Revolta de Kirguizistán de 2010

A revolta de Kirguizistán de 2010 foi un conxunto de manifestacións públicas que provocaron o derrocamento do goberno de Kirguizistán o 7 de abril de 2010. Os manifestantes dirixían os seus ataques contra o presidente Kurmanbek Bakiyev, que declarou estado de emerxencia no norte do país e na capital, Bixkek, antes de fuxir para Jalal-Abad.[1]

Bandeira do Kirguizistán.
Carro militar incendiado por civís en Bixkek.
Manifestantes invadindo a Casa Branca.

Alén dos conflitos na capital, que acabou coa morte de cerca de 40 persoas, tamén no inerior do país houbo revoltas. O día 8, o número ascendeu a 75 mortos e 400 feridos, segundo datos oficiais.

A noite do día 7 reportouse a fuxida do presidente Bakiyev cara a cidade sureña de Osh. Mentres que na capital, os líderes opositores instalaron un goberno provisional liderado por Rosa Otunbáeva, que controlaba case todo o país excepto as provincias de Osh e Jalal-Abad, que estaban baixo o control de Bakiyev.

O 11 de abril, o goberno dos Estados Unidos de América recoñeceu o goberno provisional como a nova autoridade nacional. O 15 de abril, Bakiyev dimitiu e fuxiu do país.



 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
todo 2