Río Bibei

curso fluvial do noroeste da península Ibérica

O río Bibei é un afluente do Sil pola esquerda da súa marxe, que á súa vez é un afluente do Miño pola súa marxe esquerda. O seu percorrido de 97 km transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo. A superficie da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 1.561 km².

Modelo:Xeografía físicaRío Bibei
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de Zamora, España, provincia de Ourense, España e Provincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPico Moncalvo Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónQuiroga Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Sil Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°22′33″N 7°13′51″O / 42.37586, -7.23079
42°23′38″N 7°13′04″O / 42.393961, -7.217669
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións97 (lonxitude) km
Medicións
Caudal2.127 m³/s Editar o valor en Wikidata
Val do Bibei en Viana do Bolo.

Topografía

editar

Fontes

editar

O Bibei nace no concello de Porto, a partir da xuntura de dous regatos da ladeira setentrional do Moncalvo (2.044 m) co regato de Piatorta, a 1.590 m de altitude. Este regato provén dunha golada entre o alto do Torno (Serra Segundeira) e os contrafortes meridionais de Pena Trevinca (Serra do Eixe), na cal se sitúan as pequenas lagoas de Piatorta ou Piornais. Esta paraxe, a 1.870 m, separa a vertente do Bibei (cara ao oeste, que forma parte da conca do Sil-Miño) e a vertente do Tera (cara ao leste, na conca do Esla-Douro).

Percorrido

editar
 
O río Bibei ao seu paso polas Ermidas, O Bolo.

Baña inicialmente parte da comarca zamorana da Seabra, onde atravesa a localidade de Porto. Logo de marcar un sentido N-S, pouco despois desta última localidade vira cara ao norte, formando unha ampla elipse. Cruza partes das comarcas ourensás do Bolo e Trives, ata unirse ao Sil, pola esquerda, case en fronte de Montefurado, xa na provincia de Lugo. Así o Bibei percorre os municipios de Porto, Viana do Bolo, O Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives, todas en Ourense, e Ribas de Sil e Quiroga en Lugo.

No seu tramo final serve de linde entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga.

Afluentes

editar

Os afluentes máis importantes, pola esquerda, son o Camba, que se lle xunta en Viana do Bolo, o Conso, o San Miguel e o Navea. O Xares é o máis importante pola dereita. Todos eles dentro da Galiza.

Réxime hídrico

editar

O Bibei é o maior do ríos galegos que mostra un réxime de tipo pluvio-nival. Isto é debido ao carácter montuoso da súa cunca, que atinxe o punto máis alto na Pena Trevinca, con 2.127 msnm, onde nace o río Xares.

Historia

editar
 
Ponte do Bibei.

A Vía Nova, ou Vía XVIII, a calzada romana que unía Braga con Astorga, atravesa o Bibei no linde entre os concellos de Trives e Quiroga. Nese punto construíuse a denominada Ponte do Bibei, unha ponte romana erguida en época de Traxano, que constitúe un dos mellores exemplares de enxeñería viaria antiga conservado na Galiza.

Natureza

editar

Topografía

editar

Dado o tipo de relevo que atravesa, que inclúe na cunca as cimas máis elevadas da Galiza, o Bibei flúe encaixado profundamente na maior parte do seu percurso, só no val do Bolo se abre algo.

A situación xeral da cunca englóbase entre o límite da rexión Eurosiberiana e a Mediterránea. Na zona máis oriental o bosque predominante é o dominio das quercíneas, como as aciñeiras (Quercus ilex), os acivros (Ilex aquifolium) ou as sobreiras (Quercus suber), aos que acompañan outras especies como érbedos (Arbutus unedo) e os cancereixos (Sorbus aucuparia), con relictos de carballos e rebolos (Quercus robur, Quercus pyrenaica), loureiros (Laurus nobilis) e acerollos (Prunus lusitanica).

As quercíneas alternan con paisaxes influídos antropicamente non vales baixos, aparecendo mesturados con castiñeiros (Castanea sativa) ou formando estas concentracións maiores ou menores. A degradación das quercíneas evoluciona nas zonas medio altas formando extensas áreas de uces (Ulex, Calluna), xestas e codesos (Cytisus). Nas zonas baixas poden aparecer plantas odoríferas como a estepas (Cistus ladaniferus), a lavanda (Lavandula stoechas) ou o cantroxo.

Hai ademais unha serie de endemismos, ás veces propios de altura, como o piorno espiñento (Genista sanabrensis) ou a xanzá (Gentiana lutea).

A fauna propiamente fluvial é dominio da troita (Salmo trutta). Hai tamén mamíferos acuáticos, dos que deben destacarse os musgaños acuáticos (Glamys pyrenaica) e as lontras (Lutra lutra).

Nos terreos da cunca subsisten aínda grandes mamíferos, como o corzo (Capreolus capreolus), o xabaril (Sus scrofa), o raposo (Vulpes vulpes) e o lobo (Canis lupus).

Das aves, a máis emblemática é a aguia real (Aquila chrysaetos), en perigo de extinción, e a perdiz charra (Perdix perdix), que só aparece en grande altura.

Intervención humana

editar

Construcións

editar

A actuación agrícola deixou a súa pegada nas ladeiras do Bibei nos concellos do Bolo e Trives. As abas do val foron modificadas coa edificación de socalcos, para aterrazar as pendentes, onde se cultivan videiras.

Aproveitamento

editar
 
Encoro do Vao.

A cunca do Bibei é unha das máis explotadas electricamente. En 1944 a empresa Minero Siderúrgica de Ponferrada adquiriu as concesións hidráulicas do río, e en 1945 traspasoullas á empresa Saltos del Sil. Sobre o propio río hai cinco encoros: o de San Sebastián, o de Pías, o de Santo Agostiño, o do Vao/Ponte Bibei e o de Montefurado. Nos seus afluentes hai outros once: os de Prada e Santalla/Santiago no río Xares; o das Portas no río Camba e o de Soutelo no seu afluente o río Cenza; o de Hedrada no río Conso; os de Cernado e San Miguel no río San Miguel; e os de Chandrexa, Guístolas, San Cristovo e Pontenova no río Navea.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
admin 2
todo 2