Praia de Santo Amaro
areal na Coruña
A praia de Santo Amaro é unha praia urbana da Coruña, de area branca e fina. Dispón de aseos públicos, duchas, vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios. Chegan ata ela as liñas de autobús 3A e 5.
Praia de Santo Amaro | |
---|---|
Vista da praia de Santo Amaro dende o alto do Paseo Marítimo. | |
Características xerais | |
Grao de ocupación | Alta |
Grao de urbanización | Alta |
Paseo marítimo | si |
Características específicas | |
Tipo de praia | Urbana |
Tipo de area | Grosa |
Aspectos medioambientais | |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Estrada |
Sinalización do acceso |
En 1935 creouse xunto á praia o Club do Mar de Santo Amaro, que coa construción do dique de abrigo se trasladou ao lugar onde estaban as ruínas do castelo de Santo Amaro.[1][2]
Actividades
editarNa enseada celébrase cada verán dende 1935 a travesía a nado de Santo Amaro.[3][4] Tamén ten lugar nas súas augas a procesión marítima da virxe do Carme.[5]
Sucesos
editarNa praia de Santo Amaro faleceu afogado o poeta Aurelio Aguirre.[6]
Notas
editar- ↑ "El Club del Mar de San Amaro". www.clubdelmardesanamaro.com. Consultado o 2021-03-29.
- ↑ "El castillo chivato". La Voz de Galicia (en castelán). 1/3/2003. Arquivado dende o orixinal o 04/04/2016. Consultado o 1/3/2016.
- ↑ "La Travesía a nado de San Amaro batió su récord de participación" La Voz de Galicia, 30/8/2011 (en castelán).
- ↑ Travesía de San Amaro, brillantes bodas de platino La Opinión A Coruña, 2/9/2020 (en castelán).
- ↑ Procesión marítima da Virxe do Carme[Ligazón morta]
- ↑ "El poeta Aurelio Aguirre murió ahogado en la playa de San Amaro en 1858". La Voz de Galicia (en castelán). 22/4/2001. Arquivado dende o orixinal o 05/04/2016. Consultado o 1/3/2016.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |