Real Casa da Moeda de Segovia
A Real Casa da Moeda de Segovia, tamén coñecida como o Enxeño de Segovia, é un edificio construído nesa cidade de Castela e León no século XVI para establecer nel a primeira casa de moeda mecanizada de España.[1][2]
Real Casa da Moeda de Segovia | |
---|---|
Complexo arquitectónico da Real Casa da Moeda de Segovia | |
Tipo | Real Casa de Moeda |
Fundación | 1586 |
Matriz | Reino de España |
Localización | Segovia España. |
Fundador | Filipe II de España. |
Persoas clave | Arquitecto: Juan de Herrera. |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas |
Notas | |
- Ben de Interese Cultural. - Ben Industrial de España. | |
Na rede | |
https://turismodesegovia.com/es/casa-de-moneda | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ceca estivo en funcionamento ata 1869, cando pechou, xunto coa Real Casa da Moeda de Xuvia e as demais que operaban en España, agás a de Madrid, onde se centralizou a fabricación de moeda española.[1]
A marca de ceca que identificou tradicionalmente as moedas cuñadas na Real Casa da Moeda de Segovia foi unha representación do acueduto, agás nas derradeiras emisións de Isabel II, de 1866 a 1868, cando foi substituída por unha estrela de tres puntas.[3][4]
Historia
editarA orixe do Enxeño de Segovia remóntase a finais de 1580, cando Filipe II ordenou que se adoptase unha nova técnica de cuñaxe de moedas baseada no uso dun rolete. A Real Casa da Moeda de Segovia está recoñecida como un dos edificios de arquitectura industrial máis antigos de toda Europa. Foi a primeira casa da moeda mecanizada de España e tamén a primeira que pertenceu directamente á coroa. Coñecida tamén como Real Enxeño de Segovia, foi unha ceca moi innovadora no seu tempo, nun edificio deseñado para albergar unha moderna maquinaria, coñecida como "enxeño", así como os diversos departamentos do proceso industrial. O novo sistema de fabricación producía moedas en serie de xeito mecanizado, o que converteu a ceca en precursora con máis de douscentos anos de adianto ás modernas factorías da Revolución Industrial.[1][5]
Esta tecnoloxía renacentista consistía nun sistema de laminación e cuñaxe mediante enxeños movidos por rodas hidráulicas. A técnica fora inventada en Augsburgo en 1550 e antes da súa implantación en Segovia utilizárase xa noutras cidades europeas. A máquina construída en Burg Hasegg, Hall in Tirol (Austria) levouse cara a Segovia no maior convoi industrial que se coñecía ata aquel momento.[1]
O deseño desta vangardista fábrica débese a Juan de Herrera, un dos arquitectos máis influentes da historia de España, quen o levou a cabo xunto con outros arquitectos austríacos.[1] O edificio áchase na marxe esquerda do río Eresma, moi próximo ao mosteiro de Santa María del Parral.[6]
Na actualidade é posible visitar o monumento e realízanse visitas guiadas.[7]
O 8 de xuño de 2000 o conxunto arquitectónico foi declarado Ben de Interese Cultural, mediante un decreto publicado no Boletín Oficial de Castela e León o día 12 dese mesmo mes.[8]
Museo
editarNo edificio da antiga casa da moeda hai un museo no que se reflicte a propia traxectoria das instalacións, con diversas salas nas que se presenta a historia do diñeiro e as diferentes épocas de cuñaxe de moeda na cidade con anterioridade ao establecemento da Real Casa de Moeda, xa coas primeiras emisións de moeda romana, e as medievais da ceca vella de Segovia.[9]
Pódese ver tamén a maquinaria utilizada na Real Casa nas diferentes etapas da cuñaxe e obxectos relacionados cos oficios que nela se exercían (tesoureiro, afinador, tallador, ensaiador etc.), así como unha mostra de moedas reais cuñadas na propia fábrica de moeda en diversas etapas.
-
Real de oito de Segovia de 1590.
-
8 marabedís de Segovia de 1837.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Casa de Moneda Arquivado 18 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". En Casamonedasegovia.es
- ↑ "La Ceca de Segovia". En eNumismatic
- ↑ "El Acueducto, marca de Ceca Arquivado 19 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". Casamonedasegovia.es
- ↑ Martínez.J. (2016). "Isabel II y sus diferentes marcas de Ceca Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". En Numismático Digital. 5 de mayo.
- ↑ "La máquina de dinero perfecta está en Segovia". En ABC. 20 de abril de 2015.
- ↑ "Historia del edificio Arquivado 19 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". En Casamonedasegovia.es
- ↑ "Visitas guiadas a la Real Casa de Moneda Arquivado 02 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.". En Casamonedasegovia.es
- ↑ "Decreto 137/2000 do 8 de xuño". Boletín Oficial do Estado.
- ↑ "Museo: exposición permanente Arquivado 19 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". Casamonedasegovia.es
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real Casa da Moeda de Segovia |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Cillanueva de Santos, M. A. (2011). La construcción del Real Ingenio de la Moneda de Segovia, a través de sus cuentas. Caja Segovia.
- Del Rivero, C. M. (2014). El Ingenio de la Moneda de Segovia. Ed. Maxtor. Madrid. ISBN 978-8490014189
- Gómez Nieto, L.; Arévalo Santiuste, A. (1992). "El ingenio de Segovia en el siglo XVII a través de la documentación del Archivo de Palacio. En Estudios Segovianos. 33. Páxinas 421-504.
- Murray Fantom, G. S. et al. (2006). El Real Ingenio de la Moneda de Segovia: maravilla tecnológica del siglo XVI. Fundación Juanelo Turriano. ISBN 978-8492075539
- Murray Fantom, G. S. (2006). La historia del Real Ingenio de la Moneda de Segovia y el proyecto para su rehabilitación. Fundación Real Ingenio de la Moneda de Segovia. ISBN 84-609-8974-7
- Murray Fantom, G. S. (2019). El Real Ingenio de la Moneda de Segovía: Guía del Monumento y de las Acuñaciones en Segovia. Desde 30 A.C. hasta 1869. Asociación Amigos de la Casa de la Moneda de Segovia. ISBN 978-1679438899
- Prieto Gallego, J. (2013). "La Real Casa de Moneda de Segovia". En El norte de Castilla - Guía para salir.
- Rudolf, K. F. (2013). La nueva Casa de Moneda de Segovia. Real Casa de Moneda de Segovia.