Robert Downey, Jr.

actor estadounidense

Robert John Downey, Jr., nado o 4 de abril de 1965 en Nova York, é un actor, produtor, guionista e cantautor estadounidense gañador de dous Globos de Ouro e un BAFTA. Con 26 anos no mundo do espectáculo, filmou máis de 80 películas. Foi nomeado dúas veces aos Oscar: a primeira vez no 1993 polo seu papel en Chaplin e a segunda no 2009 por Tropic Thunder.

Modelo:BiografíaRobert Downey, Jr.

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Robert John Downey Jr. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMalibú Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoXermanos estadounidense, xudeus estadounidenses e suízo-estadounidense Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSanta Monica High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCastaño escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, guionista, cantautor, director de cinema, músico, produtor de cinema, cantante, actor de televisión, actor de dobraxe Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoJazz Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado300 M$ (2020) Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSusan Downey (2005–)
Deborah Falconer (1992–2004), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaSarah Jessica Parker (1984–1991) Editar o valor en Wikidata
FillosIndio Downey
 () Deborah Falconer Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Downey Sr. Editar o valor en Wikidata  e Elsie Downey Editar o valor en Wikidata
IrmánsAllyson Downey Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0000375 Allocine: 10976 Rottentomatoes: celebrity/robert_downey_jr Allmovie: p19966 TCM: 52734 Metacritic: person/robert-downey-jr TV.com: people/robert-downey-jr IBDB: 539757
Facebook: robertdowneyjr Twitter: RobertDowneyJr Instagram: robertdowneyjr BNE: XX1507129 Musicbrainz: 49e26070-0937-4178-a549-6bbe3c36f282 Songkick: 25802 Discogs: 227839 Allmusic: mn0000283257 WikiTree: Downey-382 Editar o valor en Wikidata

Vida persoal

editar

O actor tivo unha longa relación de sete anos con Sarah Jessica Parker, á quen coñeceu en 1984, pero a relación terminou por mor de problemas coas drogas de Downey. Máis tarde casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio durou doce anos (1992-2004) e foi con Deborah Falconer, con quen tivo un fillo, Indio Downey.[1] Mentres filmaba Gothika, en 2003, coñeceu a muller que se converteu na súa segunda esposa, a produtora executiva Susan Levin, con quen casou o 27 de agosto de 2005.[2] Ela é vicepresidenta executiva de produción Joel Silver, en Silver Pictures e directora de desenvolvemento da Dark Castle Entertainment, unha división de Silver Pictures. A parella tivo o seu primeiro fillo, Exton Elias Downey, o 7 de febreiro de 2012. O 4 de novembro de 2014, Downey converteuse en pai por terceira vez, cando a súa muller deu a luz á súa filla Avri Roel Downey.[3]

Traxectoria

editar

Downey principiou a súa carreira no cinema en 1970, á idade de cinco anos, cando apareceu no filme de seu pai, Pound, e desde aquela non deixou de traballar no cinema e na televisión. Durante a década de 1980 traballou en filmes para adolescentes e mozos asociados cos Brat Pack. Less Than Zero (1987) foi o primeiro no que a súa actuación foi recoñecida pola crítica, e logo comezou a interpretar papeis protagonistas en filmes de máis presuposto como Air America (1990), Soapdish (1991) ou Asasinos natos (1994), polo seu papel de Charlie Chaplin en Chaplin (1992) foi nomeado para o Oscar ao mellor actor.

Entre 1996 e 2001, Downey foi frecuentemente arrestado por consumo e posesión de drogas e estivo en varios programas para o tratamento da súa dependencia. Despois de saír de prisión en 2000, Downey uniuse ao elenco da serie Ally McBeal, interpretando ao novo amor da protagonista, e gañou un Globo de Ouro pero o seu personaxe retirouse da serie logo de dous arrestos por drogas a finais de 2000 e comezos de 2001. Downey pasou unha vez máis por un programa de desintoxicación que resultou exitoso e volveu á súa carreira profesional, aparecendo en filmes semiindependentes como O detective cantante (2003), Kiss Kiss Bang Bang (2005), e A Scanner Darkly (2006), e papeis secundarios en filmes dos grandes estudios como Gothika (2003) e Zodiac (2007). En 2004, Downey lanzou o seu primeiro álbum, The Futurist.

En 2007, Downey foi elixido para facer o personaxe de Iron Man na adaptación cinematográfica que tivo a súa estrea en 2008, recadando case 100 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá na primeira semana; nese ano tamén estreou Charlie Bartlett e Tropic Thunder, recibindo o seu segundo nomeamento por este filme, na categoría de actor secundario. En 2009 interpretou a Sherlock Holmes na adaptación cinematográfica de Guy Ritchie, polo que gañou un Globo de Ouro.[4]. En 2010 protagonizou Iron Man 2.

Filmografía

editar
Ano Título Personaxe Notas
1970 Pound Puppy
1972 Greaser's Palace Non sae nos créditos
1975 Moment to Moment Non sae nos créditos
1980 Up the Academy Caleb Yoon
1983 Baby It's You Stewart
1984 Firstborn Lee
1985 Deadwait
Tuff Turf Jimmy Parker
Weird Science Ian
1986 Back to School Derek Lutz
America Paulie Hackley
1987 The Pick-up Artist Jack Jericho
Less Than Zero Julian Wells
1988 Johnny Be Good Leo Wiggins
Rented Lips Wolf Dangler
1969 Ralph Carr
Indio
1989 That's Adequate Albert Einstein
True Believer Roger Baron
Chances Are Alex Finch
1990 Air America Billy Covington
1991 Too Much Sun Reed Richmond
Soapdish David Seton Barnes
1992 Chaplin Charles Chaplin BAFTA ao mellor actor

