O río Irtysh (en ruso: 'Иртыш'; en kazako: 'Ертіс'; en tártaro İrteş / Иртеш) é un río da Asia Central, o maior afluente do río Obi. O seu nome significa Río Branco. Na verdade o Irtysh é mais longo que o río Ob, se se considera só a distancia dende o nacemento ata a confluencia. O principal afluente do Irtysh é o río Tobol. Os ríos Obi e Irtysh forman unha das maiores bacías hidrográficas de Asia, que conta con gran parte da Siberia Occidental e dos Montes Altai.[1]

Modelo:Xeografía físicaRío Irtysh
Imaxe
Tiporio internacional (pt) Traducir
río Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
División administrativaKhantia-Mansia, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMongolian Altai (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaKhantia-Mansia, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónKhanty-Mansiysk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Obi Editar o valor en Wikidata
Mapa
 47°24′52″N 90°12′56″L / 47.414528, 90.215544
61°04′50″N 68°49′50″L / 61.0806, 68.8306
Afluentes
98
Conca hidrográficaIrtysh basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións4.248 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.643.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal3.000 m³/s Editar o valor en Wikidata

Case todo o río é navegábel entre abril e outubro, cando a superficie non se atopa conxelada e polo río navegan barcos de pasaxeiros e de carga. A cidade de Omsk posúe o maior porto fluvial da Siberia Occidental. As importantes centrais hidroeléctricas en Öskemen (1952) e en Bakhtarminsk (1959), preto da fronteira entre Kazakhstán e a China, empregan as augas do Irtysh.

O río alimenta o canal Irtysh-Karaganda que irriga as áridas estepas do Kazakhstán.

Historia

editar

Varios pobos mongois e turcos ocuparon as ribeiras do río durante séculos. Nos séculos XV e XVI, os cursos medio e baixo do Irtysh estaban dentro do kanato tártaro de Sibir, conquistado polos rusos na década de 1580. No século XVII, o kanato de Zungaria, formado polo pobo mongol dos oirat, converteuse no estado veciño do sur de Rusia, e controlou a parte alta do Irtysh. Mentres tanto, fundáronse as cidades rusas de Omsk (1716), Semipalatinsk (1718), Ust-Kamenogorsk (1720) e Petropavlovsk (1752).

O Imperio Qing conquistou o estado de Zungaria na década de 1750. A fronteira entre o Imperio Ruso e os Qing (actual fronteira entre Rusia e Kazakhstán no norte e entre Mongolia e a China no sur) estableceuse no século XIX.

Referencia cultural

editar

O río Irtysh serve de fondo ao epílogo da novela de 1866 de Fiódor Dostoievski Crime e castigo.

  1. Abramof, A. (1865). The lake Nor-Zaysan and its neighborhood. Journal of the Royal Geographical Society of London 35. traducido por John Michell. pp. 58–69. JSTOR 3698078. doi:10.2307/3698078. 

Véxase tamén

editar
  NODES
admin 2
INTERN 1
todo 2