Prostitución

(Redirección desde «Prostituta»)

A prostitución é a venda de servizos sexuais a cambio de cartos ou outro tipo de retribución. Unha persoa que exerce a prostitución recibe o nome de prostituta ou prostituto. No caso da muller tamén se usan coloquialmente diversos nomes como galdrapa, lorcha, pendanga, rameira ou puta, palabras todas elas que comportan unha forte connotación despectiva.

Representación da prostituta de Babilonia segundo o Tapiz da Apocalipse de Angers.

A prostitución é un dos traballos e fenómenos sociais que dá resposta ó desexo sexual do ser humano. Na maioría das culturas a forma aceptada de satisfacer este desexo é no contexto de relacións afectivas. O ser humano empregou e emprega moitas outras formas para saciar o seu apetito sexual, tanto de forma consensuada con outros individuos, como sen consenso: busca de sexo non afectivo con outras persoas, acoso, violación, e outras moitas, entre as que se encontra a oferta pecuniaria. É esa oferta económica o motor que pon en marcha as moi variadas formas de prostitución.

En termos xerais, as tres principais formas de prostitución son (por orde de incidencia):

  • A trata de brancas e menores, arredor da que xorden sociedades mafiosas que trafican con persoas para obter cartos (o que se considera unha forma moderna de escravitude).
  • Persoas con condicións sociais e económicas que converten a prostitución nunha das poucas formas posibles de sacar adiante a unha familia ou a si mesmas (prostitución forzada polas condicións socioculturais).
  • O caso (minoritario numericamente) de prostitución de alto standing, onde a persoa se prostitúe voluntariamente polos elevados ingresos que obtén a cambio (prostitución voluntaria).

A postura oficial dos gobernos fronte á prostitución vai da prohibición total á legalización completa, pasando por modelos "mixtos" que penalizan só ó cliente. Socialmente tamén se observa un amplo espectro de respostas, que van desde o rexeitamento público (a máis común) á aceptación.

Regulamento de "Higiene especial" que regulaba a prostitución en 1882 na Coruña, Santiago e Ferrol.

Definición e termos relacionados

editar

A definición máis sinxela posible do concepto de prostitución é: a venda de servizos sexuais a cambio de diñeiro ou outro tipo de retribución.

Ó falar de prostitución, sobreenténdese que a persoa que a exerce non aplica máis criterio na elección do cliente que o de recibir o pago correspondente, sen que exista ningún tipo de emoción ou relación afectiva. É por isto que, nun sentido máis xenérico e coloquial da palabra, dise tamén que se prostitúe, por extensión, calquera persoa que "vende" os seus servizos profesionais (non sexuais) por unha causa que considera indigna, co único aliciente de recibir un pago.

Ás veces úsase o termo prostitución nun sentido moito máis amplo de manter relacións sexuais cunha fin distinta á da reprodución ou o pracer dunha das partes, incluíndo formas (principalmente históricas) de prostitución relixiosa nas que se practica sexo en cumprimento duns preceptos relixiosos. Tamén entrarían nesta definición máis xenérica o uso do sexo como forma de espionaxe, e os casos de homes e mulleres mantendo relacións con persoas famosas co fin de vender a historia á prensa do corazón a cambio de fama e/ou diñeiro. Nestes dous casos úsase a equiparación coa prostitución cun ánimo evidentemente pexorativo.

A maioría das prostitutas son mulleres que ofrecen os seus servizos a homes. Tamén existen prostitutos, que ofrecen os seus servizos principalmente a homes, ou a mulleres en menor proporción (normalmente só a uns ou a outros). O fenómeno da prostitución coñécese practicamente desde que existen rexistros históricos dalgún tipo, e foi evolucionando xunto coas formas sociais, aínda que mantivo unha imaxe estigmatizada co paso do tempo. A chamada prostitución relixiosa desapareceu paulatinamente do mundo occidental durante o Imperio Romano, aínda que seguiu sendo practicada noutras culturas ata hai ben pouco, e viu unha repunta coa aparición de relixións alternativas en occidente.[Cómpre referencia]

A prostitución é na actualidade unha práctica ilegal en moitos países, propia de ambientes marxinais e relacionada con outras formas de delincuencia. Moitas mulleres e nenos son obrigados a exercela por parte de individuos ou bandas criminais organizadas, ata o punto de que as Nacións Unidas, xa en 1949, promoveron unha convención para o control da prostitución e a loita contra a trata de brancas xerada ó seu redor[1].

