Refraneiro galego da vaca

A seguir recóllese a pegada da vaca na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Vacas de raza rubia galega.

O becerro, xato, cuxo, vitelo ou pucho

editar
 
Xato de rubia galega en Oroso.
 
Xato de rubia galega en Moeche.
  • Cada ovella coñez o seu rexelo e cada vaca o seu tenreiro/becerro.
  • Cuxo/Puchiño/Xatiño mamote ben dorme.
  • Cuxo mansiño de tódolos tetos mama.
  • O becerriño manso mama a súa nai e a outras catro.
  • De becerro verás o boi que terás.
  • De pequeniña verás a vaquiña que terás /qué vaquiña terás
  • De pequeniño verás o boi que terás /qué boi terás.
  • De pequeno conocerás qué boi terás.
  • De pequeno verás o boi que terás /qué boi terás.
  • De piquiniño /xato verás qué boi terás.
  • De xatiña verás a vaquiña que terás.
  • O boi que terás, de tenreiro o verás.
  • De vacas e xatos van os coiros ó mercado.
  • En sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras.
  • O crego de Albarellos ten máis touras cós seus novelos.
  • O que perdeu un boi e atopou un xato, xa non perdeu tanto.
  • Ós pobres Deus mándalles nenos, ós ricos mándalles becerros.
  • Ós probes mándalles Deus nenos; e ós ricos, becerros.
  • Que dea a vaca bo tenreiro, que moito leite coa herba no prado non hai que esperalo
  • Que dea a vaca bon becerro /bos xatos e bo leite coa herba do prado n'o hai que esperalo.
  • Xatiña de vaca brava turra sempre.

O touro ou boi

editar
 
Boi de raza Arouquesa.
  • Cando che dan o almallo, acude co barazo.
  • De antre o touro e o boi, navalla do capador/coitelo de castrador.
  • Do toro ó boi, a navalla do castrador/capador.
  • Do toro ó boi sólo vai un castrador.
  • Entre o touro e o boi, o coitelo capador.
  • En terra allea hastr'as vacas turran ós bois.
  • Quen perde o almallo, búscalle o chocallo.
  • Touriño e muller onde aches dos teus.
  • Touro e muller da túa terra deben ser.
 
Rubias galegas, roxa e branca.

Capa marela

editar
  • A vaca marela non hai quen poida con ela.
  • Boi marelo escuro, ara polo mol, ara polo duro.
  • Boi marelo lourado, primeiro morto que ampeado.
  • Boi marelo, pouco andar e moito penso.
  • Mal lle vai á corte onde o boi teixo non tose/tuse.
  • Mariquiña do terbelledoiro, o teu pai ten un boi loiro.
  • Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa.
  • Nin bo Pedro nin boi marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga "gin" nin boa muller que fale latín.
  • Nin bo porco, nin bo marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga "xin" nin boa muller que fale latín.
  • Nin bo Xan nin bo Pedro, nin boi marelo enriba do rego /nin boi morto por riba do rego.
  • Non hai mal que por mal non veña, morreume a sogra e pareume a vermella.
  • O que non munxe marela, non fai queixo nin manteiga.

Outras capas

editar
 
Vacas marelas.
 
Vaca galega na Fonte do Santo (Serra de San Mamede).
  • A vaca branca, nin na casa nin na praza.
  • Gando branco, millor é velo no prato.
  • Gando branco, nin no pasto nin no banco.
  • Nin vaca con píntegas nin muller ispida.

Os cornos

editar
  • A vaca, chover, chover, astra o corno amolecer; a besta, secar, secar, astra o beizo regañar.
  • Chover, chover, astra o meu corno amolecer.
  • O boi diz: "¡Tanto chovese astra que os cornos lle amolecesen!".
  • ¡Que tanto chovese que ate os cornos lle amollecesen.
  • Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa.
  • Miña vaquiña gallarda, ara, carreta e non cansa.
  • Non hai preito que non se arregre nin corno que non se endereite.
  • Ó boi morto acañarlle /agarrarlle /acáñalle o corno.
  • Ó boi morto, collerlle o corno.
  • O que deixa o seu polo alleo, colle un corno e méteo no seo .
  • Os cornos das vacas non son como os dos bois.
  • Xente de Noia, campana de pau, tocan á misa co corno.

