Proteus mirabilis

Proteus mirabilis é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo anaerobia facultativa. Presenta mobilidade enxameante (móvense coordinadamente na superficie das placas forman colonias con determinadas figuras de círculos concéntricos) e actividade de urease. P. mirabilis causa o 90% de todas as infeccións por Proteus en humanos. Está amplamente distribuída no solo e auga.[1]

Proteus mirabilis que aparece como un bacilo gramnegativo na tinguidura de Gram vista con microscopio de campo brillante a un aumento de 1000x.

Diagnose

editar

Unha mostra de urina alcalina é un posible signo de P. mirabilis. Pode diagnosticarse no laboratorio pola súa característica mobilidade de enxameamento, e a incapacidade de metabolizar a lactosa (en placas de ágar MacConkey, por exemplo). Tamén produce un claro cheiro a peixe.

Doenzas

editar

Este bacilo ten a capacidade de producir altos niveis de urease, que hidroliza a urea a amoníaco (NH3), polo que fai que a urina se volva máis alcalina. Se non se trata, esta alcalinidade pode orixinar a formación de cristais de estruvita, carbonato de calcio, ou apatita, o que ten como resultado a formación de cálculos renais. As bacterias poden encontrarse nos cálculos, e estas bacterias que están axexando agochadas nos cálculos poden reiniciar a infección despois dun tratamento con antibióticos. Unha vez que se desenvolven os cálculos, co tempo estes poden crecer dabondo como para causar obstrución e insuficiencia renal. As especies de Proteus poden tamén causar infeccións, septicemias e pneumonías, principalmente en pacientes hospitalizados.[2]

Tratmento

editar

P. mirabilis xeralmente é susceptible á maioría dos antibióticos excepto a tetraciclina e a nitrofurantoína,[3] pero do 10 ao 20% das cepas de P. mirabilis son tamén resistentes a ampicilina e cefalosporinas de primeira xeración.[4]

Características

editar

P. mirabilis pode utilizar a urea. Produce o gas sulfuro de hidróxeno, e forma películas claras sobre medio de crecemento. É móbil, xa que posúe flaxelos peritricos, e coñécese pola capacidade de enxamearse. Atópase xeralmente nos tractos intestinais humanos. P. mirabilis non é patóxena en coello de Indias ou polos. É salientable a capacidade desta especie de inhibir o crecemento de cepas non relacionadas, o que ten como resultado unha liña macroscopicamente visible de redución do crecemento bacteriano onde se intersectan dúas cepas que se enxamean. Esta liña denomínase liña de Dienes en honor do seu descubridor Louis Dienes.

Probas bioquímicas que se realizan a este organismo, e resultado:

  1. "As bacterias da especie Proteus mirabilis están amplamente distribuídas no solo e na auga no ambiente natural. nos humanos, Proteus forma parte da flora normal intestinal...". Procedente de BioMedHTC Arquivado 26 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Proteus mirabilis and Urinary Tract Infection [1].
  3. O'hara CM, Brenner FW, Miller JM. Classification, identification, and clinical significance of Proteus, Providencia, and Morganella. Clin Microbiol Rev. 2000;13(4):534-46. [2] Arquivado 19 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine..
  4. Gonzalez, Gus; et al. "Proteus Infections Medication". Medscape. Consultado o 30 October 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Bibliografía

editar
  NODES