Nalgúns países, principalmente do norte de Europa (como Países Baixos e Alemaña), a prostitución é un oficio regulado no que os seus traballadores e traballadoras pagan os seus impostos e non arrastran unha imaxe social tan degradada (este é o chamado modelo pro regulación; os seus partidarios consideran ás persoas que exercen a prostitución como un tipo máis de traballador sexual). Porén, noutros países do mesmo contorno, como Suecia, optouse por permitir a prostitución penalizando o consumo, é dicir, ós clientes (o chamado modelo abolicionista): considérase a prostitución como unha forma de violencia contra as mulleres, na que se penaliza ós homes que as explotan comprando servizos sexuais.[2] Trátase ás prostitutas, na súa maioría, como vítimas que requiren axuda, e inténtase educar ó público, pois considérase que a igualdade de xénero continuará sendo inacadable mentres haxa homes que compren, vendan e exploten a mulleres, nenas e nenos prostituíndoos.[Cómpre referencia]

A figura da prostituta está tamén estreitamente vencellada á do proxeneta, persoa que recibe unha porcentaxe dos beneficios conseguidos pola mesma. En principio o proxeneta recibe eses cartos como pago por un servizo, habitualmente o de actuar como mediador entre a prostituta e o cliente, prover a habitación ou lugar onde ten lugar o servizo sexual, dar protección etc. Porén, canto máis marxinal é o tipo de prostitución, máis se converte o proxeneta nun mero extorsionador, que no seu grao máis baixo retén ás prostitutas baixo o seu control mediante ameazas e abusos que chegan á violencia física. Esta situación é máis habitual (e practicamente a norma) en países onde a prostitución é ilegal. Porén, a legalización non é suficiente garantía para evitar este tipo de abusos; en países europeos onde a prostitución é legal, como España, as forzas de seguridade detectan e interveñen de forma periódica en locais nos que se retén a mulleres pola forza, obrigándoas a prostituírse vítimas de redes de trata de brancas[3].

Terminoloxía

editar

O termo prostitución provén do latín prostitutio, que tén o mesmo significado que o actual e que á súa vez provén doutro termo latino, prostituere, que significa literalmente "exhibir para a venda".

Outra versión amplamente estendida, aínda que incorrecta, afirma que o termo puta vén do verbo latino putare, pensar; arguméntase que coa progresiva conquista romana das antigas zonas gregas aumentou a cantidade de escravos e escravas de dito pobo. Ó ver os romanos que as mulleres (ás que ó parecer usaban maioritariamente como prostitutas) eran coñecedoras da ciencia e a política, cualificáronas como pensadoras, en latín putas. Aínda que non deixa de ter certo encanto, esta versión contradí a propia historia de Roma, que non someteu ás cidades-estado gregas a unha conquista súbita, senón a unha progresiva absorción. Por outra parte, aínda que na Grecia clásica as hetairas tiñan gran preeminencia, en xeral o papel da muller na cultura grega era moi secundario.

Ademais, prostitutio e putare non teñen raíces comúns. Puta como equivalente de prostituta débese tan só a unha contracción vulgar do termo orixinal. Curiosamente existía no panteón romano unha deusa menor da agricultura chamada Puta, aínda que é pura coincidencia. Neste contexto, puta é un vulgarismo relativamente moderno, descoñecido para os romanos.

Ó longo da historia, a prostitución tivo unha gran cantidade de termos tanto para referirse á mesma como ós practicantes, ós clientes, ós lugares e ás actividades relacionadas. Por exemplo, as mulleres que exercen a prostitución son (ou foron) coñecidas con multitude de nomes: meretriz, loba...

O termo loba como equivalencia de prostituta vén dos ritos producidos en febreiro en honra do deus Fauno Luperco. Eran chamadas lobas ou orixinalmente lupas as que exercían a prostitución sagrada cos sacerdotes deste deus, os luperci, no Ara Máxima. De aquí deriva tamén lupanar, que se emprega para referirse ó prostíbulo ou bordel ou casa de citas.

Historia

editar

Orixe e antigüidade da prostitución

editar

A prostitución é cualificada eufemisticamente como a "profesión máis antiga do mundo". Esta descrición, que alude á antigüidade da práctica, é discutible tendo en conta criterios socioeconómicos, xa que o intercambio de favores sexuais a cambio de bens materiais require un certo tipo de acumulación capitalista ou asimetría no acceso a certos recursos, ou ben unha diferenciación social, que probablemente non se deron entre os primeiros grupos humanos ata que a tecnoloxía non sobrebasou certo límite.

