Puck (lúa)
Puck é unha lúa interior do planeta Urano. Foi descuberta o 30 de decembro do 1985 pola sonda espacial Voyager 2.[6] O nome de Puck provén da mitoloxía celta e o folclore inglés. A órbita de Puck descansa entre os aneis de Urano e a primeira das grandes lúas de Urano, Miranda. Puck ten unha forma cuasi-esférica e un diámetro aproximado de 162 km.[2] Ten unha superficie escura inzada de cráteres, a cal amosa sinais de xeo de auga no seu espectro.[7]
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Stephen P. Synnott / Voyager 2 |
Descuberta en | 30 de decembro de 1985 |
Características orbitais | |
Radio orbital medio | 86.004,444 ± 0,064 km[1] |
Excentricidade | 0,00012 ± 0,000061 [1] |
Período orbital | 0,76183287 ± 0,000000014 d[1] |
Inclinación | 0,31921 ± 0,021° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Radio medio | 81 ± 2 km[2] |
Área superficial | ~82.400 km²[3] |
Volume | ~2.225.000 km³[3] |
Masa | ~2,9 x 1018 kg[3] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (asumida) |
Gravidade superficial | ~0,028 m/s2[3] |
Velocidade de escape | ~0,069 km/s[3] |
Período de rotación | sincrónica[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,11 ± 0,015 (xeométrico) 0.035 ± 0.006 (establecido) a 0,55 μm[4] |
Temperatura superficial | ~64 K[3] |
Magnitude aparente | 20,5 [5] |
Descubrimento e nomeamento
editarPuck—a lúa interior máis grande de Urano —foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 30 de decembro do 1985. Recibiu a designación temporal de S/1985 U 1.[8]
A lúa recibiría máis tarde o nome de Puck, que aparece na obra de William Shakespeare, A Midsummer Night's Dream, coma un trasgo que viaxa pola noite a través do globo acompañando ás fadas. Na mitoloxía celta e no folclore inglés, Puck era un trasgo falcatrueiro, imaxinado polo cristiáns coma un diaño. A lúa tamén foi designada coma Urano XV.[9]
Características físicas
editarPuck é a lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano, e orbita Urano nunha órbita inmediatamente máis interior cá de Miranda. Ten un tamaño intermedio entre Portia (a segunda lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano) e Miranda (a máis pequena das cinco lúas clásicas de Urano). A órbita de Puck está localizada entre os aneis de Urano e Miranda. Pouco máis se coñece de Puck, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de aproximadamente 81 km,[2] e o seu albedo xeométrico no espectro visible de aproximadamente 0,1.[4]
Das lúas descubertas polo equipo de imaxes da Voyager 2, só Puck foi descuberta o suficientemente cedo coma para reprogramar algúns dos equipos fotográficos da sonda para así poder obter imaxes con máis detalle.[6] As imaxes amosan a Puck cunha forma cuasi-esférica cun relación entre os eixos de 0,97 ± 0,04).[2] A súa superficie está inzada de cráteres[5] e é de cor gris.[2] Hai tres cráteres na superficie de Puck que recibiron nomes oficiais, o máis grande ten 45 km de diámetro.[6] Observacións feitas co Telescopio Espacial Hubble e con telescopios terrestres de grande alcance atoparon liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Puck.[4][7]
Non se coñecen nada da estrutura interna de Puck. Semella estar feita dunha mestura de xeo de auga con materiais escuros semellantes os atopados nos aneis de Urano.[7] Estes materiais probablemente sexan rochas ou compostos orgánicos. A ausencia de cráteres con sistemas de raios implicaría que non hai separación entre os xeos e o resto de compoñentes, e que tampouco están separados por capas, carecendo así dun núcleo e un manto con distintos tipos de materiais.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Calculado en base a outros parámetros
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
- ↑ 5,0 5,1 Thomas, P.; Veverka, J.; Johnson, T.V.; e o seu equipo. (1987). "Voyager observations of 1985U1". Icarus 72: 79–83. doi:10.1016/0019-1035(87)90121-7.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Smith, B.A.; Soderblom, L.A.; Beebe, A. e o seu equipo. (1986). "Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results". Science 233: 97–102. PMID 17812889. doi:10.1126/science.233.4759.43.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Dumas, Christophe; Smith, Bradford A.; e Terrile, Richard J. (2003). "Hubble Space Telescope NICMOS Multiband Photometry of Proteus and Puck". The Astronomical Journal 126: 1080–1085. doi:10.1086/375909.
- ↑ Smith, B.; Hansen, C. (16-01-1986). Unión Astronómica Internacional, ed. "IAU Circular No. 4159". Consultado o 06-08-2006.[Ligazón morta]
- ↑ USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Puck Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Page that includes a reprocessed version of the Voyager Puck image (en inglés)