Reacción endotérmica

Denomínase reacción endotérmica a calquera reacción química na que ten lugar unha absorción de calor.

A reacción contraria denomínase exotérmica.

Dende o punto de vista termodinámico, unha reacción endotérmica é aquela que transcorre con aumento de entalpía, aquela na que ΔH>0, É dicir, aquela reacción na que debido á absorción de enerxía o contido enerxético dos produtos é maior que o dos reactivos.

onde Hprodutos maior que Hreactivos

A ecuación termoquímica do exemplo que segue indícanos que cando un mol (60 gramos) de dióxido de silicio (sólido), se descompón dando un mol de silicio (28 gramos) e un mol de osíxeno (22,4 L de gas medidos en condicións normais), absorbe unha calor de 858570 J; son precisos 558570 J de calor para descompoñer un mol de SiO2. O feito de ser calor absorbida indícase co signo mais; ΔH>0

SiO2 (s) → Si (s) + O2 (g) ; ΔH= +858,57 kJ

É importante dicir que as reaccións endotérmicas ao absorber calor poden ser útiles e prácticas nalgúns casos, por exemplo, ao querer arrefriar un lugar.

  NODES
todo 1