Prey (filme de 2022)
Prey é un filme estadounidense de 2022 baseado na franquía de Predator. É o quinto título da franquía e unha precuela dos primeiros catro filmes, xa que está ambientado nas grandes chairas de América do Norte en 1719. Foi dirixido por Dan Trachtenberg e escrito Patrick Aison. Está protagonizado por Amber Midthunder, Dakota Beavers, Michelle Thrush, Stormee Kipp, Julian Black Antelope e Dane DiLiegro. Conta a historia de Naru, unha habelenciosa guerreira comanche, que protexe á súa tribo do alien humanoide que caza humanos por deporte, loitando contra el, a fauna salvaxe e os comerciantes de peles con tal de protexer ao seu pobo.
Prey | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Prey |
Director | Dan Trachtenberg |
Produtor |
|
Guión | Patrick Aison |
Baseado en | Personaxes de Predator |
Intérpretes |
|
Música | Sarah Schachner |
Fotografía | Jeff Cutter |
Montaxe |
|
Estudio | |
Distribuidora | |
Estrea | San Diego Comic-Con: 21 de xullo de 2022 5 de agosto de 2022 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción e acción |
Na rede | |
https://www.20thcenturystudios.com/movies/prey | |
Personaxes
editar- Amber Midthunder como Naru
- Dakota Beavers como Taabe
- Dane DiLiegro como o Predator
- Michelle Thrush como Aruka
- Stormee Kipp como Wasape
- Julian Black Antelope como xefe Kehetu
- Bennett Taylor como Raphael Adolini
Produción
editarLingua
editarTrachtenberg dixo que debateu se o filme debería comezar cos personaxes falando a lingua comanche antes de cambiar ao inglés para o beneficio da audiencia, da mesma maneira que se fixo co ruso en The Hunt for Red October (1990). Consideraron facer algo semellante ao principio, pero ao final pensaron que non funcionaba. O filme rodouse en inglés e comanche, e todo o elenco realizou unha dobraxe alternativa totalmente comanche do filme. Ambas versións lingüísticas están dispoñibles en Hulu.[1]
Notas
editar- ↑ Colangelo, BJ (7 de xuño de 2022). "Prey Will Give Viewers The Option To Watch The Film In The Comanche Language". /Film. Consultado o 31 de xullo de 2022.