviética e os seus aliados do Pacto de Varsovia (excepto Romanía) reaccionaron coa invasión de Checoslovaquia, entrando os tanques na capital o 21 de agosto de 1968.

 
A Praza de Venceslau durante a Revolución de Veludo.

En 1989, dúas décadas despois, a policía reprimiría violentamente unha manifestación estudantil pacífica, o que provocou que a poboación saíse e enchese ás rúas da capital dando comezo á Revolución de Veludo. Praga beneficiouse en gran medida do novo estado de ánimo. Esta revolución propiciaría un cambio de goberno, e posteriormente a Disolución de Checoslovaquia (1993), converténdose Praga na capital da nova República Checa. A finais da década de 1990 a cidade volveu ser un importante centro cultural de Europa, influenciado principalmente pola globalización.[42]

No mes de setembro de 2000[43][44] as protestas de contra a globalización durante o cumio do Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial derivaron nunha serie de liortas urbanas contra a policía. Máis de 15.000 manifestantes participaron nunha das maiores protestas contra a globalización e o capitalismo da historia. En agosto de 2002 o río Moldava desbordouse cun caudal superior aos 5.100 m³/s causando graves danos na cidade. Necesitáronse dous anos para recuperarse. Praga presentou a súa candidatura para albergar os Xogos Olímpicos de 2016, aínda que non chegou a ser unha das catro aspirantes finais. Debido ao baixo apoio político, en xuño de 2009 cancelaríase a candidatura para os Xogos Olímpicos de 2020.[45]

Xeografía

editar

Localización

editar

Praga encóntrase no corazón de Europa,[46] a menos de 500 quilómetros dos mares Báltico, do Norte e Adriático. As súas coordenadas son 50 graos norte de latitude, e 14 graos leste de lonxitude. Pertence á rexión de Bohemia Central e ocupa principalmente a área de Poberounská soustava e no seu extremo nordeste unha pequena parte da área de Česká tabule.[47]

Dentro da República Checa, a cidade está lixeiramente desprazada ao noroeste do centro xeográfico do país. A erosión e os procesos de sedimentación do Moldava nas súas marxes son os principais causantes do relevo da cidade.[46] Arredor do río e dos seus afluentes encóntranse unhas pendentes relativamente escarpadas que terminan en forma de planicie ao acadar certa altura. As pendentes pronunciadas prodúcense na marxe esquerda do Moldava. A altitude máxima da cidade é de 399 metros no barrio de Zličín, ao oeste da cidade, e a altitude mínima é de 177 metros ao bordo setentrional, onde o río a abandona. Polo tanto, a diferenza máxima de altitude é de 222 metros nunha área relativamente pequena.[47]

Hidrografía

editar
Véxase tamén: Río Moldava.

Praga é atravesada polo río Moldava (en checo: Vltava),[48] dividíndoa de sur a norte. As crecidas do Moldava foron responsables de diversas inundacións acontecidas na cidade, tendo lugar a última en 2002 e que provocou numerosos danos materiais, aínda que a evacuación das zonas máis afectadas evitou vítimas mortais. O río é navegable ao seu paso pola capital checa, habendo numerosos barcos turísticos que ofrecen servizos de ceas ou paseos polo río vendo a panorámica da cidade. O Moldava é un río moi caudaloso, mesmo máis que o río Elba (en checo: Labe), do cal é afluente.

 
Nevarada en Praga no mes de xaneiro.

Praga posúe un clima continental con invernos relativamente fríos e secos (cunha temperatura media por embaixo dos 0 graos centígrados), e veráns suaves e húmidos (superando os 18 graos de media e acotío os 25 durante os meses de xullo e agosto, ademais as precipitacións acadan o seu punto máximo en xullo e comezan a descender en agosto). A temperatura media anual é duns 8-9 graos centígrados. A primavera é fresca ao principio e tórnase temperá e húmida segundo se vai aproximando o verán, acadando os 16-17 graos en xuño de media e superando os 70 mm. de precipitación. O outono de Praga é temperado e moderadamente seco, con precipitacións similares ás do inverno e a primavera, aínda que o mes de novembro é bastante frío, con menos de tres graos centígrados de media. A temperatura máxima rexistrouse o 16 de xullo do 2007 cando se acadaron os 38,6 °C, mentres que a temperatura mínima rexistrada é de -27,6 °C o 1 de marzo de 1785.

Datos climáticos para Prague (1981–2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 17,4 19,2 22,5 28,8 32,5 37,2 37,8 37,4 33,1 27,0 19,5 17,4 37,8
Media máxima en °C 1,3 3,0 8,1 14,3 19,2 21,8 24,4 23,8 18,9 13,1 6,0 2,0 13,0
Media diaria en °C −1,4 −0,4 3,6 8,4 13,4 16,1 18,2 17,8 13,5 8,5 3,1 −0,3 8,4
Media mínima en °C −4 −3,6 0,0 2,9 8,2 10,8 12,7 12,6 8,8 4,7 0,6 −2,7 4,3
Temperatura mínima en °C −27,5 −27,1 −27,6 −8 −2,3 1,9 6,7 6,4 0,7 −7,5 −16,9 −24,8 −27,6
Precipitación media mm 23,5 22,6 28,1 38,2 77,2 72,7 66,2 69,6 40,0 30,5 31,9 25,3 525,8
Nevada media cm 17,9 15,9 10,3 2,9 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,1 8,4 15,9 71,4
Media de días con precipitacións 6,8 5,6 6,2 7,3 9,8 10,3 9,1 8,8 7,0 5,5 7,0 6,8 90,2
Humidade relativa media (%) 86 83 77 69 70 71 70 71 76 81 87 88 77
Media de horas de sol mensuais 50,0 72,4 124,7 167,6 214,0 218,3 226,2 212,3 161,0 120,8 53,9 46,7 1 667,9
Fonte #1: Pogoda.ru.net[49]
Fonte #2: NOAA[50]

Símbolos da cidade

editar
 
Escudo de Praga.
 
Escudo de Praga durante a República Socialista de Checoslovaquia.

Dende 1784,[51] cando os catro municipios de Praga (Staré Město, Nové Město, Hradčany e Malá Strana) se uniron nunha soa cidade, cada un deles empregaba o seu propio escudo. A cidade unificada adoptou o escudo de Staré Město como sede. Ao longo do tempo este escudo foi mudando. En 1918, tras moitas discusións, acordouse o deseño dun novo escudo que posteriormente foi modificado en 1964. O escudo actual data de 1991.

Sobre un campo de goles sitúase un lenzo de muro en ouro coa porta aberta. Na porta atópase un brazo armado en prata que suxeita unha espada tamén de prata. Érguense tres torres douradas de ladrillos trala muralla e o número de ladrillos das mesmas é igual ao número de distritos da cidade. Hai tres cascos enriba do escudo (os dous dos extremos míranse entre si e o do centro mira á fronte) e sobre o central atópase un león rampante de dobre cola cunha coroa dourada, mentres que de cada un dos cascos dos extremos saen 12 bandeiras das cidades ou distritos que forman a Gran Praga e teñen unha bandeira histórica (na actualidade tódolos distritos de Praga contan coa súa propia bandeira e escudo pero no escudo só saen as dos distritos históricos):

  • Dende a dereita cara ao centro atopamos as bandeiras de: Nové Město, Hradčany, Vyšehrad, Libeň, Bubeneč, Košíře, Smíchov, Vršovice, Žižkov, Uhříněvěs, Horní Počernice e Zbraslav.
  • Dende a esquerda cara ao centro atopamos as bandeiras de: Staré Město, Malá Strana, Josefov, Holešovice-Bubny, Břevnov, Karlín, Nusle, Královské Vinohrady, Vysočany, Modřany, Radotín, Dubeč.

Toda a composición está flanqueada a ámbolos dous lados por dous leóns de dobre cola cunha coroa dourada. Os leóns están de pé sobre unha póla de tileiro. Na parte inferior do escudo pode lerse a consigna "PRAGA CAPUT REI PUBLICAE" (do latín "Praga Capital da República"), que no pasado era "PRAGA CAPUT REGNI" (do latín "Praga Capital do Reino"), representado no edificio do concello da cidade. O autor do escudo foi Karel Pánek.

Durante a era socialista o número de bandeiras era de 18 (9 en cada lado), e o león principal foi tomado do escudo de Checoslovaquia. Nesta época a consigna presente no escudo mudou por "PRAHA MATKA MEST" (do checo "Praga Nai das Cidades").

