Río Oder
O Oder (en alemán Oder, en polaco e checo Odra, sorabo Wodra) é un río europeo de 866 km de lonxitude, que atravesa a República Checa, Polonia e máis Alemaña, até desaugar no mar Báltico.
(cs) Odra (pl) Odra (de) Oder | |||||
Tipo | río río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | República Checa, Polonia e Alemaña | ||||
División administrativa | Brandeburgo, Alemaña, Opole, Polonia, Baixa Silesia, Polonia, Voivodato de Silesia, Polonia, Voivodato de Lubusz, Polonia, Voivodato de Pomerania Occidental, Polonia, Olomouc, República Checa (pt) e Rexión de Moravia-Silesia, República Checa | ||||
Localización | Q110016523 | ||||
Final | |||||
Localización | Mar Báltico e Lagoa de Szczecin | ||||
Desembocadura | Mar Báltico | ||||
| |||||
Conéctase con | Q124728109 | ||||
Afluentes | 89 | ||||
Conca hidrográfica | conca fluvial do Óder | ||||
Características | |||||
Dimensións | 854 () km Polonia: 742 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 125.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 480 m³/s | ||||
Actividade | |||||
Premios | Dinosaur of the Year (en) (2022) | ||||
Percorrido
editarTomando o seu nacemento desde a fonte do seu afluente, o Warthe, a lonxitude sería de 1.045 km. Dos 854 km de percorrido do río, aproximadamente 112 km transcorren na República Checa e 742 km en Polonia (dos que 187 km marcan fronteira entre este país e Alemaña). Dos 118.861 km² da área da conca hidrográfica do Oder, corresponden 106.056 a territorio polaco (89 %), 7.217 km² á República Checa (6 %), e 5.587 km² a Alemaña (5 %).
O Oder nace en Fidlův Kopec (en alemán Lieselberg) nos Alpes Moravos (Odergebirge), un ramal da cadea dos Montes Sudetes, na República Checa, non lonxe da cidade de Olomuc (alemán Olmütz). Desde aí diríxese para o norte, sinalando, en parte, augas abaixo de Ostrava (alemán Ostrau) os límites entre a Moravia checa e a Silesia polaca. Unha vez na Silesia, toma, paulatinamente, en dirección para noroeste, atravesando entre outras a importante cidade de Wrocław (a antiga Breslau dos alemáns).
En Ratzdorf recibe as augas do Neisse (polaco Nysa), que desde o norte de Guben marca a fronteira entre Polonia e Brandeburgo. Desde aí, xa o Oder sinala a fronteira con Alemaña até as proximidades de Schwedt. Neste tramo pasa polas cidades de Frankfurt an der Oder, Słubice e Kostrzyn nad Odrą (Küstrin en alemán). Entre Schwedt e Gartz o Oder divídese en dous brazos: o Oder Occidental (polaco Odra Zachodnia) e Oder Oriental (Odra Wschodnia). O primeiro marca a fronteira desde Mescherin, mentres o segundo corre polo territorio polaco. A pendente, nos derradeiros 30 km do río até Szczecin (alemán Stettin), é apenas dalgúns centímetros. Atravesa Police e desemboca no Mar Báltico, no que os alemáns chaman Golfo de Stettin (Stettiner Haff).
Afluentes
editarO Oder ten numerosos afluentes, dos que sen dúbida destaca o Warta, cos seus 808 km. Velaí unha lista, na que se indica en primeiro lugar o nome alemán, e a continuación en linguas eslavas (checo e polaco); indícase tamén a lonxitude:
Pola esquerda
- Oppa (ch. Opava, pol. Opawa): 109,2 km
- Zinna (pol. Psina): 50 km
- Hotzenplotz (ch. Osoblaha, pol. Osobłoga): 96 km
- Glatzer Neiße (pol. Nysa Kłodzka): 195 km
- Ohle (pol. Oława): 91,7 km
- Lohe (pol. Ślęza): 78,6 km
- Schweidnitzer Weistritz (pol. Bystrzyca Świdnicka): 95 km
- Katzbach (pol. Kaczawa): 98 km
- Bober (pol. Bóbr): 268 km
- Lausitzer Neiße (ch. Lužická Nisa, pol. Nysa Łużycka): 252 km
- Welse
- Alte Oder: 49 km
- Gunica
Pola dereita:
- Olsa (ch. Olše, pol. Olza): 83 km
- Raude (pol. Ruda): 50 km
- Birawka (pol. Bierawka): 50 km
- Klodnitz (pol. Kłodnica): 76 km
- Malapane (pol. Mała Panew): 132 km
- Weide (pol. Widawa): 103 km
- Bartsch (pol. Barycz): 133
- Pleiske (pol. Pliszka): 56 km
- Eilang (pol. Ilanka): 52 km
- Warthe (pol. Warta): 808 km
- Mietzel (pol. Myśla): 96 km
- Kuritz (pol. Kurzyca)
- Röhrike (pol. Rurzyca)
- Thue (pol. Tywa)
- Ihna (pol. Ina): 128 km
Navegabilidade
editarO Oder é navegábel nunha gran parte do seu percorrido, tan lonxe, augas arriba, como até Koźle, onde o río se conecta ao Canal Gliwicki. O curso superior do río está canalizado, o que permite a navegación de grandes barcazas entre os grandes lugares industriais da área de Wrocław.
No curso inferior, o río é de curso libre desde as cidades de Eisenhüttenstadt (onde un canal une o Oder co Spree en Berlín) e Frankfurt (Oder). Augas abaixo de Frankfurt, o río Warta constitúe unha vía navegábel con Poznań e Bydgoszcz para embarcacións menores. En Hohensaaten o canal Havel-Oder-Wasserstrasse conecta, de novo, o río con augas de berlinesas.
Espazos protexidos
editarNo curso baixo do Oder hai un parque nacional, no lado alemán, o Parque Nacional do Baixo Val do Oder (Nationalpark Unteres Odertal) con 10.500 ha de superficie, e dúas zonas protexidas no lado polaco con 6.000 (Park Krajobrazowy Dolina Dolnej Odry) e 30.850 ha. (Cedynski Park Krajobrazowy).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Oder |