Ramón García Vázquez

político galego

José Ramón García Vázquez, nado en Betanzos o 18 de marzo de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaRamón García Vázquez
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Betanzos
2011 – 2018 (dimisión)
← María Dolores FaraldoMaría Barral Varela → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Betanzos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Incorporouse á política brigantina nas eleccións municipais de 1987, como número 8 da lista do PSdeG-PSOE encabezada por Manuel Lagares Pérez. A vitoria do seu partido permitiulle ser investido como concelleiro e facerse cargo da área de acción rural. Volveu ser elixido concelleiro en todas as eleccións municipais, sempre nas listas do partido socialista, e ocupou diversos cargos na administración local.

Logo da perda da alcaldía polos socialistas nas municipais de 2007, e a posterior dimisión do seu cabeza de lista en novembro dese ano, asumiu a función de portavoz do seu partido na oposición, para posteriormente concorrer ás municipais de 2011 como cabeza de lista e candidato a alcalde. Os seis concelleiros obtidos, unidos aos dous do BNG e ao único logrado polos independentes Cidadáns por Betanzos, permitíronlle formar goberno en minoría e ser investido alcalde o 11 de xuño[1]. Revalidou a alcaldía nas municipais de 2015, subindo a 7 concelleiros e gobernando en minoría.

O 17 de xullo de 2018 presentou a súa dimisión por motivos de saúde[2], polo que foi substituído pola súa número 2 María Barral Varela.


Predecesor:
María Faraldo
  
Alcalde de Betanzos
 
2011 - 2018
Sucesor:
María Barral Varela

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 1