Política

editar

Capitalidade

editar
 
Xardín do Pazo Wallenstein, sede do Senado da República Checa.

A Constitución checa, aprobada polo Parlamento Checo o día 16 de decembro de 1992 por 172 votos dos 198 totais,[52][53] establece que a capital da República Checa é Praga. A cidade foi previamente capital do reino de Bohemia na Idade Media, e dende 1918 ata a creación do novo estado checo foi a capital de Checoslovaquia.

Como capital do estado, en Praga se atopa a residencia do presidente da República (situada no Castelo de Praga), así como a sede das dúas cámaras do Parlamento: a Cámara de Deputados e o Senado.

Goberno local

editar
 
O alcade Zdeněk Hřib.
A Asemblea Municipal

Comforme coa lei da Cidade de Praga, a Cámara Municipal de Praga está integrada por entre 55 e 70 membros. Son 63 os concelleiros elixidos polos cidadáns, que escollen aos seus representantes cada catro anos.[54] A Asemblea Municipal reúnese unha vez ao mes, sempre e cando non sexa preciso convocar ningunha reunión extraordinaria, estas sesións están abertas a todo aquel que queira asistir, así como as actas, dispoñibles para todo aquel que as queira ler. Esta institución establece comités que actúan como órganos de asesoramento das distintas áreas para as que son designados. a Asemblea Municipal toma decisións sobre tódolos asuntos importantes que afectan á cidade, así como propón proxectos de lei no parlamento e aproba os presupostos da cidade, ámbolos dous debatidos previamente polos distintos distritos da cidade; a Asemblea Municipal tamén outorga premios aos cidadáns destacados. A Asemblea Municipal elixe ao alcalde, que nomea e destitúe, de acordo co Ministro do Interior; o alcalde da cidade é tamén é o representante de Praga no exterior e leva a oficina do gobernador rexional, sempre que a lei non dicte o contrario. Dende novembro de 2018, o alcalde de Praga é o membro do Partido Pirata Checo Zdeněk Hřib.[55]

Organización administrativa

editar
 
Mapa administrativo de Praga.
 
Placas nunha rúa do distrito 13 de Praga.

Dende o 2001, a cidade de Praga está dividida administrativamente en 22 distritos. Nos rótulos nos que aparece o nome das rúas pode observarse o número do distrito ao que pertence. Estes 22 distritos están divididos á súa vez en 57 municipalidades, das cales 4 pertencen ao Praga histórico (Staré Město, Nové Město, Malá Strana e Hradčany). Cada unha delas ten os seus propios representantes electos e competencias.

Os 22 distritos de Praga son os seguintes:

Nome Escudo Municipalidades Nome Escudo Municipalidades
Praha 1
 
Staré Město, Malá Strana, Hradčany Praha 12
 
Libuš, Modřany
Praha 2
 
Nové Město, Vinohrady Praha 13
 
Řeporyje, Stodůlky, Butovice
Praha 3
 
Žižkov Praha 14
 
Dolní Počernice
Praha 4
 
Kunratice, Modřany Praha 15
 
Dolní Měcholupy, Dubeč, Petrovice, Štěrboholy
Praha 5
 
Slivenec, Smíchov Praha 16
 
Radotín, Lipence, Lochkov, Velká Chuchle, Zbraslav
Praha 6
 
Lysolaje, Nebušice, Přední Kopanina, Suchdol Praha 17
 
Řepy, Zličín
Praha 7
 
Troja, Holešovice Praha 18
 
Letňany
Praha 8
 
Březiněves, Ďáblice, Dolní Chabry, Horní Chabry Praha 19
 
Kbely, Čakovice, Satalice, Vinoř
Praha 9
 
Prosek, Vysočany Praha 20
 
Horní Počernice
Praha 10
 
Hostivař, Strašnice, Vršovice Praha 21
 
Újezd nad Lesy, Běchovice, Klánovice, Koloděje
Praha 11
 
Křeslice, Šeberov, Újezd, Chodov, Háje Praha 22
 
Uhříněves, Benice, Kolovraty, Královice, Nedvězí

Demografía

editar
 
Rúa ateigada de xente en Malá Strana.

A comezos do século XX Praga tiña unha poboación de 850.000 habitantes (1930).[56] Un dos motivos do crecemento da cidade foi a independencia da República Checa e o nomeamento de Praga como capital do novo estado, e pola absorción dos concellos lindeiros á capital en 1922 (37 concellos que sumaban máis de 430.000 habitantes). A poboación de Praga é de aproximadamente 1.200.000 habitantes, o que supón algo máis do 10% da poboación do país. A cidade tivo unha explosión demográfica durante o século XIX debido ao seu florecemento económico e cultural. Se incluímos os arrabaldes que por entón non formaban parte de Praga, a poboación pasou de pouco máis de 157.000 habitantes en 1850 a máis de 500.000 no ano 1900.

A primeira ampliación da cidade ocorreu en 1850 cando Praga absorbeu o concello de Josefov.[56] En 1883 e 1884 absorbéronse dous novos concellos e outro en 1901. Realizáronse novas ampliacións en 1960 (3 concellos), en 1968 (25 concellos que sumaban preto de 70.000 cidadáns), 1974 (37 concellos e preto de 65.000 habitantes), e en 1987 e 1988 chegaron as dúas últimas ampliacións (Černý Most e Kamýk) que sumaron outros 30.000 habitantes. Dende entón medrou de forma moderada ata os anos 1980, a partir dese ano a poboación estabilizouse.

A poboación praguense está envellecendo a un ritmo superior ao do resto do país,[46] con todo é debido á inmigración de cidadáns en idade de traballar e ao descenso da taxa de natalidade. Deste xeito, a porcentaxe de habitantes en idade de xubilación non medrou nos últimos anos.

A prosperidade económica a comezos do século XXI coa apertura á Unión Europea,[57] a instalación de novas multinacionais e uns salarios máis elevados, atraeron a poboación produtiva do resto do país. Tamén provocou un aumento da inmigración, aínda que a porcentaxe de estranxeiros é aínda moderado. Segundo datos do ano 2006 o 8,77% da poboación de Praga era estranxeira. Analizando o país de orixe destacan os ucraínos, que representan o 34,3% dos inmigrantes, os eslovacos, que representan o 15,7% e os rusos, que son o 9,5% dos estranxeiros.

Desenvolvemento da poboación de Praga dende o ano 1378:[58][59][60]

Evolución demográfica da Praga histórica e dos concellos da Praga actual [61]
Ano 1230 1370 1600 1804 1837 1850 1880 1900 1925 1950 1980 1991 2001 2019
Poboación de Praga 4.000 40.000 60.000 90.000 105.500 118.000 162.000 201.600 718.300 931.500 1.171.342 1.214.174 1.169.106 1.309.182[62]
Suma de concellos 128.000 349.574 559.435 1.057.570 1.182.186 1.214.174 1.169.106

Economía

editar
 
Centro de congresos da cidade de Praga, no arrabalde de Vyšehrad.

A moeda oficial do país é a Coroa checa (koruna česká), que se divide en 100 haléřů (h), en singular haléř. As súas abreviaturas son . e h respectivamente. O PIB per cápita de Praga é máis do dobre có da República Checa. No ano 2004 acadou os 33.784 dólares (PPA), o que supón máis dun 50% por riba da media da Unión Europea para ese ano. Isto sitúa á cidade e a súa rexión como a duodécima rexión máis rica da Unión.

Praga constitúe o centro económico do país.[46] Ademais de ser a capital, a maioría das institucións financeiras e das empresas transnacionais teñen a súa sede na cidade. Estes, entre outros motivos, fan posible que Praga represente preto do 25% do PIB checo. Porén o crecemento do PIB en Praga é menos có da media nacional dende 2001. Praga foi quen de absorber a forza de traballo tanto nacional como internacional atraída pola prosperidade da cidade. No ano 2001 Praga concentraba aproximadamente o 20% dos posto vacantes de emprego da República Checa, o cal é especialmente significativo se se compara co pouco máis do 10% que representa a poboación de Praga sobre a poboación total.

 
Banco Nacional Checo (Česká národní banka), Praga.