Os tetos

editar
 
Xato mamando nos tetos da nai.
  • A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto.
  • Vaca alugada, tetos enxoitos.
  • Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.

Extremidades

editar
  • Bravo está o touriño, dinmo/llo as presunllas, porque esgarabata e non arrebuña.
  • A vaca farta, do rabo fai a cama.
  • A vaca farta, do seu rabo fai bragada.
  • A vaca farta, do seu rabo fai cama.
  • Á vaca farta o rabo élle abrigado.
  • O boi afartado fai cama do rabo.
  • O boi farto déitase no prado e fai cama do rabo.
  • Do boi co rabo recachado, ponte a salvo.
  • O touriño, cando é bravo, ó andar recacha o rabo.

Características

editar

Características positivas

editar

Gando grande e ben feito

editar
  • Boi grande, are ou non are.
  • Chocallo de prata e bois rombós son as boas señaes do labrador.
  • Testa vén a vaca, inda que fraca.
  • Vaca barrigona e ovella corna nin a des nin a troques por outra.

Vaca que dá moito leite

editar
  • A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no vran.
  • A vaca, para ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos aguzados e fuciño achatado.
  • A vaca para ser leiteira ten que ter o teto longo, corna aguzada e fuciño mocho.
  • ¿Eres leiteiriña de Arroxo? Xa, xa (te conozo).
  • Vaca de leite, pouco traballo.
  • Vaca leiteira non vai á feira.
  • Vaca remoedora, leite amorra.

Gando vello que traballa ben

editar
  • Á vaca vella aguzarlle /aliviarlle a rella.
  • A vaca vella turra do arado, a xuvenca deprende ó seu cabo.
  • Ara con boi vello, que non che perderá o rego.
  • Axunto da vaca vella deprende a ara-la xovenca.
  • Axunto do boi vello afeizóase o xuvenco /deprende a ara-lo xuvenco.
  • Cabe do boi vello deprende a turra-lo xuvenco.
  • O boi vello puxa do arado e o novo deprende ó seu cabo.
  • Boi vello faise novo no lameiro.
  • Boi vello folga/refolga no lameiro.
  • Pra o boi vello, verde lameiro.
  • Boi vello faise ó meu subeu e ó teu.
  • Boi vello labra cos ósos.
  • Boi vello, sólo cos ósos puxa o carro.
  • Boi vello non olla o rego.
  • Boi vello polo uso ara.
  • Boi vello, rego dreito /suco dereito.
  • O boi, cando vai vello, máis dreito leva o rego.
  • O boi, cando vai vello, millor tira o rego.
  • O boi, cando vello, millor leva o rego.
  • O boi, canto máis vello, millor leva o rego.
  • O boi millor leva o rego.
  • O boi vello, de seu leva o rego.
  • O boi vello leva o suco ó dereito.
  • Boi vello, pola rilleira.
  • Bois vellos con canga nova, envelga torta.
  • Bois vellos con xugo novo, rego torto.
  • Parella nova, envelga torta.
  • Parella vella con canga nova, envelga torta; e, se nova, nin dreita nin torta.
  • Parella vella con canga nova, envelga torta; e si nova a parella, nin torta nin dereita.
  • Parella vella con xugo novo, tira o rego torto e parella nova con xugo vello, nin torto nin dereito.
  • Mal lle vai á corte cando o boi vello non tose.
  • Mal vai a corte onde o boi vello non tose.
  • Onde o boi vello non tuse, a fouce enferrúxase.
  • ¡Malia do sobeu no que non turra o boi vello!
  • Ó boi adoito, térmalle a teiró que che ara solo.
  • O boi ben vezado traballa a carón do faco.
  • O boi máis vello panda por ser mal labrada a horta.
  • O boi termente atura a semente.
  • Ó boi vello dálle mantenza e darache a pelexa.
  • O boi vellouqueiro conoce ó seu amo e ó seu come-deiro.
  • Ó boi vello non lle búsque-la corte, que xa che dará el coela.
  • Ó boi vello non lle busques abrigo, búscallo ó becerriño.
  • Ó boi vello non lle múde-la corte.
  • Ó boi vello non lle cates abrigo.
  • Ó boi vello non lle cates achego, porque el vaise ó verde e deixa o seco, mais, se verde non acha, o seco apaña.
  • Poldro, de poldrela; becerro, de vaca vella.

