Robert Louis Stevenson

Robert Louis (Balfour) Stevenson, nado en Edimburgo o 13 de novembro de 1850 e finado en Samoa o 3 de decembro de 1894, foi un escritor escocés, autor de novelas, poemas e libros de viaxes e o maior representante do neorromanticismo británico. As súas obras están maioritariamente en inglés, pero tamén escribiu poemas e pequenos relatos en escocés.

Modelo:BiografíaRobert Louis Stevenson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Robert Lewis Balfour Stevenson Editar o valor en Wikidata
13 de novembro de 1850 Editar o valor en Wikidata
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1894 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Vailima, Samoa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMount Vaea (en) Traducir
Grave of Robert Louis Stevenson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaIlhas Samoa (pt) Traducir (1889–)
Bournemouth (1884–1889)
Cidade Nova de Edimburgo (pt) Traducir (1857–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
RelixiónPresbiterianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
University of Edinburgh School of Law (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor de literatura infantil, escritor, escritor de contos, ensaísta, novelista, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1866 Editar o valor en Wikidata - 1894 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRomance de aventura (pt) Traducir e literatura gótica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeFanny Vandegrift (1880, 1880–1894) Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Stevenson Editar o valor en Wikidata  e Matilde Margaret Isabella Stevenson Editar o valor en Wikidata
ParentesD. E. Stevenson, second niece Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Стивенсон Роберт Льюис) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0829044 Allocine: 37234 Allmovie: p315061 IBDB: 9300
BNE: XX900250 Bitraga: 236 Dialnet: 1305433 Last fm: Robert+Louis+Stevenson Musicbrainz: c7379dd2-0908-4ef0-9bd5-9910b16aaaad Discogs: 436716 IMSLP: Category:Stevenson,_Robert_Louis Allmusic: mn0002205228 WikiTree: Stevenson-999 Find a Grave: 3770 Genius: Robert-louis-stevenson Editar o valor en Wikidata
Retrato realizado por Girolamo Nerli, en 1892.

Traxectoria

editar

Infancia e mocidade

editar

Stevenson naceu co nome de Robert Lewis Balfour Stevenson en Edimburgo, a capital escocesa, o 13 de novembro de 1850. O seu pai chamábase Thomas Stevenson, e o seu avó foi Robert Stevenson; ambos os dous foran enxeñeiros e construtores de faros, como xa fora tamén o seu bisavó. O avó por parte da nai, Lewis Balfour, era un profesor de moral e reverendo, e con el pasaba grandes épocas da infancia nas vacacións. Como a súa nai Margaret Balfour sufriu toda a súa vida do pulmón, seguramente tuberculose. Foi un neno enfermizo, con desexos de aventura, pero que gastou boa parte dos seus anos máis novos na cama, lendo a Shakespeare, Walter Scott, John Bunyan e As mil e unha noites.

Entrou na Universidade de Edimburgo con dezasete anos para seguir os pasos da familia e facerse enxeñeiro de faros. Pero axiña se decatou de que esa non era a súa vocación, e aparcou os estudos científicos e decantouse polo Dereito, carreira que rematou con vinte e cinco anos.

Viaxes e matrimonio

editar

Os seguintes catro anos botounos viaxando á procura dun clima seco e benigno para a súa saúde. Como non había problemas de diñeiro na familia, pois a enxeñería era naquel tempo unha fonte inesgotábel de recursos, viaxou e residiu longas tempadas en sanatorios como Fontainebleau, Barbizon, Grez, e Nemours. Levaba unha vida de artista, viaxaba a miúdo a París a visitar galerías e asistir a obras de teatro. Alí coñeceu a Fanny Vandegrift Osbourne, coa que anos máis tarde casaría. Tamén foi neste tempo e nestes lugares onde coñeceu os que serían os seus mellores amigos: Sidney Colvin, o seu biógrafo e axente literario, William Henley, Andrew Lang, Edmund Gosse, e Leslie Stephen, todos eles escritores. Tamén é neste tempo cando comeza a escribir artigos e reportaxes para revistas e xornais.