A demanda de traballadores era de 726.000 persoas mentres a poboación activa da cidade era de tan só 600.000.[46] A taxa de desemprego en Praga é aproximadamente a metade cá do país. Ademais, a súa posición central en Europa, ademais dun nivel de prezos máis baixos cós da Europa Occidental, axuda a que moitas compañías internacionais a elixan como a súa sede Europea.

A distribución sectorial da cidade segue unha marcada tendencia cara ao sector terciario.[46] En 2006 o 82% do valor engadido creado na cidade pertencía ao sector servizos. No outro lado da balanza é o sector industrial, o que posúe un peso significativamente inferior ao do resto do país. Outro sector que medrou durante a primeira década do século XXI é a construción, con máis dun 50% de incremento entre 2001 e 2006 en termos de valor das casas construídas.

Dende a Revolución de Veludo a cidade aproveita a súa beleza arquitectónica no sector do turismo.[46][63] No ano 2005, 6,4 millóns de turistas visitaron a República Checa, dos cales a maioría pasou por Praga. Máis do 90% das prazas hoteleiras ocupadas foron destinadas a turistas estranxeiros. Con todo só o 41% das prazas dispoñibles eran en hoteis de catro e cinco estrelas en 2006.

Educación

editar
 
Edificio histórico da Universidade Carolina de Praga, unha das 38 facultades da cidade.

Na cidade de Praga se encontran as principais universidades do país.[46] No 2006 tiña 10 centros universitarios e 38 facultades, nos que estaban matriculados 87.500 estudantes, ademais de 11.500 cursando estudos de posgrao. Tamén contaba cunha gran cantidade de escolas de educación secundaria, entre as que destacan as de gramática e de estudos técnicos.

Entre as universidades salienta a prestixiosa Universidade Carolina, que fundada en 1348 é a máis antiga de Europa Central. Outras universidades públicas presentes na cidade son a Universidade Técnica (fundada en 1707), o Instituto de Tecnoloxía Química, a Escola Superior de Economía, a Escola Checa Superior de Agricultura, así como universidades privadas e sucursais de universidades internacionais como a Universidade de Nova York ou a Universidade Anglo-Americana.

As estatísticas sinalan a boa saúde da educación de Praga.[64] En 2001 o 56% da poboación completaba os estudos secundarios, o que sitúa á cidade entre as primeiras clasificadas segundo este indicador. Respecto á poboación que ten estudos universitarios, a porcentaxe baixa ata o 12%, polo que Praga descende varios postos na clasificación, mais sitúase aínda por diante da maioría das cidades europeas. O 39% da poboación menor de catro anos asiste a algún centro preescolar.

Na capital checa teñen a súa sede algunhas importantes institucións internacionais como o Instituto Camões, o Instituto Cervantes, o Goethe-Institut ou o British Council. No eido da educación artística cómpre salientar a Academia de Artes Performativas (fundada en 1945), a Academia de Belas Artes (fundada en 1800) e a Academia de Artes, Arquitectura e Deseño (fundada en 1885).

Cultura

editar

Tradicionalmente Praga foi un dos centros culturais máis importantes da Europa Central. Antes da segunda guerra mundial acolleu o círculo de Praga, grupo de crítica literaria e lingüística que formou parte do formalismo ruso. Trala caída do comunismo, recuperou a súa tradición e festexa centos de eventos como festivais de cine, música ou literatura. A actividade teatral e operística da cidade presenta unha enorme oferta durante todo o ano. O Teatro Negro, o Teatro Nacional de Praga e o Teatro do ballet Nacional son algúns dos máis famosos atractivos culturais.

Museos

editar
 
Sinagoga española, parte do Museo Xudeu.

Os museos ofrecen ricas coleccións. Entre eles, destaca o Museo Nacional de Praga e o Museo Xudeu de Praga.

O Museo Nacional (en checo: Národní muzeum)[65] é un dos principais museos de Praga. Ocupa un edificio neorrenacentista situado no alto da praza de Venceslau, a principal da cidade. O seu vestíbulo central serve tamén de panteón dos grandes checos. O museo fundouse en 1818 como Museo patriótico de Bohemia (Vlastenecké muzeum v Čechách). En 1848 tomou o nome de Museo checo (České muzeum), de 1854 a 1919 o de Museo Real checo (Muzeum Království českého). O inmoble ocupado polo museo é obra do arquitecto Josef Schulz, autor do Teatro Nacional de Praga, construído na mesma época (1885-1890).

O Museo Xudeu (en checo: Židovské muzeum)[66] constitúe un conxunto de distintos museos dentro do antigo gueto de Josefov. O museo foi fundado en 1906 por Hugo Lieben e Augustin Stein para a conservación de valiosos obxectos das sinagogas de Praga. Coa ocupación nazi e comunista o museo viu moi limitadas as súas funcións. Dende 1994 o museo recuperou e ampliou o seu status orixinal. Posúe unha das maiores coleccións de arte xudía no mundo, que comprende unhas 40.000 pezas de museo e 100.000 libros. O museo inclúe as sinagogas Maisel, Española, Pinkas, Klaus, o antigo cemiterio xudeu, a sala cerimonial da Sociedade Funeraria e o cemiterio xudeu de Žižkov.

Outros museos destacados son o Museo Alfons Mucha[67] que recolle máis 100 obras e obxectos relacionados co autor checo, o Museo Franz Kafka[68] que posúe as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuais do escritor, ou o Museo do Xoguete, que se atopa no castelo de Praga, entre outros.

Música

editar
 
Vista aérea do Rudolfinum, inmoble que alberga unha gran sala de concertos.

Praga ten unha longa historia musical. A que fora unha das capitais culturais de Europa nos séculos XVIII e XIX conserva a súa tradición musical.

Na cidade organízanse, durante todo o ano, concertos de música clásica. As contornas son variadas, dende antigas igrexas a fermosos auditorios como a Sala Smetana, sede da Orquestra Sinfónica de Praga, situada nun edificio Art Nouveau en Republiky 5, o Palacio da Cultura e a sala Dvorak (no Rudolfinum, Praza Jan Palach), sede da Orquestra Filharmónica Checa situado nun edifico neoclásico onde se celebra a inauguración e clausura, sobre todo, do famoso Festival Internacional da Primavera de Praga entre o 12 de maio e os primeiros días de xuño. Os concertos tamén se celebran regularmente na Galería Nacional do Castelo de Praga, nos xardíns, ao pé do Castelo e no Museo Nacional, na praza de Venceslau. Os concertos na Vila Bertramka en Mozartova 169, Smichov, adoitan ter a Mozart e os seus contemporáneos como protagonistas.

As antigas igrexas constitúen un dos lugares máis axeitados onde se pode gozar durante o mes de agosto do Festival de Música de Órgano. Os mellores programas son os que se ofrecen na Catedral de San Vito, en Hradcany; Ou Krízovníku, preto da ponte de Carlos, a Igrexa de San Nicolao da Malá Stupartská na Cidade Antiga, onde as notas do órgano flúen no medio de fermosas estatuas barrocas. Resulta curioso o Festival de Música Xudía que se celebra nos meses de outubro e novembro no Barrio Xudeu.

A tradición musical checa remóntase ao século IX con cancións de orixe relixiosa.[69] Durante a Idade Media compuxéronse cancións que aínda se conservan no cancioneiro checo. No século XV o reformista Jan Hus impulsou de xeito notable a canción relixiosa na Capela de Belén de Praga, e segundo os textos contemporáneos é compositor de varias pezas da época.

No século XVI instalouse o famoso órgano da Catedral de San Vito.[70] O Emperador Fernando I fundou nesta época a orquestra da corte, que os seus sucesores ampliarían posteriormente. Desta orquestra, formada por músicos de diversas nacionalidades, xurdiron diversas cancións populares checas.

 
Teatro Estatal de Praga, lugar onde se estreou a ópera Don Giovanni, composta e dirixida por Mozart, en 1787.
 
Antonín Dvořák.

No século XVII a orquestra da corte foi levada a Viena[71] aínda que aínda actuaban en Praga en ocasións especiais. A ópera estreouse en Bohemia no ano 1627 durante a coroación de Fernando II. Durante este século empezáronse a representar óperas no país, pero ningunha compañía estableceuse de xeito permanente.