Desde un punto de vista puramente biolóxico, nas últimas décadas a investigación científica descubriu exemplos de actitudes en animais que poden (salvando as distancias) equipararse á prostitución entre os seres humanos: algunhas especies de pingüíns intercambian sexo por pedras adecuadas para a construción de niños, e entre os chimpancés ananos existe un sistema social ben establecido no que, entre outras interaccións, as femias ofrecen sexo a cambio de comida, e como mecanismo de resolución de conflitos. Tendo en conta que case ata a Revolución industrial a economía mundial era basicamente agraria, e que a maioría de bens se conseguen por intercambio, a expresión sobre a antigüidade da prostitución resulta bastante defendible.

No mundo antigo

editar

Próximo oriente

editar

Unha das formas máis antigas de prostitución da que existen rexistros históricos é a prostitución relixiosa, supostamente practicada inicialmente en Sumeria. Os antigos historiadores Herodoto e Tucídides documentan a existencia en Babilonia da obrigación para tódalas mulleres, polo menos unha vez na súa vida, de acudir ó santuario de Militta (a Afrodita grega, ou Nana/Anahita) para practicar sexo cun estranxeiro como mostra de hospitalidade, a cambio dun pago simbólico.

En Israel a prostitución era común, malia ser expresamente prohibida pola lei xudía. Profetas como Xosué e Ezequiel opúñanse á mesma con vehemencia. Existía tamén como forma relixiosa no reino de Canaán, coa característica de que unha parte significativa dos que a exercían nos templos eran homes.

A prostitución estaba ben presente en Sardeña e Sicilia, así como en varias culturas fenicias, nas que se practicaba como rito relixioso na honra de Astarté. A práctica da prostitución estendeuse por tódolos portos do mar Mediterráneo, presumiblemente en ás das expedicións comerciais fenicias.

Grecia clásica

editar

Na Grecia clásica, a prostitución era practicada tanto por mulleres como por homes novos. O termo grego para a prostitución é porne, derivado do verbo pernemi (vender), o que xerou unha acepción moderna ben evidente. As prostitutas podían chegar a ser mulleres moi influentes, debían vestir ropas distintivas e estaban obrigadas a pagar impostos.

Crese que foi na antiga Atenas onde se estableceu o primeiro bordel no século VI a. C. Cos beneficios deste negocio construíuse un templo. Non estaba permitida, porén, a captación de clientes. Existen escritos que informan de que no século V a. C. o prezo dun servizo era dun sexto de dracma, o que equivalía ó salario medio dun día.

Antiga Roma

editar

Na Antiga Roma a prostitución era habitual e había nomes distintos para as mulleres que exercían a prostitución segundo o seu status e especialización. Así, estaban as cuadrantarias, (chamadas así por cobrar un cuadrante, unha miseria), as felatoras, (practicantes da fellatio) etc. Nesa sociedade, así como tamén na antiga Grecia, as prostitutas comúns eran mulleres independentes e ás veces influentes que tiñan que levar vestidos de cor púrpura que as diferenciaban das demais, e que debían pagar impostos. Deste xeito, as Hetairas gregas eran personaxes que en certo modo son comparables ás gueixas xaponesas pola súa condición entre prostitutas e cortesás.

Entre os aztecas as prostitutas eran chamadas āhuiyani (contento/a, satisfeito/a, feliz) que probablemente era unha forma eufemística (do náhuatl, participio activo do náhuatl āhuiya / āhuix (ter o necesario, estar feliz). Exercían ó lado dos camiños, e recibían mercancías usables como cartos a cambio de favores sexuais. Tiñan baixo status social.

Idade Media

editar

A Biblia tamén fai numerosas referencias á prostitución común. Na Idade Media a prostitución desenvolveuse de forma considerable en Europa. Os bordeis eran frecuentemente rexentados polos propios municipios. A raíz da Reforma e da aparición de epidemias de infeccións de transmisión sexual no século XVI, a prostitución viuse sometida a certo control, un control no que unicamente tres homes podían ter relacións cunha muller ó día.

Idade Contemporánea

editar

Nos Estados Unidos a prostitución foi declarada ilegal en case tódolos estados entre 1910 e 1915. Durante o século XX moitos países comunistas manifestaron que a prostitución non existía dentro das súas fronteiras, malia a prostitución masiva presente en Cuba como resultado do bloqueo económico e as políticas de turismo adoptadas trala caída do muro de Berlín, onde reciben o alcume de amazonas. Isto sucedeu aínda cando o combate á prostitución foi unha das razóns da revolución.

