Recta
A recta, en xeometría, é o ente ideal que só posúe unha dimensión e contén infinitos puntos. Está composta de infinitos segmentos (o fragmento de liña máis curto que une dous puntos). Tamén se describe como a sucesión continua e indefinida de puntos nunha soa dimensión.
É un dos entes xeométricos fundamentais, xunto ao punto e o plano. Son considerados conceptos apriorísticos, xa que a súa definición só é posíbel a partir da descrición das características doutros elementos similares. Así, é posíbel elaborar definicións baseándose nos Postulados característicos que determinan relacións entre os entes fundamentais. As rectas adóitanse denominar cunha letra minúscula.
Definicións e postulados de Euclides relacionados coa recta
editarEuclides, no seu tratado denominado Os Elementos,[1] estabelece varias definicións relacionadas coa liña e a liña recta:
- Unha liña é unha lonxitude sen anchura (Libro I, definición 2).
- Os extremos dunha liña son puntos (Libro I, definición 3).
- Unha liña recta é aquela que xace por igual respecto dous puntos que estean nela (Libro I, definición 4).
Tamén estabeleceu dous postulados relacionados coa liña recta:
- Por dous puntos diferentes só pasa unha liña recta (Libro I, postulado 1).
- Se unha recta secante corta a dúas rectas formando a un lado ángulos interiores, a suma dos cales é menor que dous ángulos rectos: as dúas rectas, suficientemente alongadas, cortaranse no mesmo lado (Libro I, postulado 5).
Características da recta
editarAlgunhas das características da recta son as seguintes:
- A recta prolóngase até o infinito en ambos sentidos.
- A distancia máis curta entre dous puntos é unha recta.
- A recta é un conxunto de puntos situados ao longo da intersección de dous planos.
Rectas no plano
editarUnha recta no plano pode ser descrita das seguintes formas:
- dando dous puntos da recta;
- dando un punto da recta e a súa pendente;
- dando un punto da reta e un vector normal a esa recta;
- dando un punto e un vector da reta.
Rectas no espazo
editarUnha reta no espazo pode ser descrita das seguintes formas:
- dando dous puntos da reta;
- dando un punto da reta e dous vectores normais a esa recta, non colineares;
- dando un punto e un vector da reta.
Na xeometría analítica
editarA xeometría analítica consiste en empregar operacións de cálculo numérico para resolver problemas de xeometría. Nun plano, podemos representar unha recta mediante unha ecuación.
Ecuación da recta
editarA recta escríbese en forma dunha ecuación de dúas incógnitas. Ten sempre a forma simplificada de , onde e corresponden ás coordenadas dun punto e é a pendente. A pendente é a tanxente da recta co eixo de abscisas .
Tomados dous puntos dunha recta, a pendente , é sempre constante. Pódese calcular mediante a ecuación:
Pódese obter a ecuación da recta a partir da fórmula da pendente:
Este xeito de obter a ecuación dunha recta utilízase máis ben cando se coñecen a pendente e as coordenadas dun dos seus puntos, ou cando se coñecen dous puntos, polo que tamén se lle chama ecuación da recta coñecidos dous puntos, e débeselle a Jean Baptiste Biot.
- Exemplo:
- A ecuación da recta que pasa polo punto e que ten unha pendente de -1/3.
Témola expresión:
Substituímos , e (datos coñecidos, un punto e a pendente):
Sacámolos parénteses:
E xa teriamos a forma simplificada da ecuación da recta:
Notas
editar- ↑ http://www.euclides.org: Los Elementos [1] Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en castelán) A obra non fala particularmente da recta, senón do segmento de recta.