84ª edición dos Óscar
A 84ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2011 dos Estados Unidos e celebrouse o 26 de febreiro de 2012, no Hollywood and Highland Center Theatre (agora Dolby Theatre) no distrito de Hollywood, nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. O actor Billy Crystal presentou a cerimonia por novena vez. A primeira vez presentou a 62ª edición dos Óscar, celebrada en 1990, e a anterior foi a 76ª edición dos Óscar, celebrada en 2004.[1]
O 14 de xuño de 2011, o presidente da Academia, Tom Sherak, anunciou nunha conferencia de prensa que, coa intención de revitalizar o interese polos premios, a cerimonia de 2012 tería entre cinco e dez nomeados ó Óscar ó mellor filme pendentes dos resultados da votación, a diferenza dun número definido de candidatos.[2] Como evento relacionado, a Academia realizou a súa terceira cerimonia Anual de Premios Gobernadores no Grand Ballroom do Hollywood and Highland Center o 12 de novembro de 2011.[3]
The Artist gañou cinco galardóns, incluíndo Mellor actor para Jean Dujardin, Mellor director para Michel Hazanavicius e Mellor filme, o primeiro filme mudo en gañalo dende Wings (1927), o gañador da 1ª edición dos Óscar en 1929.[4][5][6][7] Outros gañadores inclúen a Hugo tamén con cinco premios e The Iron Lady con dous premios. Beginners, The Descendants, The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore, The Girl with the Dragon Tattoo, The Help, Midnight in Paris, The Muppets, Rango, Saving Face, A Separation, The Shore e Undefeated gañaron un premio cada un. A cerimonia tivo preto de 39 millóns de espectadores (só en América do Norte).
Gañadores e nomeados
editarOs nomeados da 84ª edición dos Óscar foron anunciados o 24 de xaneiro de 2012 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills, por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Jennifer Lawrence.
Os filmes que máis nomeamentos recibiron foron Hugo con once, seguido de The Artist con dez. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 26 de febreiro de 2012.[8][9][10]
Premios
editarOs gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[11]
Premios da Academia Honoríficos
editarA Academia celebrou a terceira cerimonia anual de Premios Gobernadores o 12 de novembro de 2011, na cal foron presentados os seguintes premios.[12][13]
Predecesor: 83ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 84ª edición dos Óscar |
Sucesor: 85ª edición dos Óscar |
Notas
editar- ↑ Grosz, Christy (10 de novembro de 2011). "Crystal confirmed as Oscars host". Reed Business Information (Variety). Consultado o 26 de abril de 2012.
- ↑ "Academy Builds Surprise Into Best Picture Rules". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 14 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2011.
- ↑ Gregg Kilday (13 de novembro de 211). "The Ceremony: Academy Honors Oprah Winfrey, James Earl Jones and Dick Smith in Emotional Evening". The Hollywood Reporter. Consultado o 27 de abril de 2012.
- ↑ Waters, Florence (27 de febreiro de 2012). "The Artist triumphs with five Academy Awards". The Daily Telegraph (UK). Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ "The Artist triumphs at the Oscars". BBC News. 27 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ Horn, John; Sperling, Nicole (27 de febreiro de 2012). "'The Artist' is big winner at Academy Awards". LA Times. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ Fitzmaurice, Sarah; Bamigboye, Baz (27 de febreiro de 2012). "Oscars go back to black and white". Daily Mail (UK). Consultado o 29 de febreiro de 2012.
- ↑ "Nominees & Winners for the 84th Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. AMPAS. Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- ↑ "84th Academy Awards: The winners list". CNN. 26 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2012. Consultado o 26 de abril de 2012.
- ↑ Kaufman, Gil (27 de febreiro de 2012). "Oscars 2012 Belong To 'The Artist,' 'Hugo,' Meryl Streep". MTV (MTV News). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2012. Consultado o 27 de abril de 2012.
- ↑ "The 84th Academy Awards (2012) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2014. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ "James Earl Jones, Dick Smith and Oprah Winfrey To Receive Academy’s Governors Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. AMPAS. Consultado o 27 de abril de 2012.
- ↑ Kilday, Gregg (2 de agosto de 2011). "Oprah Winfrey to Receive Academy's Hersholt Humanitarian Award". The Hollywood Reporter (Prometheus Global Media).