Que fermoso é vivir
Que fermoso é vivir (en inglés: It's a Wonderful Life) é un filme estadounidense producido e dirixido por Frank Capra que se estreou en 1946. Baséase no conto «The Greatest Gift», que Philip Van Doren Stern escribiu en 1939 e publicou de forma privada en 1945.[2] Está considerado como un dos filme máis populares do cinema americano e por mor das continuas emisións a través da televisión, está considerado un filme tradicional do Nadal.
Que fermoso é vivir | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | It’s a Wonderful Life! |
Director | Frank Capra |
Produtor | Frank Capra |
Guión | Frances Goodrich Albert Hackett Frank Capra |
Baseado en | «The Greatest Gift» de Philip Van Doren Stern |
Intérpretes | James Stewart Donna Reed Lionel Barrymore Thomas Mitchell Henry Travers Beulah Bondi Ward Bond Frank Faylen Gloria Grahame |
Música | Dimitri Tiomkin |
Fotografía | Joseph Walker |
Montaxe | William Hornbeck |
Estudio | Liberty Films |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 20 de decembro de 1946 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, romance, familiar, fantástico |
Orzamento | $3 180 000 |
Recadación | $3 300 000[1] |
Na rede | |
http://paramount.com/movies/its-wonderful-life | |
|
Está protagonizado por James Stewart que interpreta a George Bailey, un home que abandonou os seus soños para axudar a outros e que está a piques de se suicidar na véspera do Nadal. Isto provoca a intervención do seu anxo da garda, Clarence Odbody (Henry Travers). Clarence amosa a George todas as vidas que cambiou e como sería a vida de Bedford Falls se el nunca chegase a nacer.
Sinopse
editarGeorge Bayle é un home íntegro que se ve obrigado tras o pasamento do seu pai a asumir a dirección dunha compañía de empréstitos. O seu soño era moi distinto, pois anhelaba ir á Universidade, construír pontes e edificios, viaxar e coñecer xente... pero antepuxo o deber as súas inquedanzas e deulle o diñeiro ao seu irmán, Harry, para que fose el quen estudase coa condición de que ao retornar ocuparía o seu cargo de secretario executivo e así George puidese ir á Universidade. Finalmente o seu irmán converteuse nunha estrela de fútbol, casou e conseguiu un bo posto na área de investigación. A George non lle pareceu ético pedirlle a Harry que se encargase da cooperativa e asumiu que tiña que continuar á fronte do pequeno banco local.
Potter controlaba todos os negocios da vila de Beldford Falls agás a compañía de Bayle. George Bayle casou con Mary, unha rapaza que estaba namorada del dende que eran pequenos. Cando marchaba á súa lúa de mel, viron que o seu negocio tiña as portas pechadas. O Banco Central reclamaba todo o seu préstamo e tiveron que darlle todo o efectivo dispoñible sen lograr saldar a débeda. O pánico estendeuse por toda a cidade e a xente reclamaba a Bayle o seu diñeiro, que el non podía facilitar.
Nese momento Potter fixo movementos para acabar co negocio de Bayle. Chamouno para informarlle que garantía os pagos para que o banco puidese abrir as portas de novo a cambio de pasar a ser o dono do local. Se os clientes lle levaban as súas accións, Potter pagaríalles 50 centavos por dólar. A xente, presa do desconcerto inclinábase pola oferta de Potter fronte á posibilidade de quedar sen nada, pero George Bayle conseguiu convencelos para que non se fiasen de Potter, que se estaba a aproveitar do pánico. Bayle argumentou que se Potter se fixese co control do banco, non podería outorgar préstamos, polo que decide repartir o diñeiro da lúa de mel cos seus clientes para que poidan aguantar ata que se solucione o problema.
Os intentos de destrución seguiron, e trala segunda guerra mundial, o día da condecoración do seu irmán, véspera da Noiteboa, George Bayle pensa en suicidarse. Bayle tiña un seguro de vida, polo que se a súa familia o cobrase solucionaría o problema económico. Os problemas empeoraran cando o seu tío Billy, que fora facer un ingreso de 8000 dólares, se atopara con Potter e nun descoido, lle entregara o sobre coa devandita cantidade de dólares. Cando ía efectuar o ingreso decátase de que non posúe o diñeiro porque non atopa o sobre e para máis, a compañía de empréstitos recibe a visita dun Inspector de Facenda, para supervisar as contas. Se o inspector descubría o descuberto na caixa, sería acusado de malversación de fondos, estafa e abuso de confianza polo que ninguén o libraría do cárcere. Desesperado, Bayle pídelle diñeiro a Potter, ao xuro que fose. O magnate ri del e avísalle que filtrou o escándalo a prensa. Cando está a piques de lanzarse o río, aparece un anxo da garda e móstralle como sería o mundo se el nunca existise. Descobre que a cidade non se chamaría Beldford Falls senón Potterland, e nela todo eran bares, luces e dispendio e que os seus amigos se atoparían sumidos nunha mala situación económica e na infelicidade.
Vendo a situación, prefire continuar vivindo e afrontar o problema. A súa muller, Mary, encárgase de acudir aos seus amigos e entre todos recadan os cartos que lle fan falla para aboar a débeda.
Personaxes
editar- James Stewart como George Bailey
- Donna Reed como Mary Hatch Bailey
- Henry Travers como Clarence Odbody
- Lionel Barrymore como Mr. Henry F. Potter
- Thomas Mitchell como Tío Billy Bailey
- Beulah Bondi como Ma Bailey
- Frank Faylen como Ernie Bishop
- Ward Bond como Bert
- Gloria Grahame como Violet Bick
- H. B. Warner como Mr. Gower
- Frank Albertson como Sam «I-A» Wainwright
- Todd Karns como Harry Bailey
- Samuel S. Hinds como Peter «Pop» Bailey
- Lillian Randolph como Annie
- Virginia Patton como Ruth Dakin Bailey
- Mary Treen como Curmá Tilly
- Charles Williams como Curmán Eustace
- Sarah Edwards como Mrs. Hatch
- Harold Landon como Marty Hatch
- William Edmunds como Mr. Giuseppe Martini
- Argentina Brunetti como Mrs. Martini
- Sheldon Leonard como Nick
- Bobby Anderson como Little George Bailey
- Jean Gale como Little Mary Hatch
- Jeanine Ann Roose como Little Violet Bick
- George Nokes como Little Harry Bailey
- Frank Hagney como Potter's mute aide
- Karolyn Grimes como Zuzu Bailey
- Larry Simms como Pete Bailey
- Carol Coomes como Janie Bailey
- Jimmy Hawkins como Tommy Bailey
Premios
editarNa 19ª edición dos Óscar o filme foi candidato a cinco premios: Mellor filme, director, actor (James Stewart), montaxe e son,
Notas
editar- ↑ Willian 2006, p. 4.
- ↑ American Film Institute (ed.). "AFI's 100 YEARS...100 MOVIES 10TH ANNIVERSARY EDITION". Consultado o 2012-07-15.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Que fermoso é vivir |
Ligazóns externas
editar- Que fermoso é vivir na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)