Tipos de prostitución

editar
 
Interior dun bordel, pintura de Henri de Toulouse-Lautrec.

Tradicionalmente a prostitución exerceuse en sitios destinados exclusivamente a esta fin, chamados bordeis. Estes foron habitualmente casas rexentadas por unha persoa, nas que hai mulleres ou homes, segundo a orientación do lugar, e habitacións privadas onde se atende ós clientes. A oferta de servizos sexuais faise tamén na rúa, así como nalgúns bares e clubs nocturnos. Nas últimas décadas, co aumento e diversidade de medios de comunicación e publicidade, os métodos de oferta chegaron ás cabinas de teléfonos públicos (fotos con teléfonos), anuncios en prensa e Internet, e ata anuncios na TV (estes xeralmente só a altas horas da noite). Finalmente, tamén se realizan servizos a domicilio e nalgúns hoteis.

Prostitución ocasional

editar

A prostitución ocasional refírese á prostitución masculina ou feminina que non é comercial, e xorde de determinadas situacións de grupos sociais distintos. Adoita practicarse como prostitución de rúa ou pisos particulares.[Cómpre referencia]

En España xorde unha sensibilización e análise da prostitución ocasional dende a perspectiva de xénero de forma recente.[cando?] En Galicia, a asociación Faraxa de Vigo, un colectivo feminista que denuncia e combate as consecuencias da prostitución, presta labor de axuda e sensibilización dende o 2009, considerando que a prostitución é unha forma de violencia de xénero.[4]

Prostitución na rúa

editar

Nesta modalidade a prostituta, xeralmente vestida en forma provocadora con pezas de roupa axustada ou reveladora, busca clientes mentres se encontra nun lugar público como unha esquina ou unha praza, ou mentres camiña por seccións determinadas dunha grande avenida. Polo xeral as ofertantes que usan este método esperan a que o cliente faga o esforzo de iniciar o contacto e a consecuente negociación. Usualmente unha vez establecido contacto e os termos comerciais acordados, as actividades -de breve duración- se realizan no vehículo do cliente nalgún lugar apartado ou nalgún hotel de baixa categoría próximo ó sitio de encontro. Esta prostitución é considerada unha das que comporta máis riscos para a prostituta, pois se expón a ser presa fácil de delincuentes e pervertidos violentos. Por outra parte, considérase tamén que é a que comporta máis riscos de tipo sanitario para os que a practican, e tende a ser en consecuencia a máis desprezada polos clientes e a sociedade en xeral. Porén, existen grupos que consideran a prostitución como unha ferramenta ó servizo social e de descontención (desafogo) para quen consome o servizo.

Scorts

editar

Denomínase así ás persoas que acompañan ó cliente a unha localización ou un acontecemento (xeralmente formal), como un baile, unha festa ou unha voda, para proporcionarlle compañía e favores sexuais (finxindo a existencia dunha relación persoal).

Establecementos

editar
  • Locais nocturnos. Outra modalidade involucra a prostitutas que solicitan clientes en negocios abertos ó público. Nalgúns casos no establecemento non hai ningunha relación formal entre a prostituta e o local. Por hábito e ó correrse a voz, o sitio convértese nunha especie de bar de solteiros, onde os clientes van conscientes da alta concentración de prostitutas, e viceversa. Noutros casos, o local e a prostituta teñen unha relación establecida entre ambos. A cambio dun salario mínimo ou dunha comisión nas consumicións ás que son invitadas, elas deben cumprir cun mínimo de normas da casa, como ir "traballar" un mínimo de días á semana e cumprir cun horario mínimo, ou recibir un mínimo invitacións a consumicións por parte dos clientes. En ambos casos a prostituta termina a súa xornada en canto consegue un cliente disposto a contratar os seus servizos. Con frecuencia nos bares onde a relación local-prostituta equivale á relación entre un patrón e o seu empregado, o cliente debe pagar unha "multa" para que a rapaza poida escusarse do traballo -a idea é que, ó marchar, ela deixa de xerar invitacións a tragos dos clientes, e ó haber menos rapazas, o bar perde atractivo ó longo da noite, polo que se reduce a clientela.
    En ambos casos -relación libre ou formal entre o local e a prostituta- ela se beneficia dunha contorna de traballo máis seguro, mentres que o bar se beneficia da atracción que exercen elas facendo que aumenten a clientela e o consumo de bebidas.
  • Bordeis
  • Salóns de masaxe. Nesta modalidade son os "masaxistas", mulleres ou homes, os que ademais dos servizos de masaxes, ofrecen prácticas sexuais a cambio de cartos, xa sexa como parte dun trato particular ou como parte da oferta do local. As relacións sexuais adoitan realizarse nos mesmos apartados nos que se practican as masaxes, aínda que é posible efectuar tratos para levar o servizo fóra do local. Nestes casos, ó igual que nos bares, o local recibe unha penalidade para que a masaxista poida retirarse ou se considera como "comisión de servizo", polos que o local establece unha tarifa maior.