Coa coroación en 1723 de Carlos VI estreouse en Praga Constanza e fortezza por Johann Joseph Fux, impresionando gratamente ao conde Spork quen decidiu a partir de entón que se represente ópera de forma permanente no seu teatro, baixo as ordes de Antonio Denzio. No século XVIII en paralelo produciuse un auxe da música popular checa, que chegou a influenciar á música europea contemporánea.[72] Nesta época Mozart viviu durante algún tempo en Praga e compuxo Don Giovanni, A casa que ocupou ao sur de Malá Strana, no barrio Smíchov, hoxe é un museo chamado Casa de Mozart. A ópera estreouse no Teatro Estatal de Praga.

Durante o século XIX,[73] co auxe de Praga coincide a mellor época musical da cidade. Nesta época viviron en Praga os compositores checos máis soados, Antonín Dvořák e Bedřich Smetana. Dvořák e Smetana son uns dos autores que compuxeron algunhas das máis soadas composicións musicais checas como a ópera A noiva vendida.

Herdeiros de Dvořák e Smetana son outros compositores que desenvolveron a súa carreira xa no século XX como Josef Suk,[74] que chegou a participar na Olimpíadas dos Anxos en 1932 ou Leoš Janáček. Trala primeira guerra mundial xurdiu o movemento anti-romántico, do que cabe destacar ao prolífico compositor Bohuslav Martinů, que desenvolveu a maior parte da súa carreira fora do país.

Arquitectura

editar
 
Sinagoga de Xerusalén, de estilo mudéxar e Art Nouveau.
 
Antigo concello na praza vella da cidade.

A rica historia de Praga permítelle ter grandes representacións de diversos estilos arquitectónicos. Os barrios de Staré Město, Malá Strana e Hradčany reúnen palacios de gran valor artístico.

Xa no século X Praga era un importante centro comercial. Nesa época existía un bispado, dous conventos de gran tamaño e unha comunidade xudía que habitaba en casas de pedra.

No século XIII comeza a utilizarse a pedra para as grandes construcións, para no XIV, grazas á influencia do Rei Carlos IV, desenvolverse un estudado deseño de Praga utilizando principalmente o estilo gótico que a converteu nunha cidade fermosa e en centro político-cultural de Europa.

Desta época son o edificio do Arcebispado e a Catedral de San Vito. Cos Habsburgo chega o renacemento con construcións tan orixinais como o Palacete da Estrela e tan fermosos como o Palacio da Familia Schwarzenberg ou a Casa do Minuto. Trala guerra dos Trinta Anos chegou un período de decadencia para renacer baixo os influxos do barroco, con mostras tan interesantes como a Residencia de Verán da Familia Sternberken Troja ou o Palacio Clam-Gallas.

No século XVIII imponse o clasicismo francés e na segunda metade do século XIX pásase a un estilo persoal checo promovido polos compoñentes da coñecida como Xeración do Teatro Nacional como se pode observar na Casa dos Artistas e no Teatro Nacional. Este estilo propio desenvólvese intensamente coa Feira conmemorativa do país en 1891 que dá como froitos o Pavillón en ferro fundido que mandou construír o Príncipe Hanavsky, o Palacio Industrial de Holesovice e o Miradoiro do Outeiro. Xa no século XX pásase ao modernismo cuxas principais mostras son a Casa Municipal, o Hotel Europa, o Palacio de Exposicións e a casa de Ginger e Fred.

Literatura

editar
 
Franz Kafka, escritor autor de A metamorfose.

Praga é berce de varios escritores de renome, como Jan Neruda, Jaroslav Hašek ou Franz Kafka.

Neruda (1834-1891) foi un poeta, dramaturgo e novelista checo, un dos principais representantes do realismo checo e membro da chamada Escola de maio. A súa obra máis recoñecida é Contos de Malá Strana (1877), un libro de relatos sobre a pequena burguesía praguense daquel, por entón, tranquilo barrio. O seu apelido inspirou o seudónimo de Pablo Neruda a Ricardo Neftalí Reyes Basoalto, quen se tomou a liberdade de cambiar a súa acentuación a grave. A rúa onde naceu leva hoxe día o seu nome.

Jaroslav Hašek ['jarɔzlaf 'ɦaʃɛk] (1883-1923), foi un escritor e xornalista, coñecido principalmente pola súa novela Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války ("As aventuras do bo soldado Švejk"), unha sátira antimilitarista publicada por entregas entre 1920 e 1923 e ambientada na primeira guerra mundial. Esta obra está considerada a obra mestra da narrativa en lingua checa.

Kafka (1883-1924) é un dos escritores máis importantes do século XX en lingua alemá. A súa obra é unha das máis influentes da literatura universal no último século, malia non ser moi extensa: foi autor de tres novelas (O proceso, O castelo e América), unha novela curta, A metamorfose, e un certo número de parábolas e relatos breves. Ademais, deixou unha abundante correspondencia e escritos autobiográficos, a maior parte publicados de forma póstuma. Gran parte da súa obra foi publicada trala súa morte polo seu amigo e confidente, Max Brod. A súa obra é expresiva, como ningunha outra, das ansiedades e a alienación do home do século XX. O Museo que leva o seu nome contén as primeiras edicións dos seus libros, así como correspondencia persoal e audiovisuais do escritor.

O novelista Milan Kundera, malia non nacer en Praga, estudou na Universidade Carolina de Praga e deu clases de historia do cine na Academia de Música e Arte Dramática desde 1959 a 1969, e posteriormente no Instituto de Estudos Cinematográficos de Praga. A súa obra máis coñecida é A insoportable levedade do ser, pola que foi galardoado en diversas ocasións.

Praga é un lugar excelente para gozar co cine de animación. Son especialmente fermosos os espectáculos poéticos e cómicos de Karel Zeman que conseguiu animar personaxes de cristal e gravados en madeira e as obras de Jirí Trnka, o mestre do xénero, que creou as cine-óperas e os cine-ballets.

Ademais deste especial cine de animación en Praga existen numerosas salas onde se poden ver películas, sobre todo, americanas e europeas en versión orixinal e subtituladas en checo. As listas de películas atópanse nos xornais Prognosis e The Prague Post onde ademais figuran as direccións dos cines.

As rúas de Praga foron tamén escenario de numerosas películas como Amadeus, Mission: Impossible, Les Misérables ou The Bourne Identity entre outras. En Praga tamén naceron algúns dos máis importantes directores de cinema checos tales como Jan Švankmajer, Gustav Machatý, Petr Zelenka ou Jiří Menzel. Na capital checa encóntranse tamén os Estudos Barrandov, uns dos máis grandes e importantes de Europa.

Deportes

editar
 
Estadio Strahov, segundo estadio máis grande do mundo, ten unha capacidade de 220 000 espectadores.

Praga conta cunhas boas instalacións deportivas e foi candidata a albergar os Xogos Olímpicos de 1924 e de 2016,[75] se ben para estes últimos quedou descartada na pre-selección que realizou o COI o 4 de xuño de 2008.

Entre as súas instalacións deportivas[76] atópase o segundo estadio máis grande do mundo, o Estadio Strahov, que pode albergar a 220.000 espectadores. Tamén destaca o Sazka Area, construído en 2004 para o Campionato do Mundo Masculino de Hockey sobre Xeo de 2004. Praga tamén é o escenario da Maratón Internacional de Praga, creada en 1995 e que se converteu nunha das máis prestixiosas maratóns do mundo, e que se celebra en maio, con representantes de máis de 50 países.

Tamén acolleu a Copa Mundial de Skateboarding e diversas competicións internacionais de floorball, deporte no que a República Checa é unha potencia, como o Campionato do Mundo de Floorball en 1998 e 2008 e o Campionato de Europa de Floorball en 2003.

Os principais equipos de fútbol da capital checa[77] son o Sparta de Praga e o Slavia de Praga, que adoitan dominar a liga nacional. O Sparta de Praga gañou 10 das 15 ligas disputadas dende a fundación da República Checa. Especial importancia na cidade ten tamén o hóckey sobre xeo, contando con tres equipos profesionais: o HC Slavia Praha e o HC Sparta Praha compiten na Extraliga Checa e suman 6 títulos da mesma entre os dous (4 o Sparta e 2 o Slavia), e o HC Lev Praha, un novo equipo fundado en 2012 para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2012-13. En baloncesto destaca o USK Praga, subcampión de Europa en 1966 e campión da recopa en 1969.

