Reprise Records

selo discográfico estadounidense

Reprise Records é un selo discográfico estadounidense fundado en 1960 por Frank Sinatra. É propiedade do Warner Music Group, e está operado por Warner Bros. Records.

Reprise Records
Logo
AcrónimoReprise
Tiposelo discográfico
Data de fundación1960
Fundador(es)Frank Sinatra
Organización matrizWarner Music Group
SedeEstados Unidos de América
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://repriserecords.com/
IMDB: co0127944 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Comezos

editar

Reprise fundouna en 1960 Frank Sinatra co fin de conseguir unha maior liberdade artística nas súas propias gravacións. Despois de deixar Capitol/EMI e de intentar mercar Verve Records, o primeiro álbum de Sinatra editado con Reprise foi Ring-a-Ding-Ding!. Nos grupos orixinais do selo entre 1961 e 1963 estaban artistas como Bing Crosby, Jo Stafford, Rosemary Clooney, Esquivel e o cómico Redd Foxx.

Un dos principios fundamentais da fundación do selo baixo o liderado de Sinatra foi que cada artista debía ter liberdade total de creación, e en certa medida propiedade completa das súas obras; incluídos os dereitos de publicación. Esta é a razón pola que as gravacións de moitos artistas aos inicios do selo (Dean Martin, Jimi Hendrix ou The Kinks) son na actualidade distribuídas por outras discográficas.

Venda a Warner Bros.

editar

Moitos dos vellos artistas foron botados cando Sinatra vendeu o selo a Warner Bros. Records a principios de 1963 debido ás baixas vendas. O presidente de Reprise, Mo Ostin, mantívose como cabeza do selo e xogou un papel moi importante na historia do grupo de selos da Warner durante as seguintes catro décadas. Os executivos de Warner-Reprise comezaron a fixarse en novos artistas comezando por garantir os dereitos de distribución nos Estados Unidos das gravacións en Pye Records de The Kinks no ano 1964. Reprise gichou posteriormente a artistas de pop orientados aos adolescentes como Dino, Desi, & Billy e a propia filla de Frank Nancy Sinatra, antes de que se movese case exclusivamente á música pop cara finais dos 60.

A través de contratos directos ou acordos de distribucuión, os grupos de the Reprise medraron ata incluír a Lee Hazlewood, as primeiras gravacións de Joni Mitchell, Neil Young, The Electric Prunes, Arlo Guthrie, Norman Greenbaum, Tom Lehrer, Tiny Tim, Ry Cooder, Captain Beefheart, as primeiras gravacións dos 70 de Frank Zappa e The Mothers, Gram Parsons, Emmylou Harris, Nico's Desertshore, The Fugs, Jethro Tull, Pentangle, T. Rex, The Meters, John Cale, Gordon Lightfoot, Michael Franks, Richard Pryor, Al Jarreau e as primeiras gravacións dos 70 de The Beach Boys.

Caída

editar

A finais dos 70, cando Joni Mitchell e Captain Beefheart deixaron o selo, Sinatra expresou o seu desexo de ser o único artista de Reprise, pero Neil Young rexeitou marchar . Mitchell regresou ao selo a finais dos 80 despois de pasar unha tempada con Geffen Records. Young segue estando hoxe en día en Reprise, aínda que foi atraído por Geffen Records durante varios anos nos 80.

En 1976, Reprise foi absorbida por Warner Bros., reasignando todos os seus artistas (agás Sinatra e Young) ao selo principal. Aínda que a meirande parte do antigo catálogo continuaron sendo editados co logo de Reprise, e álbums de The Beach Boys gravados con Brother Records foron lanzados coa secuencia numérica do catálogo do selo, ademais dos traballos de Sinatra e Young non houbo máis edición a través da etiqueta Reprise.

Actualidade

editar

No verán de 1987 o director de Warner Bros. Mo Ostin e o presidente do selo Lenny Waronker anunciaron a reactivación de Reprise, incluíndo o seu propio departamento promocional, e o antigo vicepresidente de promoción de Warner Bros. Rich Fitzgerald foi elixido vicepresidente do selo. Dende entón, Warner Bros. elevou a categoría de Reprise a selo pai secundario, xa que moitas das súas subsidiarias (como Straight e Kinetic) tiñan moitos dos seus discos editados en colaboración con Reprise.

Hoxe en día, ademais de Young, é o fogar de moitos artistas como Devendra Banhart, Green Day, Michael Bublé, Enya, Avenged Sevenfold, The Used, Mastodon, Eric Clapton, Fleetwood Mac, Serj Tankian, Josh Groban, Charice, Cavo, Taking Back Sunday, HIM (tamén con Sire), My Chemical Romance e Disturbed. Reprise é tamén o selo norteamericano de bandas británicas como Depeche Mode e Oasis.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
eth 1
orte 1
Todos 1