Fanny Vandegrift

editar

Stevenson coincidiu coa estadounidense Fanny Vandegrift Osbourne en Francia en 1876, na colonia de artistas de Grez. Ela era muller casada, pero o seu matrimonio con Samuel Osbourne non funcionaba ben. En 1875 ela decidira deixalo, pero como o divorcio levaba aparellados problemas de índole social e moral naquel tempo, optou por marchar a Europa cos seus tres fillos, a aprender pintura. Primeiro en Anveres, onde non a admitiron por ser muller, e finalmente en París. Uns meses máis tarde, e de tuberculose mórrelle o máis pequeno dos seus tres fillos, Hervey Osbourne, e soterrárono no cemiterio de Père Lachaise. Para os seus últimos días acudiu o pai dende os Estados Unidos, e quedou aínda un tempo na capital francesa, pero logo marchou de volta a California. En xullo de 1876 coñécense[1], e nun primeiro momento Stevenson amosa interese na filla de Fanny, chamada Belle. A rapaza non demostrou resposta ningunha, pero aínda así Stevenson pasou os invernos de 1876 a 1878 entre Londres e a casa familiar de Edimburgo, pero o resto do ano ou vivía en París na casa de Fanny ou na residencia de artistas de Grez. En 1878 Stevenson propúxolle de divorciarse de Osbourne e casar con el, pero ela rexeitouno. E o 15 de agosto de 1878 Fanny, presionada polo seu home, regresa a San Francisco.

Stevenson dille que quere ir detrás dela, pero conta coa forte oposición dos pais, que á fin de contas son os que lle proporcionan o sustento económico. Queda en Londres, e despois fai a súa famosa viaxe en burro pola rexión das Cévennes, en Francia. Logo dun tempo recibe un telegrama de Fanny dicíndolle que as cousas volven ir mal. El interprétao como un vente e ás caladas, métese nun barco no porto de Glasgow, o Devonia, cruza todos os Estados Unidos dende Nova York ata San Francisco en tren, onde chega o 30 de agosto de 1879. Fanny está vivindo en Monterey, e el decide agardar por alí. Vive practicamente un ano na cidade de San Francisco, agardando a que Fanny tramite ou non o divorcio. Sofre dos pulmóns, ten febre e vai esgotando un diñeiro que non se repón porque os pais non lle queren mandar máis: desaproban fortemente que o seu fillo marchase sen avisalos para pretender a unha muller casada. En xaneiro de 1880, cinco meses despois, Fanny consegue finalmente o divorcio, pero a saúde de Stevenson empeora radicalmente. O divorcio e a saúde vencen tamén o corazón dos pais, que lles piden que marchen os dous para Escocia. O 19 de maio de 1880 casan, pero como a saúde segue sendo horrible, deciden instalarse na montaña, nunha mina de prata abandonada que non tiña ningún tipo de servizo de habitabilidade. Pero a natureza, a calor e a sequidade fixeron que se recuperase e a finais de xullo marchan para Escocia a bordo do City of Chester.

A illa do tesouro

editar

Pero o verán escocés non é como o estadounidense, e axiña cae outra vez gravemente enfermo. Garda cama en Braemar dende principios de agosto, e por enredar, debuxa para o seu fillastro Lloyd o mapa dunha illa cun tesouro. Chámalle A illa do tesouro e comeza a crear a partir del unha historia de aventuras que lle relata e escenifica ao neno. Pero axiña é seu pai quen cae fascinado pola historia, e logo seus amigos, que acoden ás lecturas nocturnas dos textos que el escribe ao longo do día. Escribiu os que serían os primeiros quince capítulos d'A illa do tesouro en quince días, pero aí acabóuselle a inspiración. Vende a historia para a publicación por entregas na revista infantil Young Folks, que debía comezar en outubro, pero non é capaz de rematar o libro. O outono recrúa, témenlle pola vida, e deciden marchar a Davos, o sanatorio suízo. Hospédanse no hotel Am Sein, onde Stevenson se entrega ao réxime de coidados dos médicos e a escribir. En catorce días volve escribir catorce capítulos, e remata a peza.

Rematada a que sería a súa primeira obra e a que máis sona lle deu, Stevenson leuna, enviouna a Londres e o 22 de novembro de 1881 recibiu un pagamento de 30 libras por ela.

Durante os anos seguintes produce a maior parte das súas obras, as que o fixeron rico e mundialmente coñecido, As aventuras de David Balfour, Dr. Jekyll e Mr. Hyde, así como as súas principais producións poéticas Versos do xardín dun fillo e Bosque baixo.