Turismo

editar

Praga é considerada como unha das cidades máis fermosas do mundo.[78][79] No ano 2004 foi a sexta capital europea máis visitada polos turistas, só detrás de Londres, París, Roma, Madrid e Berlín. De acordo cun estudo máis recente, Praga foi a vixésima cidade mundial en recibir turistas no ano 2006. A maior parte dos atractivos turísticos da cidade atópanse nos barrios que compoñen a zona antiga da cidade, é dicir: Hradčany, Malá Strana, Staré Město e Nové Město.

Hradčany

editar
Artigo principal: Hradčany.
 
Catedral de San Vito no Castelo de Praga.

O distrito do castelo é o máis antigo de Praga. Os seus principais atractivos turísticos son:

  • O Castelo de Praga: Construído no século IX. Con 570 metros de longo e 130 de anchura media, é considerado a maior fortaleza medieval do mundo.[80] Dentro do recinto do castelo atópase a Catedral de San Vito (vexa a continuación), o Quella do Ouro e a Alquimia, onde se reuniron varios alquimistas en busca da fórmula para crearen ouro, e cuxos experimentos recolléronse na Torre da Pólvora (Mihulka), de 1494. Na citada quella, viviu durante varios anos Franz Kafka. Na zona atópase tamén a Capela da Santa Cruz, do século XVIII, destacada polos seus frescos e empregada como axencia de cambio, a Casa do Preboste, do século XVII, o antigo Palacio Real, do século XII, dende onde se produciron as famosas defenestracións de Praga, a Basílica de San Xurxo, erixida sobre unha antiga igrexa do ano 920, o Templo de San Xurxo, do século XVIII, a Galería do Castelo, instalada nos antigas cortes dos cabalos, aloxa unha pinacoteca, a Torre Dalibor, onde foi encarcerado un violinista que deu orixe a unha ópera, o Palacio Lobkowicz, do século XVII, que hoxe alberga un museo histórico, a Casa Burgrave, que aloxa un museo do xoguete, e a Torre Negra, porta oriental do Castelo, foi en diversas ocasións da historia sede de distintos gobernos e é a residencia oficial dende 1918 do presidente da República. Foi remodelado polo arquitecto Jože Plečnik entre 1920-1934 a petición do presidente checo Masaryk.
  • A Catedral de San Vito: É un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra da Arte gótica da cidade. Dende 1989 está dedicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto. Foi o escenario da coroación de todos os reis de Bohemia e nela atópanse tamén soterrados todos os santos bispos e arcebispos e un bo número de reis. A catedral, aínda que católica, é de propiedade estatal dende o comezo da súa construción no século XIV. É a catedral gótica máis antiga da Europa Central.

Outros atractivos turísticos son os Xardíns do Castelo, o Palacio Salm, o Palacio Schwarzenberg, o Palacio do Arcebispo, o Palacio Sternberg, o Palacio Toscano, o Palacio Černín, o Santuario do Loreto e a Igrexa de San Juan Nepomuceno.

Malá Strana

editar
Artigo principal: Malá Strana.
 
A Ponte de Carlos, debe o seu nome ao monarca que a mandou construír, o Rei Carlos IV, en 1357. Con 30 estatuas e 16 arcos é un dos principais atractivos turísticos da capital checa.

O barrio de Malá Strana, que se pode traducir polo Lado Pequeno ou Barrio Pequeno, atópase ao carón ao Barrio do Castelo e nel atópanse esplendorosos palacios, igrexas e prazas, que floreceron ao abrigo da nobreza do imperio. Os principais monumentos son:

  • A Ponte de Carlos: É a ponte máis vella de Praga, atravesa o río Moldava da Cidade Vella á Cidade Pequena. A súa construción comezou en 1357 co visto e prace do Rei Carlos IV, e foi rematada a comezos do século XV. Ten unha lonxitude de 516 metros, e o seu ancho é de case 10 metros, á vez que se atopa apoiada en 16 arcos. Está protexida por 3 torres distribuídas entre as súas dúas cabeceiras, dúas delas en Malá Strana e a restante no extremo situado na Cidade Vella. A torre localizada na cabeceira da Cidade Vella é considerada por moitos como unha das construcións máis impresionantes da arquitectura gótica no mundo. A ponte está decorada por 30 estatuas situadas a ambos os dous lados do mesmo, a maior parte das cales son de estilo barroco e foron construídas ao redor do 1700. Artistas e comerciantes tratan de facer diñeiro a expensas do importante fluxo de turistas que todos os días visitan o lugar.
  • O Mosteiro de Strahov: Mosteiro fundado no século XII. O mosteiro incendiouse e posteriormente reconstruíuse en estilo barroco. Atópase no outeiro ao oeste do castelo. Inclúe as igrexas da Asunción da Virxe e de San Roque e as Bibliotecas Filosófica e Teolóxica, que albergan libros de incalculable valor histórico.
  • A Igrexa de San Nicolao: Igrexa finalizada en 1710, de estrutura curvilínea, e interior ricamente decorado. Está situada na Praza de Malá Strana e Mozart tocou o órgano na súa estancia en Praga.

Tamén ten moito interese turístico a Rúa Nerudova -na que se atopan o Palacio Bretfeld, o Palacio Thun-Hohenstein e o Palacio Moržin-, o Palacio de Lichtenstein, o Concello do Distrito, o Palacio Smirickych, o Palacio Schönborn, o Palacio Lobkowicz, o Palacio Vrtba, a Igrexa da Nosa Señora da Vitoria, a Igrexa da Nosa Señora da Cadea, a Igrexa de San Xosé, o Palacio Wallenstein ou a Torre Petrin.

Staré Město

editar
Artigo principal: Staré Město.
 
Reloxo Astronómico -Orloj- do século XV, o máis antigo de Europa.

Eixo histórico de orixe medieval, reúne algúns dos edificios máis antigos da cidade, que se erguen en torno á Praza do Concello.

  • A Igrexa de Tyn: Situada preto da praza da Cidade Vella, comezou a erixirse no século XIV pero non foi rematada ata o século XVI. Malia as moitas reformas que sufriu, o seu estilo principal é o gótico. O seu elemento máis característico son a parella de torres xemelgas que se erguen por riba dos tellados da praza da Cidade Vella. No seu interior gárdase unha pila bautismal de peltre de 1414, a máis antiga da cidade, unha Crucifixión de comezos do século XV, un altar maior barroco, de 1649 e a tumba do astrónomo Tycho Brahe, que formulou unha teoría intermedia entre os sistemas copernicano e tolemaico para amortecer os ataques da igrexa e avanzar ao mesmo tempo na astronomía.
  • O Concello Vello: Trátase dun desordenado complexo de edificios. O seu elemento máis famoso é o reloxo astronómico (Orloj), de 1410, o máis antigo do seu tipo en Europa. Cada vez que dá a hora saen unhas figuras que representan aos doce apóstolos e outros personaxes. Un dos edificios renacentistas posúe unha fiestra dourada co antigo escudo da cidade. Xa non ten funcións administrativas e o seu interior pode ser visitado.
  • A Sinagoga Vella-Nova: É unha das máis vellas sinagogas de Europa. Foi fundada preto do 1270 e é un dos primeiros edificios de estilo gótico da cidade. A sinagoga sobreviviu aos lumes, á demolición do gueto no século XIX e aos moitos pogroms acontecidos. O inmoble atópase en Josefov, o barrio xudeu de Praga. Hai soamente unha sinagoga do mesmo tipo, A Sinagoga Vella de Cracovia en Polonia.

Outros atractivos turísticos son os restos do Karolinum, o Klementinum, o Rudolfinum, a Igrexa de San Nicolao, o Cemiterio Xudeu e o Convento de Santa Inés.

Nové Město

editar
Artigo principal: Nové Město.
 
A Casa danzante é o principal edificio contemporáneo dende o punto de vista arquitectónico.

A Cidade Nova é unha extensión da Cidade Vella que data do século XIV. Os seus principais atractivos son:

  • A Praza de Venceslau: constitúe o centro comercial da cidade. A praza está coroada pola estatua de San Venceslau, patrón de Bohemia. Nun extremo da praza sitúase o Museo Nacional. A praza é escenario das principais manifestacións políticas da cidade. Foi escenario da Primavera de Praga e do comezo da Revolución de Veludo. Está declarada Patrimonio da Humanidade.
  • A Casa Danzante: é un famoso edificio deconstrutivista situado en Praga. Foi deseñado polo gabinete de arquitectos de Frank Gehry e Vlado Milunić en 1997. Pola súa semellanza cunha parella de bailaríns, é tamén coñecida como Ginger and Fred. Malia o seu estilo deconstrutivista, o inmoble intégrase perfectamente co resto das edificacións antigas da zona.
  • O Teatro Nacional: inaugurado o 11 de xuño de 1881 é unha das institucións culturais máis importantes da República Checa. Este teatro é coñecido como a alma mater da ópera checa e como o monumento nacional á historia e arte checos. Esta tradición axudou a preservar e desenvolver as características máis importantes da nación: o idioma checo e un sentido para o xeito de pensar musical e dramático checa.

