Ritual

serie de accións realizadas principalmente polo seu valor simbólico

Un ritual é unha sequence de accións que inclúen xestos, palabras e obxectos realizados nun lugar específico, e realizados de acordo cunha secuencia.[1] Son un conxunto de ritos e fórmulas realizadas principalmente polo seu valor simbólico, establecidas pola relixión ou polas tradicións da comunidade.[2]

Ritual no que o medo é queimado simbolicamente.

Os rituais son un trazo característico de tódalas sociedades humanas coñecidas,[3] son realizadas por varias razóns, tales como a adoración dun deus no contexto dun ritual relixioso, como fase de iniciación ou aceptación nunha comunidade,[4] ou simplemente para referirse a unha acción diaria que é repetida por un longo tempo, tal como, por exemplo, despois de se erguer pola mañá abrir as fiestras. Os rituais responden a unha necesidade, no caso das persoas relixiosas para pedir a deus a mellora na colleita ou unha caza abundante, ou responder a un costume, no caso do ritos diarios.

En psicoloxía o termo "ritual" ás veces refírese a unha acción ou unha serie de accións que unha persoa realiza nun contexto, xa que non teñen outra finalidade ou razón aparente. O termo pode referir especialmente a comportamentos compulsivos de persoas que padecen trastorno obsesivo-compulsivo.

  1. http://www.merriam-webster.com/dictionary/ritual
  2. Bell, Catherine (1997). Ritual: Perspectives and Dimensions. Nova York: Oxford University Press. pp. 138–169. 
  3. Brown, Donald (1991). Human Universals. Estados Unidos: McGraw Hill. pp. 139. 
  4. Kyriakidis, E., ed. (2007). The archaeology of ritual. Cotsen Institute of Archaeology UCLA publications. 
  NODES
todo 1