Premio Xerais

certame literario de novela en lingua galega concedido por Edicións Xerais de Galicia

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

Premio Xerais
Tipopremio literario
Data de fundación1984
Nomeado en referencia aEdicións Xerais de Galicia
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Os galardoados da edición dos premios Xerais de 2017 (Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo González) xunto a membros do xurado e o equipo editorial de Edicións Xerais de Galicia.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas[1]. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras[2].

Gañadores

editar
 
Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVI Premios Xerais o 6 de xuño de 2009.
  1. "1985, IIº Premio Xerais" Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., no blog de Edicións Xerais, 5 de abril de 2008.
  2. "Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville, premios Xerais 2018". praza.gal. Consultado o 02/05/2018. 
  3. Mirás, Nacho (24 de xuño de 2000). "O xornalista Luis Rey Núñez gaña o Premio Xerais coa novela «María Pita»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023. 
  4. "Casa Skylab". xerais.gal. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 
  5. Íase entregar na illa de San Simón, pero o afundimento do pesqueiro Bahía, con base en Cesantes, uns días antes, fixo que se movese a entrega a Vigo, en sinal de loito.
  6. "Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo, premios Xerais 2017". Nós Diario. 3/6/2017. Consultado o 8 de marzo de 2024. 
  7. Ocampo, Elena (2-6-2018). ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". farodevigo.es. Consultado o 13-6-2019. 
  8. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Nós Diario. 8 de xuño de 2019. Consultado o 8 de marzo de 2024. 
  9. "María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020". Praza Pública. 2020-12-18. Consultado o 2020-12-18. 
  10. David Lombao (11 de decembro de 2021). "Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil". Praza Pública. 
  11. "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. 2022-07-15. Consultado o 2022-07-15. 
  12. Melchor, Edgar (2023-06-17). "Pedro Feijoo conquista o Premio Xerais de Novela 2023". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-17. 
  13. "Os Premios Xerais 2024 son para Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé". Praza Pública. 2024-06-08. Consultado o 2024-06-08. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 1