Outros atractivos do distrito son a Porta da Pólvora, a rúa Na Prikope, a Casa Municipal ou a Praza de Carlos.

Transporte

editar

O transporte público de Praga inclúe o Metro de Praga,[81][82] o tranvía, autobuses, o funicular Petřín que ascende o monte homónimo, unha telecadeira no Zoo e tres transbordadores. O sistema está integrado como ‘’Transporte urbano integrado de Praga’’ e está administrado por Dopravní podnik hl. m. Prahy, a.s. e ROPID (Organizador Rexional do Transporte Integrado de Praga).

O tráfico en Praga non é moi seguro. A República Checa figura no sexto lugar de Europa polo perigo das súas estradas.[83][84] A finais dos 90 o número de vehículos para uso privado medrou de xeito exponencial, chegando ao 85% de incremento ao longo da década. Dende entón os problemas asociados ao tráfico son comúns en Praga, malia empregar o 57% da poboación o transporte público para desprazarse. Conta ademais cun aeroporto internacional.

Transporte aéreo

editar
Artigo principal: Aeroporto de Praga.
 
Aeroporto Internacional de Ruzyně.

O aeroporto da cidade é o Aeroporto Internacional de Ruzyně,[85][86] situado preto da cidade. Foi inaugurado en 1937 e atópase a 10 quilómetros da capital. O aeroporto constitúe o maior da República Checa, contando con catro terminais: Norte1, Norte2, Sur1 e Sur2; malia que habitualmente adóitanse empregar só as dúas primeiras. A aeroporto de Praga medra a un ritmo do 2% anual, rexistrando no 2011 un total de 11.788.629. pasaxeiros, sendo en 2010 o 35ª aeroporto máis transitado de Europa. O aeroporto é o centro de comunicacións da aeroliña Czech Airlines.

O transporte público dende e cara ao centro de Praga consiste en tomarse o autobús número 119 ata a estación do subterráneo Dejvická e realizando un transbordo á Liña Verde (Liña A) do subterráneo, ou o expreso número 100 ata a estación do subterráneo Zličín da Liña Amarela (Liña B), aínda que lonxe do centro. Unha viaxe típica implica uns 40 minutos. Tamén existen outros servizos de autobús que operan despois da media noite, cando as liñas do subterráneo deixan de operar.

Dende o 11 de decembro de 2005 a liña AE (Airport Express ou Expreso Aeroporto) realiza o traxecto RW Station Holešovice -Terminal Norte 1 - Terminal Norte 2 - AP Ruzyně; presta servizo tódolos días, dende as 5.00 ás 22.00 horas, cun intervalo de 30 minutos; a tarifa especial é de 45 CZK.

Un dos premios máis importantes que recibiu o Aeroporto Internacional de Ruzyně inclúe o Diploma e Medalla de Ouro recibidos en 1937 en ocasión da Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (Exposición Internacional de Artes e Técnicas) realizada en París no ano 1937 pola concepción técnica do aeroporto central, especialmente a arquitectura do seu edificio para o check-in (actual Terminal Sur 1) deseñado polo arquitecto enxeñeiro A. Beneš.

O antigo aeroporto de Praga atópase no suburbio de Kbely. Dende a segunda guerra mundial emprégase exclusivamente para voos militares. Existen outros dous pequenos aeroportos en Praga, adicados a voos domésticos ou como clubs aéreos, son os de Letňany e Tocna.

Transporte terrestre

editar
Véxase tamén: Metro de Praga.
 
Estación de Střížkov, na liña C.

O Metro de Praga esta composto por 3 liñas: a liña A ou verde, a liña B ou amarela e a liña C ou vermella, e 55 estacións. A súa lonxitude é de 54 quilómetros Existen interseccións entre as tres liñas nas estacións de Můstek (liñas A e B), Florenc (liñas C e B), e Muzeum (liñas A e C). O metro comezou a funcionar o 9 de maio de 1974 e ten aproximadamente 500 millóns de pasaxeiros anuais.

Praga ten 180 liñas de autobuses diúrnos e 16 nocturnos, con 2.510 paradas en total. O primeiro autobús urbano comezou a circular en 1908, pero por diversos problemas técnicos o seu uso foi suspendido ata 1925 cando volveu funcionar. A día de hoxe é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.

 
Un dos tranvías de Praga.

O Tranvía de Praga ten 26 liñas diúrnas e 9 nocturnas, 628 paradas e 553 quilómetros de vías. Comezou a funcionar en Praga en 1875, naquel entón tirado por cabalos. En 1901 inaugurouse o primeiro tranvía eléctrico, que finalmente desprazou ao tirado por cabalos en 1905. A día de hoxe o Tranvía é empregado por máis de 300 millóns de pasaxeiros anualmente.

Praga está dividida en tres sectores onde operan varias empresas de servizos de taxi,[87] algunhas delas ofrecen servizo telefónico de reserva. Tamén existen taxistas clandestinos, que son famosos por aproveitarse dos turistas cobrando un sobreprezo. Este feito é mencionado na guía Lonely Planet e foi causa dunha reportaxe da CNN.

Praga ten servizo de transporte público que a conecta cos concellos da súa área metropolitana, as cidades da rexión, e coas principais cidades do país, tanto por tren como por autobús.

Praga é o centro do sistema ferroviario da República Checa, ofrecendo transporte a calquera parte do país. A cidade posúe dúas estacións internacionais, Hlavní nádraží (tamén coñecida por Wilsonovo nádraží) e Praha-Holešovice. Xunto a estas atópanse na cidade outras dúas importantes estacións, onde tamén paran outros tren con destino nacional. Son Praha-Smíchov e Masarykovo nádraží. Por último, hai varias estacións máis de menor categoría.

Medio ambiente

editar

Contaminación

editar
 
Río Moldava en Praga.

A cidade de Praga controla constantemente a calidade ambiental (calidade do aire, da auga e niveis de ruído) mediante medidores situados en distintos puntos da cidade.

En Praga hai dúas fontes principais de contaminación atmosférica:[88] a industria e o tráfico de automóbiles (que segundo o anuario de 2005 producen aproximadamente entre o 80 e o 90 % das emisións). O seguimento da calidade do aire é realizado polo Rexistro de Fontes de Contaminación do aire (cuxo acrónimo checo é REZZO). O rexistro REZZO establece catro categorías de fontes de contaminación atmosférica (as tres primeiras fan referencia a fontes estacionarias, sendo 1 o grao máximo, mentres que a cuarta fai referencia a fontes móbiles como automóbiles). Segundo o anuario publicado no 2005, así como o Informe sobre o Medio Ambiente de 2006, produciuse na cidade un descenso das emisións de partículas sólidas, porén o nivel de contaminación do aire (medido polo Instituto Checo Hidrometeorolóxico) ten aumentado, especialmente o dióxido de nitróxeno (NO2).

A avaliación da calidade da auga baséase na normativa checa.[89] A normativa céntrase nunha determinación uniforme das clases de calidade da auga que flúe pola superficie (a clasificación serve como punto de referencia da calidade da auga en varias localizacións e momentos). A clasificación da auga superficial segundo a súa calidade é a seguinte:

  1. auga non contaminada.
  2. auga lixeiramente contaminada.
  3. auga contaminada.
  4. auga altamente contaminada.
  5. auga fortemente contaminada.

Segundo o anuario de 2006, no 2005 había 333 perfís hidrométricos. En Praga e os seus arredores foron vixiados catro perfís no ríos Moldava e Berounka. O río Moldava – Vrané nad Vltavou foi o perfil mellor avaliado, xa que a metade dos seus 38 indicadores medidos esran de clase I. Unha clasificación similar a obtiveron os indicadores de Vltava – Podolí, seguido de Vltava – Libčice e o último é Berounka – Lahovice.

