Pragmática sanción
Unha pragmática sanción é unha norma ou disposición legal de dereito público promulgada por un rei e que afecta a aspectos fundamentais do estado, na que se regulamentan cuestións como a sucesión ao trono ou outros. Adoitan seren identificadas polas datas na que se decretan.
No baixo imperio romano, era un edicto ou lei emitida polo emperador sobre cuestións de dereito público referido a unha cidade, unha provincia ou unha igrexa. A denominación de pragmática explícase porque era publicada tras unha consulta e negociación sobre a cuestión ("pragma").[1]
Durante a Idade Media, foi un tipo de prerrogativa lexislativa empregada pola Coroa para crear leis que partían da súa vontade e que non foron sancionadas polas respectivas asembleas lexislativas[2] (Cortes, Estados Xerais etc).
Dereito catalán
editarNa lei catalá, dende o século XIII (1283), cando as constitucións pasaron a ser un dereito pactado do rei coas Cortes, as disposicións e ordenanzas do soberano que non eran acto e de carácter xeral recibiron a denominación de pragmática para diferencialas daquelas outras de interese particular recibían o nome de privilexio ou ordenación particular. Eran revogables polo propio monarca, mais nunca podían contradicir os Usatges (usos) nin o dereito pactado das constitucións de Cataluña nin os costumes probados de tipo inmemorial. Nalgúns territorios da xurisdición dos baróns non foron obrigatorias e podían ser substituídas por ordenanzas destes.[2]
Exemplos
editarEntre as sancións que gañaron máis notoriedade histórica existen:
- Pragmática Sanción de 554, ditada polo emperador Xustiniano I.
- A chamada Pragmática Sanción de 1269, atribuída a Lois IX de Francia, e que foi un documento falso elaborado pola chancelería francesa no século XV.[3]
- Pragmática Sanción de 1438 (Bourges), emitida por Carlos VII de Francia.
- Pragmática Sanción de 1549, ditada por Carlos I de España, establecendo as Dezasete Provincias.
- Pragmática Sanción de 1567, ditada por Filipe II de España, denominada antimourisca.
- Pragmática Sanción de 1703, emitida por Leopoldo I, do Sacro Imperio Romano-Xermánico
- Pragmática Sanción de 1713, emitida por Carlos VI de Alemaña.[4][5]
- Pragmática Sanción de 1767, emitida por Carlos III de España, decretando a expulsión dos xesuítas de España.
- Pragmática Sanción de 1776, ditada para Carlos III de España, sobre os matrimonios desiguais.[6]
- Pragmática Sanción de 1789, ditada por Carlos IV de España (non publicada).[7]
- Pragmática Sanción de 1830, emitida por Fernando VII de España derrogando a Lei sálica.[7]
Notas
editar- ↑ "Sanción Pragmática". Iglesia Evangélica Pueblo Nuevo. Consultado o 18-09-2017.
- ↑ 2,0 2,1 "pragmàtica sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017.
- ↑ Gutiérrez S.J., Constancio (1980). Trento: un concilio para la unión: (1550-1552). Vol. I Fuentes (1549-1551). Madrid: CSIC (Instituto "Enrique Flórez"). p. 447. ISBN 84-300-3766-7.
- ↑ "Pragmàtica Sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017.
- ↑ Vidal, Josep Juan; Martínez Ruiz, Enrique (2001). Política interior y exterior de los Borbones. Col. Fundamentos 188. Istmo. p. 228. ISBN 84-7090-410-8.
- ↑ Español Bouche, Luis (1999). Nuevos y viejos problemas en la Sucesión de la Corona Española: pragmática. Madrid: Hidalguía. p. 129. ISBN 84-89851-13-1.
- ↑ 7,0 7,1 "Pragmàtica Sanció". enciclopèdia.cat. Consultado o 17-09-2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Pragmática Sanción" (en inglés). Nova Chegada.
- "Pragmática Sanción" (en inglés). Christian Clásicos Etéreo Biblioteca