O pastoreo

editar
 
Vacas nunha corredoira camiño da eira en Fontela, Miranda, Castroverde.
  • A vella conta unha hestoria e o vaqueiro unha vitoria.
  • As farfaliñas do zarrón polo serán boas son.
  • Asembra de pastores, perda pra os señores.
  • Cando cantan os pegureiros, rabean os amos.
  • Cando arraia o soalleiro, quenqueira é pigoreiro; cando o inverno vén, xa non hai quen.
  • Co vranciño é bo calquer goriño, ca iauga e a neve cata quen cho leve.
  • Polo vran calquer pastor é barragán, polo inverno míralle o pelexo.
  • Cando chove e fai sol, alegre está o pastor.
  • Cando chove e fai sol, ledo anda o pastor.
  • Cando neva na serra, sexa pastor quen o desexa.
  • Cando neva, sexa pegureiro quen quera.
  • Cando neva, sexa vaqueiro quen quera.
  • Cando neve na serra, sexa pastor quen queira.
  • Cando neve, sexa vaqueiro quen o terme.
  • Nin con neve sexas vaqueiro nin de roín sexas servidor.
  • De vacas falan os vaqueiros e de vento os mariñeiros.
  • De ventos fala o mariñeiro, de vacas o pegureiro.
  • De vello, vacas gardar, pouco durar.
  • O que queira co vello acabar mándeo de inverno ó monte a gardar.
  • Deixa o pegureiro as vacas, mentras a molina non para.
  • Fonte de vaqueiros no inverno ten auga; no vran é cagalleiro.
  • Máis quero ser vaca que vaqueiro.
  • Non todo o que leva pelica é pegureiro.
  • O fillo do pegureiro non se cría sin laieiro.
  • Ó pastor que moito se gaba, o demo lle linda as vacas.
  • Ó pegureiro vello, fato pequeno.
  • Ó portelo do pastor chamou a fame e non entrou.
  • Ó que veña do maroto e ó que veña do xaldo para a braña do vaqueiro, miña parte douna ó diaño.
  • Onte vaqueiro e hoxe cabaleiro.
  • Peguriño novo linda mal o gado.
  • Xente nova non garda o gado.
  • Por mal pegureiro se teña o que non troca de herbeira.
  • Vaqueiro e cocho invernizo, Dios non vos fixo.
  • Vaqueiro e porco invernizo, o demo vos fixo.
  • Vaqueiro pola neve e porco con frío, o demo que os leve.
  • Vaqueiro pola neve, que o demo o leve.

Outros

editar

Refráns xeográficos

editar
  • Estrela boeira, vaite deitar que os vosos boeiros vanse cear.
  • Para pasa-lo Touriñán, ou rentes da costa ou adentro do mar.
  • En carne tenreira, Galicia a primeira.
  • En Caroi, nin boa vaca nin bo boi, pero montador, do mellor.
  • En Galicia despídenme os lameiros e en Castela recébenme os macelos/coitelos.
  • Moza de Deza e vaca da Ulla, ben é verdá que de cento unha.
  • Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha.
  • Vaca de Entrimo e muller de Gaiás, fuxe delas como dos cás.
  • Vaca de Manzalvos e muller da Mezquita ... quita, quita.
  • Vacas de Ulla e muller de Bendoiro, n'as metas na casa que che é un agoiro.
  • Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
  NODES
chat 1
iOS 1
mac 1
os 89
todo 2