Situación política e social

editar

Visión relixiosa da prostitución

editar

Por regra xeral as relixións que rexeitan o sexo sen intención reprodutiva condenan abertamente a prostitución, aínda que a súa actitude cara ás prostitutas pode estar suxeita a cambios ó longo da historia.

  • Xudaísmo: Na historia das orixes do xudaísmo menciónase o concepto da prostitución. No libro da Xénese, a historia de Yehudá (Xudá) e Tamar conta que Tamar se prostitúe e Yehudá contrata os seus servizos, e que logo, cando está a piques de executala coa pena de morte descobre que a súa nora (Tamar) está embarazada, sen saber que el é o pai. Suponse que desa relación se orixina a dinastía do Rei David. No libro de Xosué cóntase a historia da prostituta Rahab, á que o Talmud menciona como unha das mulleres máis belas da historia da humanidade.

Na lei xudía non hai unha prohibición directa sobre a prostitución, pero se prohibe a un pai prostituír á súa filla. Un Cohen (sacerdote) non pode casar cunha prostituta, e o sacrificio ofrendado por unha prostituta non era aceptado no templo.

  • Catolicismo: A Igrexa católica pasou de etapas de intransixencia total cara ás prostitutas ata o feito de consideralas sometidas a unha forma de escravitude da que deben ser liberadas[5]. Pese a esta visión tan estendida na Igrexa católica existen agrupación como a Hookers for Jesus (Prostitutas por Xesús) fundada pola ex-prostituta e scort estadounidense Annie Lobért.

Feminismo e prostitución

editar
editar

O intercambio de servizos sexuais por cartos de xeito máis ou menos aberto está permitido na maioría dos países, agás nos Estados Unidos (agás nalgúns condados do estado de Nevada) e en determinados países musulmáns. No seu día tamén existía unha prohibición nalgúns países comunistas.

No trato que os gobernos e as leis dan á prostitución no mundo existe un amplo espectro que abarca desde a pena de morte imposta a unha prostituta nalgúns países islámicos, ata a súa consideración como cidadá que exercen unha profesión e que pagan os seus impostos, como en Países Baixos, onde tamén é legal rexentar un bordel e anunciar os servizos nos medios de comunicación. A situación legal en Alemaña é case igual á de Holanda. En moitos países a prostitución non é ilegal, pero si as actividades que a rodean, como os bordeis, a publicidade ou a captación de clientes.

En Centroamérica perséguese ás persoas que se dedican á captación de menores para traballos sexuais, que normalmente ofrecen a turistas provenientes na súa maioría dos Estados Unidos. A policía está facultada para intervir nos negocios sospeitosos de realizar comercio sexual e deteñen ós encargados dos mesmos se hai menores de 18 anos exercendo tal actividade.Porén, dadas as condicións socioeconómicas das sociedades en xeral en tal rexión, a actividade sexual é vista como unha forma alternativa de traballo, que é ben pagado sobre todo por estranxeiros. Non se penaliza a adquisición de servizos, máis ben reprímese a quen os ofrece. Polas condicións de conflitos militares vividos nesa rexión entre 1970 e 1990, como parte dos fenómenos sociais de posguerra obsérvase un incremento de persoas dedicadas a este tipo de actividade, vista como un máis dos enormes déficits afrontados pola poboación e que non logra ser resolto de modo adecuado polos gobernos e estados existentes. Reportáronse casos recentes de turismo sexual en Costa Rica, un dos países que sen ter conflitos militares, viviu en forma case oculta esta forma de explotación sexual de menores.

 
Pye Jakobsson, sindicalista sueca da industria sexual.

