Pseudo Plutarco
Pseudo Plutarco é a denominación que se dá ao autor de varias obras literarias da Antiga Grecia, entre as que se atopan as seguintes:
- Vidas dos Dez Oradores.
- As doutrinas dos filósofos.
- Sobre a educación dos fillos.
- Sobre a música.
- Sobre os ríos.
- Sobre a vida e poesía de Homero.
Estas obras nalgún momento foron atribuídas a Plutarco de Queronea. Con todo, a maioría dos investigadores rexeitaron, por razóns de estilo, que as mencionadas obras poidan atribuírse a Plutarco e non se atopou un autor de nome coñecido ao que poder adscribilas.
Sobre a vida e poesía de Homero e Sobre a educación dos fillos considérase que pertencen ao século II.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pseudo Plutarco, Sobre la vida y poesía de Homero, introdución de Enrique Ángel Ramos Jurado. Madrid: Gredos, 1989, ISBN 84-249-1405-8.