76ª edición dos Óscar
Os premios Óscar do ano 2003 foron entregados nunha cerimonia que se celebrou o 29 de febreiro de 2004 no Teatro Kodak dos Ánxeles.
Presentadores
editar- Billy Crystal, mestre de cerimonias.
- Tom Hanks, homenaxe especial en recordo de Bob Hope.
- Julia Roberts, homenaxe especial en recordo de Katharine Hepburn.
- Frank Pierson, In Memoriam.
Candidaturas
editarOs gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[1]
In memoriam
editarRealizáronse dous recordos especiais ó longo da cerimonia. O primeiro foi presentado por Tom Hanks e ía dedicado ó lendario cómico e múltiples veces presentador da cerimonia, Bob Hope. O segundo Memorial especial foi presentado por Julia Roberts e rendeuse homenaxe á mítica actriz e catro veces gañadora do Óscar, Katharine Hepburn.
A homenaxe anual ás personalidades finadas ó longo do ano, empezou cun recordo especial ó actor Gregory Peck, quen foi seguido por outras personalidades que faleceron este ano: Wendy Hiller, David Hemmings, Hope Lange, George Axelrod (guionista), Charles Bronson, Michael Jeter, David Newman (guionista), Ron O'Neal, Art Carney, Elia Kazan (director), Leni Riefenstahl (documentalista), Karen Morley, Buddy Ebsen, John Schlesinger (director), Stan Brakhage (director de cine), Ray Stark (produtor), Andrew J. Kuhen, John Ritter, Hume Cronyn, Buddy Hackett, Michael Kamen (compositor), John Gregory Dunne (guionista), Robert Stack, Alan Bates, Gregory Hines, Jack Elam, Jeanne Crain, Ann Miller e Donald O'Connor.
Predecesor: 75ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 76ª edición dos Óscar |
Sucesor: 77ª edición dos Óscar |
- ↑ "The 76th Academy Awards (2004) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2014. Consultado o 20 de novembro de 2011.