Ramiro Moure Ansoar

político galego

Ramiro Moure Ansoar, nado en Taboada en 1958, é un funcionario de prisións e político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaRamiro Moure Ansoar
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Taboada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Taboada
2009 – 2023
← José Jesús Ramos LedoRoi Rigueira Agromartín → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Taboada Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, axente penitenciario Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Traballou de mestre industrial e funcionario de Institucións Penitenciarias.[1] Na súa xuventude estivo vinculado a distintas iniciativas asociativas e culturais da vila, chegando a presidir a Asociación Cultural O Carballo.

Concelleiro do PPdeG en Taboada, cando en xullo de 2009 José Jesús Ramos Ledo renunciou á alcaldía para ser Xefe territorial da Consellería de Educación, foi elixido alcalde.[2] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Taboada e foi elixido alcalde con maioría absoluta. De novo, revalidou a maioría absoluta nas municipais de 2015 e 2019.

Nas eleccións municipais de 2023, a súa candidatura caeu até os 4 concelleiros, por 4 do PSdG-PSOE e 3 do BNG, que accederon ao goberno municipal en coalición.[3]

  1. M.F., X. (17 de febreiro de 2019). "Ramiro Moure, candidato a revalidar a alcaldía do PP en Taboada". xornaldelemos.gal. Consultado o 14-9-2019. 
  2. "Ramiro Moure fue elegido nuevo alcalde de Taboada tras la renuncia de José Ramos en un pleno emotivo". 7/7/2009. Consultado o 1/3/2021. 
  3. "PSOE y BNG firman en Taboada su acuerdo para compartir gobierno". 23/6/2023. Consultado o 11/7/2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
José Jesús Ramos Ledo
  
Alcalde de Taboada
 
2009 - 2023
Sucesor:
Roi Rigueira Agromartín
  NODES
os 18
todo 1