Ramsi Karmu
sacerdote católico iraniano
(Redirección desde «Ramzi Garmou»)
Ramsi Karmu[1] (en árabe: رمزي كرمو), nado en Zaxo (Iraq) o 5 de febreiro de 1945, é un eclesiástico católico caldeo, dende 1999 arcebispo metropolitano de Teherán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1945 (79 anos) Zaxo, Iraq |
Arcebispo católico | |
22 de decembro de 2018 – 2022 ← Paul Karatas (en) – Sabri Anar (en) → Diocese: Chaldean Catholic Archeparchy of Diyarbakir (en) | |
Arcebispo católico | |
7 de febreiro de 1999 – 22 de decembro de 2018 ← Youhannan Semaan Issayi (en) – Imad Khoshaba Gargees (pt) → Diocese: Chaldean Catholic Metropolitan Archdiocese of Tehran (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1996–), sacerdote católico (1977–) |
Consagración | Rafael I Bidawid |
Traxectoria
editarRamsi Karmu naceu en Zaxo, unha cidade con moita poboación asiria, no Kurdistán iraquí. O 13 de xaneiro de 1977 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Teherán.
O 5 de maio de 1995 foi nomeado arcebispo coadxutor de Teherán. Recibiu a consagración episcopal o 25 de febreiro de 1996, de mans do patriarca de Babilonia Rafael I.
O 7 de febreiro de 1999 sucedeu a Yuhana Siman Isai como arcebispo metropolitano de Teherán.
O 20 de xullo de 2013 foi nomeado visitador apostólico para os caldeos de Europa, cargo que exerceu até o 19 de novembro de 2016.
Notas
editar- ↑ Tamén coñecido como Ramzi Garmou.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Yuhana Siman Isai |
Arcebispo metropolitano de Teherán 1999 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Filip Naxim |
Visitador apostólico dos caldeos en Europa 2013 - 2016 |
Sucesor: Sad Sirub |