Existe polémica en moitos países sobre que debe ser considerado ilegal: a venda dos servizos ou a adquisición destes. En Suecia perséguese a adquisición de servizos, pero non o labor das prostitutas. Durante os dous primeiros anos de aplicación máis de 100 clientes foron condenados. O estado sueco, tras moitos anos de consentir a prostitución, considera desde 1999 a prostitución como un aspecto da violencia exercida polo home contra as mulleres. A proposta procede, orixinalmente, do movemento feminista sueco, que, durante un par de decenios, esixira a criminalización do cliente. Como consecuencia da entrada en vigor da lei, tras catro anos de aplicación, a policía e os servizos sociais facilitaron información que permitiu coñecer un drástico descenso na prostitución, no número de homes que compraron estes servizos ilegalmente e no recrutamento de prostitutas. Enquisas realizadas catro anos despois entre os suecos amosan o apoio da poboación á reforma.

Con todo, en xeral as leis están dirixidas esencialmente cara á prohibición e persecución de actividades delitivas relacionadas coa prostitución, como a trata de brancas, a escravitude, a utilización de menores, a extorsión por organizacións criminais ou por individuos, e outras similares. Por este motivo, nalgúns países como Suíza e Australia a prostitución está tolerada, pero sometida a unha estrita regulamentación.

O Lobby Europeo de Mulleres, durante a Conferencia de Ministros da UE sobre Violencia contra as Mulleres, de febreiro de 2002 en Santiago de Compostela, puxo tamén a prostitución a debate. Esta entidade, que agrupa a 3.000 ONGs, pediu que a prostitución e a trata se consideren como unha violación dos dereitos humanos das mulleres, e non só desde a perspectiva da inmigración ou da loita contra o crime organizado. Estímase que entre 60.000 e 100.000 das mulleres que entran cada ano na UE son vítimas das redes de proxenetismo. O lobby é partidario de tipificar como delito a compra de servizos sexuais.

En Galicia

editar

En 2018 organízase a Plataforma Cidadá Contra a Impunidade do Caso Carioca e estrease o documental Benvidas ao Club de Carme Granxeiro.[6]

editar

Na actualidade a prostitución non está tipificada como delito na maioría de Códigos Penais do mundo, pero si algunhas condutas afíns á mesma, como o proxenetismo.

Publicidade

editar

A publicidade relativa á prostitución é unha gran fonte de ingresos para moitos medios como xornais ou televisións. Así, moitas empresas "conservadoras" non dubidan en publicar anuncios de forte carga pornográfica, e mesmo de tendencia LGBT.

Regulación

editar

Nalgunhas xurisdicións, como Nevada, Suíza e catro estados ou territorios australianos (o Territorio de Capital australiano, Victoria, Queensland e o Territorio do Norte), a prostitución é legal, pero moi regulada.

Tales aproximacións son decotío, pero non sempre, feitas desde o punto de vista de que a prostitución é imposible de eliminar, polo que a sociedade decidiu regulala de forma que se reduzan as consecuencias indesexables. Os obxectivos de tales regulacións inclúen o control de infeccións de transmisión sexual, reducir a escravitude sexual, controlar onde poden situarse os bordeis e disociar totalmente a prostitución das organizacións criminais.

Prostitución infantil

editar

A prostitución infantil é un dos feitos que máis alarma á poboación, xa que durante as últimas décadas se deron miles de casos de prostitución infantil.
A prostitución de menores é endémica en moitos países de renda baixa, que se converteron en destino preferente do turismo sexual.
Cando un individuo busca manter relacións sexuais con nenos ou nenas e non quere correr o risco de ser denunciado, ten unha segunda opción: acudir á prostitución de menores, se dispón de cartos suficientes. Por outro lado, encontrarase coa dificultade de encontrar un individuo ou club que llo facilite, pois a prostitución infantil escóndese moito máis que a prostitución de adultos. Pero unha vez salvados estes dous obstáculos, calquera individuo pode converter en realidade as súas fantasías cunha nena ou un neno, escravizado e obrigado a ser un obxecto de uso sexual. Dita prostitución nunca é voluntaria e vai acompañada do medo, a fame, as drogas e multitude de circunstancias máis, que poden converter a existencia tanto dun menor como dun adulto nun auténtico inferno que sempre sobrepasará a imaxinación.

En España desarticúlanse cada ano redes de corrupción de menores, ás que tamén se lles incautan miles de fotografías e vídeos de menores, que son vendidas de particular a particular ou mediante catálogo, e case sempre en países distintos ó de procedencia para evitar a súa posible identificación.

A principios de 1996 o Director Xeral de Protección Xurídica do Menor do Ministerio de Asuntos Sociais recoñecía ante os medios de comunicación a existencia en España de mafias dedicadas ó tráfico de menores. Ademais de nenos e nenas españois, na Península trafícase fundamentalmente con menores portugueses, dominicanos, marroquís e procedentes de países do leste de Europa.

