Oligofrenia
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2024) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2006.) |
O atraso mental, debilidade mental ou oligofrenia, consiste nun nivel xeral de desenvolvemento intelectual notabelmente inferior á media da poboación, o que implica deficiencias na conduta adaptativa. Trátase dun trastorno permanente que altera a personalidade globalmente desde moi curta idade.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Tipoloxías
editarEstablécense en función do grao de adaptación e rendemento afectivo, social e laboral.
Oligrofenia profunda
editarIncapacidade para a aprendizaxe, ausencia de xuízo e razoamento, falta de recoñecemento dos obxectos e da maior parte das persoas. O individuo non ten consciencia da súa existencia, das persoas que o rodean nin das súas necesidades.
Afectivamente só mostra risos e prantos motivados; non sorrí nin dá mostras de cariño. Sobresáltase por estímulos externos. Vive completamente illado e rexeita os cambios.
Carece de capacidade lingüística ou está moi reducida. Non anda ou faino con dificultade. Hai que lle dar de comer, ten unha vida puramente vexetativa e con actividades monótonas: unha vida oroalimentaria.
Estes casos adoitan ir acompañados de malformacións.
Oligrofenia menos profunda
editarTen unha capacidade limitada para a aprendizaxe. O pensamento é restrinxido. É lento á hora de dar respostas específicas e coñecer as persoas e cousas que o rodean. Ten dificultades para se orientar no espazo e no tempo.
É algo máis consciente da súa existencia. Mostra unha afectividade superficial. É egocéntrico e cambiante nos afectos; móstrase eufórico ocasionalmente.
Os movementos son lentos e pouco coordinados. O vocabulario é reducido e rudimentario.
Oligrofenia leve
editarTen capacidade para a aprendizaxe mais é lento para coñecer as cousas e distinguir as persoas. Ten un xuízo pobre e dificultades de lectoescritura e cálculo. Fállanlle a memoria, a atención e a compresión. Apenas utiliza os conceptos aprendidos e carece de creatividade para progresar a partir do xa aprendido.
É consciente do seu atraso e ten conciencia da súa persoa e das persoas máis próximas. Mostra unha afectividade superficial e "pegañenta", con tendencia ao egocentrismo. Interésase polas cousas que pode conseguir de forma inmediata. Pode realizar traballos simples.