Praga é a cidade con maior nivel de contaminación acústica da República Checa,[90] a principal causa do aumento do nivel de ruído é o incremento do tráfico na cidade, a pesar de que se están a crear vías de circunvalación que está previsto liberen de trafico algúns sectores do centro da cidade, e a pesar da construción de novos tuneles que non evitan que o ruído siga a medrar. Os niveis de ruído son medidos na cidade mediante o sistema IOŽIP en oito sitios distintos dende 1984 ata o 2000, así como outras obaservacións realizadas polo Hygienická služba (Servizo de Hixiene) dentro dun programa nacional do Státní ústav Zdravotní (Instituto Estatal de Saúde). A recente creación de Mapas de Ruído, actualizados cada cinco anos, axuda á toma de decisións para adoptar medidas para combater este problema.

Zonas verdes

editar

Na capital checa existen 88 espazos protexidos dunha superficie superior ás 2.200 hectáreas,[91] o que supón en torno ao 4 % da superficie total da cidade. Existen tamén 11 grandes parques que constitúen outro 20 % da superficie da rexión.

Os parques e xardíns forman parte da imaxe da cidade,[92] datando do ano 1248 o xardín máis antigo conservado ata os nosos días e que antigamente pertenceu ao patio do bispo establecido en Malá Strana. A superficie conservada (alterada en numerosas ocasións) recibe o nome de Vojanovy sady. A pesar de no chasco antigo existen pequenos xardíns dos burqueses e que os xardíns do mosteiro sexan máis importantes, estes xogan un papel secundario na imaxe da Praga medieval. Baixo o reinado de Carlos IV, quen creou o Nové Město, deu a orde de plantar viñedos e árbores frutais en 1358. Un dos xardíns máis importantes da cidade é o Valdštejnská, que data de finais do Renacemento e o Barroco, pola súa proximidade ao centro histórico da cidade.

O concello de Praga está tratando de ampliar as zonas verdes da cidade dende principios do século XX con iniciativas como creación do Xardín Botánico (1969), ou anteriormente co Zoo (1931).

Cidades irmandadas

editar

A cidade de Praga está irmandada coas seguintes cidades:[93][94]

Cidades homónimas

editar

A emigración fixo que apareceran multitude de cidades co mesmo nome que a capital checa ao redor do mundo, especialmente no continente americano:

Galería de imaxes

editar
  1. Eurostat (ed.). "Population on 1 January by five-year age group, sex and metropolitan regions". Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  2. "Short History of Bohemia, Moravia and then Czechoslovakia and Czech Republic". hedgie.eu. 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  3. GaWC (ed.). "The World According to GaWC 2016". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  4. "Best Destinations in the World – Travelers' Choice Awards – TripAdvisor". tripadvisor.com. 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  5. "Quality of Living City Ranking | Mercer". mobilityexchange.mercer.com. Consultado o 30 de maio de 2019. 
  6. "The PICSA Index". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  7. Expats.cz, ed. (8 de novembro de 2017). "Top 100 City Destinations Revealed: Prague among Most Visited in the World". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Radio Praga. "Zlatá Praha- la Praga Dorada" (en castelán). Consultado o 05-05-2008. 
  9. "What's in a name? Prague History lesson". praguesummer.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2016. 
  10. 10,0 10,1 Mundocity. "Historia" (en castelán). Consultado o 4-10-2012. 
  11. 11,0 11,1 Demetz, Peter (1997). "Chapter One: Libussa, or Versions of Origin". Prague in Black and Gold: Scenes from the Life of a European City. Nova York: Hill and Wang. ISBN 978-0-8090-7843-1. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  12. Kenety, Brian. Czech Radio, ed. "Atlantis české archeologie" (en checo). 
  13. Dovid Solomon Ganz, Tzemach Dovid (3rd edition), part 2, Warsaw 1878, pp. 71, 85 (available online )
  14. Kenety, Brian. Czech Radio, ed. "Unearthing Bohemia's Celtic heritage ahead of Samhain, the 'New Year'". Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  15. "Prague in Black and Gold". nytimes.com. 
  16. Novinky.cz (ed.). "Slované na Hradě žili už sto let před Bořivojem –". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2011. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  17. Hrad.cz, ed. (8 de xullo de 2005). "Archaeological Research – Prague Castle". Consultado o 30 de maio de 2011. 
  18. praguewelcome.cz (ed.). "TOP MONUMENTS - VYŠEHRAD". Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  19. Architectural Digest (ed.). "5 of the Best Gothic Buildings in Prague | Architectural Digest". Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  20. Wolverton, Lisa (9 de outubro de 2012). University of Pennsylvania Press, ed. Hastening Toward Prague: Power and Society in the Medieval Czech Lands. ISBN 978-0812204223. 
  21. Radio Praha (ed.). "Prague – an architectural gem in the heart of Europe | Radio Prague". Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  22. Rothkirchen, Livia (1 de xaneiro de 2006). U of Nebraska Press, ed. The Jews of Bohemia and Moravia: Facing the Holocaust. ISBN 978-0803205024. 
  23. Moïssey Postan, Michael; Miller, Edward; Postan, Cynthia (1987). The Cambridge Economic History of Europe: Trade and industry in the Middle Ages. Cambridge University Press. p. 417. ISBN 0-521-08709-0. 
  24. Radio Praha (ed.). "History of Charles Bridge | Radio Prague". Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  25. Guides, Rough (16 de xaneiro de 2015). The Rough Guide to Prague. Rough Guides UK. ISBN 9780241196311. 
  26. Dickinson, Robert E. (2003). The West European City: A Geographical Interpretation. Taylor & Francis. ISBN 9780415177115. 
  27. Worldatlas.com (ed.). "Czech Republic". Consultado o 4 de decembro de 2011. 
  28. "Charles University Official Website". 
  29. Palmitessa, James (2002). "The Archbishops of Prague in Urban Struggles of the Confessional Age 1561–1612" (PDF). Bohemian Reformation and Religious Practice 4: 261–273. 
  30. Everything2 (ed.). "The Prague Pogrom of 1389". Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  31. prague.cz (ed.). "The former Jewish Quarter in Prague". Consultado o 16 de xuño de 2009. 
  32. Old.hrad.cz, ed. (13 de outubro de 2005). "Architecture of the Gothic". Consultado o 18 de novembro 2013. 
  33. Hrad.cz, ed. (16 de decembro de 2011). "Old Royal Palace with Vladislav Hall - Prague Castle". Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  34. Prague.st (ed.). "Religious conflicts". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  35. "The Kingdom of Bohemia during the Thirty Years' War". Family-lines.cz. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  36. "Prague". Jewish Virtual Library. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  37. M. Signoli, D. Chevé, A. Pascal (2007)."Plague epidemics in Czech countries". p.51.
  38. "Einwohnerzahl europäischer Städte" (PDF) (en alemán). Prag insgesamt 1940 928.000 
  39. "Aus der Geschichte jüdischer Gemeinden" (en alemán). 1937/38 ca. 45.000 
  40. Bryant, Chad (2007). Prague in Black: Nazi Rule and Czech Nationalism. Cambridge, MA: Harvard University Press, p. 167ff. ISBN 978-0674024519
  41. Pehe, Jiří. "Post-Communist Reflections of the Prague Spring". Jiří Pehe. 
  42. McAdams, Michael (1 de setembro de 2007). Transtext(e)s Transcultures, ed. "Global Cities as Centers of Cultural Influence: A Focus on Istanbul, Turkey". pp. 151–165. doi:10.4000/transtexts.149. 
  43. La Voz de Galicia. ""Revolta en Praga contra a globalización"". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2011. Consultado o 02-11-2008. 
  44. La Voz de Galicia. ""Clausurada un día antes e por sorpresa a asemblea do Fondo Monetario Internacional"". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2011. Consultado o 02-11-2008. 
  45. GamesBids, ed. (16 de xuño de 2009). "It's Official – Prague Out of 2020 Bid". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 46,5 46,6 46,7 Instituto Nacional de Estatística da República Checa (ed.). "Characteristics of the Capital City of Prague" (en inglés). Consultado o 4-10-2012. 
  47. 47,0 47,1 Instituto Nacional de Estadística de la República Checa. "CHARACTERISTICS OF THE CAPITAL CITY OF PRAGUE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 11 de xuño de 2008. 
  48. "Flight Before the Flood". BBC News. 13 de agosto de 2002. Arquivado dende o orixinal o 16-12-2007. Consultado o 11-10-2012. 
  49. "The Climate of Prague 1981–2010 (Temperatures,Humidity)" (en ruso). Weather and Climate (Погода и климат). Consultado o 9 de maio de 2016. 
  50. "Praha Climate Normals 1961–1990 (Precipitation, Precipitation days, Snow, Sunhours)". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  51. Flags of the World. "Escudo e bandeira de Praga" (en inglés). Consultado o 6-10-2012. 
  52. El País. "El Parlamento checo aprueba la Constitución de la nueva república" (en castellano). Consultado o 14-06-2008. 
  53. Parlamento da República Checa. "Constitution of the Czech Republic (art. 13)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20-12-2008. Consultado o 27-10-2012. 
  54. Praha.eu. "Prague City Assembly" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30-11-2012. Consultado o 8-10-2012. 
  55. Aktuálně.cz – Víte, co se právě děje, ed. (15 de novembro de 2018). "Zdeněk Hřib se stal primátorem Prahy. Opoziční ANO a ODS ho nepodpořily | Aktuálně.cz" (en checo). Economia, a.s. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  56. 56,0 56,1 Oficina Estatística da República Checa. "Statistical yearbook of the capital city of Prague 2004" (en inglés). Consultado o 22-04-2008. 
  57. Oficina de Estatística da República Checa. "Foreigners: by region, district and citizenship; 31 December 2010" (PDF) (en inglés/checo). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-11-2012. Consultado o 24-10-2012. 
  58. Historický lexikon obcí České republiky 1869–2005
  59. Czso.cz, ed. (23 de novembro de 2010). "Pohyb obyvatelstva v Českých zemích" (en checo). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  60. "Počet obyvatel v obcích České republiky k 1.1.2013" (en checo). 1 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 04 de outubro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013. 
  61. Oficina Estatística da República Checa. "Long-term development of the population: Prague city sections" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-09-2011. Consultado o 10-06-2008. 
  62. "Pohyb obyvatelstva v hl. m. Praze v 1. čtvrtletí 2019" (en checo). Czso.cz. 12 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  63. Radio Praha. "O número de turistas en 2005 bate o récord" (en castelán). Consultado o 19-04-2008. 
  64. Urban Audit. "Praha" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24-05-2012. Consultado o 24-10-2012. 
  65. Národní muzeum. "Homepage" (en inglés). Consultado o 24-10-2012. 
  66. Židovské muzeum. "Informações para os visitantes" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28-05-2012. Consultado o 24-10-2012. 
  67. Mucha Museum. "Mucha Museum Home Page" (en inglés). Consultado o 24-10-2012. 
  68. "Páxina oficial". Museo Franz Kafka (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2018. 
  69. Radio Praga. "Historia da música checa - Música medieval" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  70. Radio Praga. "Historia da música checa - Música renacentista" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  71. Radio Praga. "Historia da música checa - Música barroca" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  72. Radio Praga. "Historia da música checa, música clasicista" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  73. Radio Praga. "Historia da música checa, música romántica" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  74. Radio Praga. "Historia da música checa, música do século 20" (en castelán). Consultado o 17-05-2008. 
  75. Cinco días. "Madrid, candidata oficial para os JJ OO de 2016" (en castelán). Consultado o 04-06-2008. 
  76. Prague Post. "Rethinking 'Fortress Strahov'" (en inglés). Consultado o 24-10-2012. 
  77. prague.fm. "Los deportes más populares en Praga" (en castelán). Consultado o 24-10-2012. 
  78. UNESCO. "World Heritage List Evaluation" (PDF) (en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  79. Radio Praga. "Prague, sixth most visited city in Europe, attracting more UK tourists" (en inglés). Consultado o 18-05-2008. 
  80. Guinness Book of World Records, ed. (1991). "Segundo o Libro Guinness dos Récords". Consultado o 14-10-2012. 
  81. Páxina oficial da República Checa. "Transporte urbano integrado de Praga" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04-05-2008. Consultado o 23-04-2008. 
  82. ROPID. "Novos horarios" (en checo). Arquivado dende o orixinal o 09-02-2008. Consultado o 10-10-2012. 
  83. Radio Praga. "Aumenta número de accidentes en estradas checas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05-04-2008. Consultado o 23-04-2008. 
  84. UDI Praha (Instituto de Enxeñería do Transporte). "The yearbook of transportation Prague 2004" (en inglés). Consultado o 24-10-2012. 
  85. Aeroporto de Praga. "In 2011, Prague Airport handled 11.8 million passengers, representing a 2% increase over the preceding year" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05-11-2012. Consultado o 10-10-2012. 
  86. Magazine du Tourisme. "Les aéroports européens les plus fréquentés en 2010" (en francés). Consultado o 10-10-2012. 
  87. Prague TV. "Overpriced Taxis" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30-03-2008. Consultado o 23-04-2008. 
  88. The Yearbook Prague – The Environment 2006 (no sitio web da cidade de Praga). "Air Quality" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2013. Consultado o 01-11-1012. 
  89. Sitio web da cidade de Praga. "Water Quality" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2013. Consultado o 01-11-1012. 
  90. Praha anual Životní prostředí 2006 (no sitio web da cidade de Praga). "Noise" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2013. Consultado o 01-11-1012. 
  91. praha.eu. "Environment" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01-11-2012. Consultado o 30-10-2012. 
  92. praha.eu. "Green Prague" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2013. Consultado o 30-10-2012. 
  93. db-city.com. "Prague" (en inglés). Consultado o 07-10-2012. 
  94. Prague (ed.). "Partnerská města HMP". zahranicnivztahy.praha.eu (en checo). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  95. Tshaonline.org, ed. (10 de novembro de 2013). "| Texas State Historical Association (TSHA)". Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  96. cityofpragueok.org, ed. (23 de abril de 2008). "The History of Prague". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  97. Casde.unl.edu (ed.). "CASDE | Prague – Saunders County". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  98. Web.archive.org (ed.). "Visitor Information". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 18 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

