Recep Tayyip Erdoğan
Recep Tayyip Erdoğan, nado en Beyoğlu (Istambul) o 26 de febreiro de 1954, é un político turco, actual Presidente de Turquía.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Anteriormente ocupou os cargos de Primeiro Ministro (de 2003 a 2014) e alcalde de Istambul (de 1994 a 1998). É o líder e fundador do Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP).
Traxectoria
editarNaceu nunha familia descendente de inmigrantes xeorxianos orixinarios de Batum.[1] Con trece anos a súa familia mudouse desde Rize, pequena poboación na beira do mar Negro, a Istambul, onde anos despois estudou Política e Economía mentres traballaba de empregado nunha empresa de transporte e coma comerciante independente.
Política
editarA mediados da década de 1970 adheriuse á organización de mozos do partido islamista (MSP).[2]
A súa carreira política viuse interrompida polo golpe militar de 1980 e a consecuente proscripción do seu partido, pero en 1983, retornou á actividade política dentro do Partido da Prosperidade (Refah Partisi) do antigo portavoz do MSP, Necmettin Erbakan.
Trala vitoria electoral do Refah Partisi nas eleccións municipais de Istambul, intentou dirixir a cidade por medio de parámetros islámicos, introducindo medidas como reservar lugares á parte para homes e mulleres no transporte público e as escolas.
En 1998 foi condenado a prisión tras recitar publicamente un poema de Ziya Gökalp ("as mesquitas son os nosos cuarteis, as cúpulas os nosos cascos, os minaretes as nosas baionetas e os crentes os nosos soldados").
En outono de 1998 Erdogan retirouse do partido vertu (FP)-sucesor do Refah Partisi - e pronunciouse a favor da separación entre a igrexa e o estado. En 2001 fundou o Partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP), tomando para si a presidencia. O AKP resultou vencedor das eleccións parlamentarias de 2002, pero Erdogan debeu esperar varios meses antes de poder tomar posesión no cargo de Primeiro Ministro, debido ao antecedente carcelario.
Notas
editar- ↑ "Kimlik Değişimi!", Milliyet, 13 de decembro de 2005.
- ↑ "Recep Tayyip Erdogan" Arquivado 20 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Fundación CIDOB, 4 de setembro de 2007 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Recep Tayyip Erdoğan |