Nomeamento − Oscar ao mellor actor

Nomeamento − Globos de Ouro ao mellor actor dramático

1993 Luck, Trust & Ketchup: Robert Altman in Carver Country Documental
Heart and Souls Thomas Reilly
The Last Party Robert Downey Jr.
Vides encreuades Bill Bush Globos de Ouro especial ao mellor elenco

Copa Volpi ao mellor elenco

1994 Hail Caesar Jerry
A Century of Cinema Documental
Natural Born Killers Wayne Gale
Only You Peter Wright
1995 Richard III Earl Rivers
Home for the Holidays Tommy Larson
Restoration Robert Merivel
Mr. Willowby's Christmas Tree Mr. Willowby Telefilm
1997 Danger Zone Jim Scott
One Night Stand Charlie
Two Girls and a Guy Blake Allen
Hugo Pool Franz Mazur
1998 The Gingerbread Man Clyde Pell
U.S. Marshals Axente especial John Royce
1999 In Dreams Vivian Thompson
Amigos e amantes Hans
Bowfinger Jerry Renfro
Black and White Terry Donager
2000 Wonder Boys Terry Crabtree
Auto Motives Rob
2000-2002 Ally McBeal Larry Paul Serie de televisión; 15 episodios

Globos de Ouro ao mellor actor secundario en serie, miniserie ou telefilm (2001)

Nomeamento − Primetime Emmy ao mellor actor secundario en serie cómica (2001)

2002 Lethargy Terapeuta animal
2003 Whatever We Do Bobby
O detective cantante Dan Dark
Charlie: The Life and Art of Charles Chaplin Robert Downey Jr. Documental
Gothika Pete Graham
2004 Eros Nick Penrose
2005 Game 6 Steven Schwimmer
The Outsider Documental
Kiss Kiss Bang Bang Harry Lockhart
Good Night, and Good Luck Joseph Wershba
Hubert Selby Jr: It/ll Be Better Tomorrow Documental
Family Guy Patrick Pewterschmidt Serie de televisión; 1 episodio
2006 The Shaggy Dog Dr. Kozak
A Scanner Darkly James Barris
A Guide to Recognizing Your Saints Dito Montiel
Fur: An Imaginary Portrait of Diane Arbus Lionel Sweeney
2007 Zodiac Paul Avery
Lucky You Telephone Jack Cameo
2008 Charlie Bartlett Principal Nathan Gardner
Iron Man Tony Stark/Iron Man
The Incredible Hulk Tony Stark Cameo
Tropic Thunder Kirk Lazarus Nomeamento − Oscar ao mellor actor secundario

Nomeamento − Globos de Ouro ao mellor actor secundario

Nomeamento − BAFTA ao mellor actor secundario

2009 The Soloist Steve Lopez
Sherlock Holmes Sherlock Holmes Globos de Ouro ao mellor actor de comedia ou musical
2010 Iron Man 2 Tony Stark / Iron Man
Love & Distrust Rob
Saídos de contas Peter Highman
2011 Sherlock Holmes: Xogo de sombras Sherlock Holmes
The Consultant Tony Stark / Iron Man Curtametraxe
2012 The Avengers Tony Stark / Iron Man
2013 Iron Man 3 Tony Stark / Iron Man
2014 Chef Marvin
O xuíz Henry "Hank" Palmer
2015 Avengers: Age of Ultron Tony Stark / Iron Man
2016 Captain América: Civil War Tony Stark / Iron Man
The Nice Guys Sid Shattuck Cameo
2017 Spider-man: Homecoming Tony Stark / Iron Man
2018 Avengers: Infinity War Tony Stark / Iron Man
2019 Avengers: Endgame Tony Stark / Iron Man

Premios e nomeamentos

editar

Premios Óscar:

Ano Categoría Filme Resultado
1992 Mellor actor Chaplin Nomeado
2008 Mellor actor secundario Tropic Thunder Nomeado

Premios BAFTA:

Ano Categoría Filme Resultado
1992 Mellor actor Chaplin Gañador
2009 Mellor actor secundario Tropic Thunder Nomeado

Premios do Sindicato de Actores:

Ano Categoría Filme Resultado
2005 Mellor actor secundario Good Night, and Good Luck Nomeado
2009 Mellor actor secundario Tropic Thunder Nomeado

Premio Satellite:

Ano Categoría Filme Resultado
2005 Mellor actor - comedia ou musical Kiss Kiss, Bang Bang Nomeado
2008 Mellor actor secundario Tropic Thunder Nomeado

Premios Emmy:

Ano Categoría Filme Resultado
2001 Mellor actor secundario - serie de comedia Ally McBeal Nomeado

Premios People's Choice:

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Actor de cine favorito The Avengers Gañador
Estrela de película de acción favorita The Avengers Nomeado
Superheroe favorito de película The Avengers /Iron Man Ganador
2014 Actor de acción favorito Iron Man 3 Gañador
2017 Actor de acción favorito Captain America: Civil War Gañador

Teen Choice Awards:

Ano Categoría Filme Resultado
2012 Actor de Ciencia Ficción/Fantasía The Avengers Nomeado
Estrela de Película do Verán: Home The Avengers Nomeado
  1. "Downey, Falconer to divorce after 12 years". USA Today (en inglés). 27 de abril de 2004. 
  2. "Robert Downey Jr. Marries Girlfriend". People (en inglés). 27 de agosto de 2005. 
  3. "Robert Downey Jr. da la bienvenida a su hija con este mensaje". El espectador (en castelán). 5 de novembro de 2015. 
  4. "HFPA – Nominations and Winners". Goldenglobes.org. January 14, 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o March 8, 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
einstein 1
einstein 1
eth 1