editar
 

Bibliografía

editar


Cultura e sociedade

editar
  • Becker, Edwin et al., ed. Prague 1900: Poetry and Ecstasy. (2000). 224 pp.
  • Boehm, Barbara Drake; et al. (2005). Prague : the Crown of Bohemia, 1347–1437. New York: The Metropolitan Museum of Art. ISBN 978-1588391612. 
  • Burton, Richard (2003). Prague. A cultural and literary history. (en inglés). Oxford: Signal Books. ISBN 1-902669-62-2. 
  • Cohen, Gary B. The Politics of Ethnic Survival: Germans in Prague, 1861–1914. (1981). 344 pp.
  • Fucíková, Eliska, ed. Rudolf II and Prague: The Court and the City. (1997). 792 pp.
  • Holz, Keith. Modern German Art for Thirties Paris, Prague, and London: Resistance and Acquiescence in a Democratic Public Sphere. (2004). 359 pp.
  • Iggers, Wilma Abeles. Women of Prague: Ethnic Diversity and Social Change from the Eighteenth Century to the Present. (1995). 381 pp. online edition Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  • Porizka, Lubomir; Hojda, Zdenek; e Pesek, Jirí. The Palaces of Prague. (1995). 216 pp.
  • SayerDerek. Prague: Crossroads of Europe. London Reaktion Books, 2019. ISBN 978-1-78914-009-5.
  • Sayer, Derek. Prague, Capital of the Twentieth Century: A Surrealist History (Princeton University Press; 2013) 595 pages; a study of the city as a crossroads for modernity.
  • Sayer, Derek. "The Language of Nationality and the Nationality of Language: Prague 1780–1920." Past & Present 1996 (153): 164–210. in Jstor
  • Spector, Scott (2000). Prague Territories: National Conflict and Cultural Innovation in Kafka's Fin de Siècle. (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0520236929. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012. 
  • Svácha, Rostislav. The Architecture of New Prague, 1895–1945. (1995). 573 pp.
  • Wittlich, Peter. Prague: Fin de Siècle. (1992). 280 pp.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
  Weimar
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Aviñón
  Bergen
  Boloña
  Bruxelas
  Cracovia
  Helsinqui
  Reiquiavik
  Santiago de Compostela

2000
Sucesor:
  Rotterdam
  Porto
  NODES
Chat 1
dada 11
dada 11
design 1
Done 1
eth 7
games 1
News 1
orte 37
reformation 1
see 1
Story 7
Todos 3