Revelación
Nos contextos relixioso e místico, coñécese como Revelación o acceso a unha verdade secreta ou oculta, frecuentemente manifestada a algúns individuos por unha entidade sobrenatural.
O revelado é, por tanto, o dito ou dado a entender, xeralmente por parte dunha divindade ou ser sobrenatural, sobre outra cousa da cal non se tiña coñecemento previo e que se considera verdade polos que participan da relixión, constituíndo parte central da súa vivencia relixiosa.
Relixións
editarNo contexto relixioso o concepto de revelación aparece en:
- O hinduísmo, que chama Śruti ao conxunto de textos revelados, en contraposición aos textos escritos a partir da tradición (Smṛti).
- A Revelación divina para o xudaísmo, o cristianismo e o islam.
- O Libro da Revelación, da Biblia, comunmente coñecido como Apocalipse.
Moitas relixións consideran algúns dos seus dogmas e partes indiscutíbeis da súa doutrina como verdades reveladas; desta maneira as relixións tradicionais poden conservar preceptos da crítica racionalista, o cal tende á inmutabilidade do núcleo doutrinal.[Cómpre referencia] Nese sentido, a noción de revelación oponse á noción científica de coñecemento adquirido mediante un esforzo deliberado.[Cómpre referencia]
Outros usos
editarComo extensión do uso do concepto, aplícase a calquera novidade no campo do coñecemento, información ou incluso ao xurdimento dunha nova personalidade, por exemplo: Premio Goya ao mellor actor revelación ou Premio Goya á mellor actriz revelación.