RMS Majestic (1890)
O RMS Majestic foi un transatlántico construído en 1890 e operado pola White Star Line. Xunto coa súa nave irmá, o RMS Teutonic, foi un dos últimos barcos da White Star Line en recibir o Reberete Azul, o premio á travesía máis rápida do Atlántico Norte.
RMS Majestic | |
---|---|
Historial | |
Estaleiro | Harland and Wolff, Belfast, Reino Unido |
Clase | Teutonic |
Tipo | Transatlántico |
Operador | White Star Line |
Porto de rexistro | Liverpool |
Botado | 29 de xuño de 1890 |
Viaxe inaugural | 2 de abril de 1890 |
Baixa | 5 de maio de 1914 (despedazamento) |
Características xerais | |
Desprazamento | 9 965 toneladas |
Eslora | 177,8 m |
Manga | 17,6 m |
Velocidade | Máxima: 20 nós |
Capacidade | 1490 pasaxeiros |
Traxectoria
editarFeito nos estaleiros de Harland and Wolff en Belfast, o Majestic comezouse a construír en 1889. O barco pasou os seguintes nove meses en dique seco antes de ser entregado á White Star Line en marzo de 1890. A White Star Line solicitara fondos para a súa construción e a do seu xemelgo o RMS Teutonic ó goberno británico, proposta que foi aceptada coa condición de que a Royal Navy dispuxera dos dous barcos en tempos de guerra.
O 2 de abril de 1890, o Majestic partiu na súa primeira viaxe entre Liverpool e Nova York. Esta primeira viaxe, realizada en seis días e dez horas, foi o motivo polo cal recibiu o Reberete Azul á nave máis rápida en cruzar o Atlántico. Mérito que mantivo só dúas semanas, cando o seu irmán retiroullo.
En 1895, un novo capitán é asignado ao Majestic. Este é Edward John Smith, quen máis tarde fora capitán do RMS Titanic.
O Majestic retirouse en 1911 quedando na Reserva Birkenhead Bidston. Cando o Titanic afundiu o 15 de abril de 1912, o Majestic volveu a entrar en servizo para cubrir o baleiro.
En 1914 foi vendido por 26.700 libras á empresa Thomas Ward de Morecambe para ser despezado.