Premio Otero Pedrayo

premio de ámbito galego

O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico con dotación económica (á altura de 2018, 16000 euros[1]) que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.

Entrega do Premio Otero Pedrayo 2018 a Antía Cal e María Xosé Queizán.

Estrutura

editar

O premio escólleo un xurado onde na actualidade están o presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca (de forma rotatoria, é unha das catro deputacións o que o convoca), o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento, ademais de cinco persoas independentes designadas pola Xunta, de solvencia científica e literaria.

Premiados

editar
  1. "Valentín García participa no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Margarita Ledo". Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  2. Deputación de Ourense (ed.). "Os escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños, galardoados co Premio "Otero Pedrayo"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  3. Galicia Confidencial (ed.). "A xornalista Margarita Ledo, primeira muller en recibir o Otero Pedrayo". Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  4. "A pedagoga Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán gañan o Premio Otero Pedrayo". Deputación da Coruña. 25 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  5. "O escritor Paco Martín e o historiador Ramón Villares comparten o Premio Otero Pedrayo 2019". Deputación de Lugo. 13 de decembro de 2019. 
  6. "Novas - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2020-10-23. 
  7. "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11. 
  8. Liste, Ana G. (1 de outubro de 2022). ""Cando empecei, a carreira universitaria estaba moi ligada á investigación e había máis posibilidades, agora está moi limitado"". Praza.gal. Consultado o 3 de outubro de 2022. 
  9. "O catedrático Darío Villanueva, Premio Otero Pedrayo 2023". Nós Diario. 23 de outubro de 2023. 
  10. "O Premio Otero Pedrayo 2024 recoñece a traxectoria artística de máis dun século da Coral de Ruada". Xunta de Galicia. 2024-10-14. Consultado o 2024-10-15. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
HOME 1
iOS 1
mac 1
os 31
todo 1
web 1