Para tomar conciencia real desta situación convén reproducir o modus operandi de moitos destes grupos de proxenetas e pederastas. A captación e o rapto adoita levarse a cabo nos cintos periféricos e nas zonas marxinais das grandes cidades como Madrid, Barcelona, ou Bilbao. Tamén das saídas de grandes e medianas discotecas, e de menores escapados das súas casas.

  • Nos cintos industriais das grandes cidades é onde adoitan traballar os ganchos dedicados a localizar posibles vítimas. Normalmente trátase de prostitutas ou ex-prostitutas que con frecuencia dependen dunha dose de heroína. Aprovéitanse das privacións económicas das menores, ofrecéndolles algún traballo ou axuda económica, normalmente a través dun bar, un espectáculo ou un grupo de baile. Unha vez que logran gañarse a súa confianza, lévanas a un establecemento da rede onde caen en mans do proxeneta.
  • Dentro das discotecas ou á saída das mesmas, traballan algúns ganchos destas redes. Poden actuar de dúas formas distintas: mediante un "chulo de discoteca" ou "guaperas", que seduce a algunha menor para despois ofrecerse a levala a casa ou a outro local, ou mediante outra menor obrigada a "captar" amigas baixo ameaza de morte ou violación. En ambos casos, os ganchos deben gañarse a confianza das menores e levalas ata un piso ou club da rede, ou, en último caso, introducilas no coche do proxeneta.
  • Os menores que se escapan de casa poden tamén terminar nunha destas organizacións. Segundo os datos manexados pola Garda Civil, desde 1992 o número de denuncias por desaparición multiplicouse por seis. O 10% ten menos de 10 anos. Estes casos sumados ós rexistrados desde 1986 e non resoltos supoñen varios miles de nenos e nenas desaparecidos.

Prostitución e inmigración ilegal

editar

Trata de brancas

editar

Son rapazas obrigadas a prostituírse, en moitos casos secuestradas e vendidas a outros países por medio do que sexa para prostituírse.

Aspectos sanitarios

editar

Xa que as prostitutas e os prostitutos manteñen habitualmente relacións cun elevado número de clientes, a prostitución asóciase coa dispersión de enfermidades de transmisión sexual. Entre estas, a SIDA é a que actualmente reviste un maior risco.

As respostas a este problema poden ser, ou ben intentar prohibir definitivamente a prostitución, ou establecer un rexistro das prostitutas e prostitutos encamiñado a que realicen controles médicos periódicos, ou animar de modo informal a prostitutas e prostitutos, e ós seus clientes, a utilizar medios de protección e a someterse a revisións médicas.

As dúas primeiras alternativas son consideradas frecuentemente inadecuadas. Prohibir a prostitución significaría convertela nunha actividade a escondidas, co que aumentarían aínda máis os problemas sanitarios, e tamén criminais. A segunda alternativa, consistente en levar un rexistro das prostitutas e prostitutos, convertería ó estado en cómplice desta actividade, e non solucionaría o control sanitario de todas aquelas persoas que traballan nesta profesión de forma oculta. En consecuencia, segundo moitos expertos só queda a terceira vía, que depende da vontade de tódolos implicados.

Personaxes ilustres

editar

Numerosas personalidades ó longo da historia recorreron ó servizo de prostitutas e/ou prostitutos, e mesmo algúns prestaron servizos sexuais remunerados. Destacan entre eles os seguintes:

  • Xulio César: líder político e militar da etapa final da República Romana. Famosa era a faladuría que corría polas rúas de Roma sobre a súa persoa: "é o home de tódalas mulleres e a muller de tódolos homes" (difundida por Curión). De feito, a súa especial relación con Nicomedes IV, rei de Bitinia, fixo ―segundo Suetonio― que se lle dedicaran outras lindeces como "rival da raíña e plancha interior do leito real", "corte de Nicomedes" e "prostituta bitiniana".

Ademais desta suposta bisexualidade, algúns escritos sinálano como puteiro. Segundo o historiador Suetonio «Tense por certo que [César] foi moi dado á incontinencia e que non reparaba en gastos para conseguir tales praceres, corrompendo considerable número de mulleres de familias distinguidas, entre as que se cita a Postumia, esposa de Servio Sulpicio; a Lollia, de Aulo Gabinio; a Tertula, de M. Crasso, como tamén a Mucia, de Cn. Pompeio [...] Pero a ningunha amou tanto como á nai de Bruto, Servilia, á que regalou durante o seu primeiro consulado unha perla que lle costara seis millóns de sestercios [...]. Non gardou máis respecto nas provincias do seu mando ó leito conxugal [...] Tivo tamén amores con raíñas, entre outras con Eunoé, esposa de Bagud, rei de Mauritania, e á que segundo refire Nasón, fixo o mesmo que ó seu marido, numerosos e ricos presentes; pero á que máis amou foi a Cleopatra, coa que frecuentemente prolongou festíns ata a nova aurora [...]. Tan desarranxadas eran, en fin, as súas costumes e tan ostensible a infamia dos seus adulterios, que Curión pai o chama nun discurso "marido de tódalas mulleres e muller de tódolos maridos"».

  • Tiberio: emperador romano que, de acordo con algúns escritos, foi un consumado voyeur, revolucionando este concepto e converténdoo nunha arte, como conta Suetonio: «Na súa quinta de Capri tiña unha habitación destinada ás súas desordes máis secretas, con leitos por todas partes. Un grupo elixido de mozas, de mozos e de disolutos, inventores de praceres monstruosos, e ós que chamaba os seus mestres de voluptuosidade (spintrias), formaban alí entre si unha tripla cadea, e entrelazados deste modo se prostituían na súa presenza para espertar, por medio deste espectáculo, os seus estragados desexos...».
  • Agripina a menor: imán do emperador Calígula. Este prostituíaa entre os seus favoritos, ademais de manter unha relación incestuosa con ela. Muller de gran beleza e ambición, tratou de gobernar a través do seu fillo Nerón - co que se lle atribúe outra relación incestuosa - ata que este a mandou asasinar por oporse a unha das súas relacións.
  • Mesalina: terceira esposa do emperador Claudio, deu rédea solta á súa ninfomanía, chegando a prostituírse baixo o alcume de Liscia, lanzando un reto ás demais prostitutas de Roma para ver cal delas podía atender a máis homes nun só día. O seu nome está asociado ó de muller libidinosa por antonomasia.
  • María Magdalena: a tradición católica sinala a esta santa como prostituta, ó identificala coa muller adúltera á que Xesús salva da lapidación (Jn 8:3-11). Porén, non existen evidencias textuais de ningún tipo que sosteñan esta teoría.
  • Michelangelo: Sentía paixón pola beleza do corpo, neste caso, masculino. Así o proban estatuas como o David, considerado por moitos como a quintaesencia da beleza física masculina. Chegou a contratar os servizos de mozos prostitutos, como un tal Febo di Poggio.
  • Henrique VI de Inglaterra: este monarca, aborrecido da súa esposa, adoitaba frecuentar outras compañías que lle proporcionaban un pracer renovado. O seu confesor, farto da reiteración do seu pecado, díxolle: "Non mostrades propósito de emenda, Sire, así que teño que recordarvos que é un requisito para a absolución que deixedes de visitar outros leitos que non sexan o voso conxugal". O monarca non respondeu nada, pero a partir de entón invitou a comer diariamente ó seu confesor, dando ordes ó seu cociñeiro para que ó clérigo sempre se lle servise perdiz. E así se fixo durante un mes, ata que o sacerdote amosou o seu cansazo ante a repetición do mesmo manxar. Ó que, sorrindo, Henrique IV replicou: "Agora vedes, reverendo pai, o que me sucede a min coa raíña."
  • Lois XIII de Francia: ó que lle buscaba amantes (prostitutas e non prostitutas) nada menos que o cardeal Richelieu.
  • Lois XIV de Francia: tamén chamado o "Rei Sol", buscábaas el mesmo dentro da corte, agasallándoas con toda clase de regalos.
  • Franz Schubert: músico brillante, que levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas, dos "ambientes populares", e tamén dos prostíbulos. De grande envergadura e pouco agraciado fisicamente, posiblemente buscase a compañía das prostitutas ó non ter éxito nos asuntos de amor. Morreu, como tantos outros xenios, de sífilis.
  • Prosper Mérimée: historiador e arqueólogo francés, que escribiu Carmen e outras narracións baseadas nos seus coñecementos de campo do "modus operandi" da putas andaluzas, quen lle deixaron profunda pegada.
  • Hugh Grant: actor estadounidense arrestado en 1995 por recibir sexo oral dunha prostituta, polo cal se desculparía despois nun programa de televisión.

Pódense consultar tamén as obras de Jen Parker, Khambalia e Rebekah Parker que obras?

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
INTERN 3
todo 5