Os mares do Sur

editar

Logo da morte de seu pai en 1887, Stevenson séntese libre abondo como para seguir o consello do médico e buscar un completo troco de clima. Coa nai e co resto da familia marchan para Colorado, pero nada máis chegar a Nova York muda de plans e van pasar o inverno ao Lago Saranac, nas Adirondacks. Durante ese inverno escribe algúns dos seus mellores traballos, como Pulvis et Umbra, e comeza O señor de Ballantrae. Pero a cabeza férvelle por viaxar, e anda a pensar nunha posíbel viaxe polo sur do océano Pacífico.

En xuño de 1888, fleta o iate Equator e bota a navegar coa súa familia dende San Francisco. Durante tres anos percorre algunhas illas do Pacífico Sur, facendo reportaxes para xornais estadounidenses que, se ben lle dan algo de diñeiro, non resultan da satisfacción de ninguén. Visita o arquipélago de Hawai e coñece o seu rei David Kalākaua, co que desenvolve unha grande amizade. Tamén amiga coa súa sobriña, a princesa Vitoria Kaʻiulani. Para nas Illas Gilbert, nas Marquesas e en Tahití. Durante este tempo remata O señor de Ballantrae e escribe O xenio da botella. E cando xa ía trazando plans de regresar a Europa, e especialmente a Escocia, o 7 de decembro de 1889 dexergan Upolu, a illa principal do arquipélago de Samoa, e horas despois instálanse en Apia coa intención de pasar unicamente uns días. Nunca máis marcharía de alí.

As razóns de por que permaneceu en Samoa non están claras. O clima, húmido e chuvioso, non era dende logo o máis indicado para un tuberculoso, aínda que el opinase o contrario[2]. O escritor alemán Alex Capus formula a hipótese de que Stevenson quedou na illa porque o convenceron de que nunha illa próxima podía estar soterrado o tesouro que inspirou a súa primeira e gran novela[3]. En xaneiro de 1890 Stevenson mércalle unha leira de 126 hectáreas, situada a 5 kms ao sur de Apia a un ferreiro escocés cego. Válelle 4.000 dólares. Non ten máis cartos.

A leira chamouse Vailima, que Stevenson e moitos outros detrás interpretou como cinco ríos; porén, o seu verdadeiro significado fai referencia a auga entre as mans, en alusión a unha lenda tradicional samoana. Axiña se converteu Stevenson nunha auténtica referencia para Samoa, e no seu líder intelectual e quizais tamén político. As súas experiencias aconsellando e exercendo autoridade moral sobre a poboación local recolleunas en Unha nota a pé da Historia. Non deixou de escribir en Vailima, onde produciu A praia de Falesa, As aventuras de David Balfour, e Cando baixa a marea, ademais das Cartas dende Vailima. Pero durante eses anos o que máis fai é sufrir da saúde: a tuberculose avanza fortemente grazas á humidade, e ten continuas hemorraxias. O 3 de decembro de 1894, mentres traballaba n'A presa de Hermiston, falece supetamente, con toda probabilidade como consecuencia dun infarto cerebral.

A poboación samoana traballa duramente para prepararlle o enterro a unha persoa á que admiraban con forza: pasan a noite rozando no monte un camiño para poder subir o cadáver de Stevenson dende a leira de Vailima ata o cumio do monte Vaea, onde repousan aínda hoxe os seus restos, nunha cova de lava e coral. Os xefes samoanos prohibiron que nunca máis se disparasen armas de fogo nas proximidades do monte Vaea.

Novelas

editar
 
Tumba de Stevenson no monte Vaea (Samoa).

Escolmas de relato curto

editar

Relato curto sen agrupar

editar
  • An Old Song" (1877)
  • Edifying Letters of the Rutherford Family (1877)
  • The Story of a Lie (1882)
  • The Body Snatcher (1884)
  • The Misadventures of John Nicholson: A Christmas Story (1887)

Ensaios

editar
  • Virginibus Puerisque, and Other Papers (1881)
  • Familiar Studies of Men and Books (1882)
  • Memories and Portraits (1887)
  • Father Damien: an Open Letter to the Rev. Dr. Hyde of Honolulu (1890)
  • [Vailima Letters (1895)
  • The New Lighthouse on the Dhu Heartach Rock, Argyllshire (1995). Baseado nun manuscrito de 1872 editado por R. G. Swearingen.
  • In the South Seas. Colección de artigos.
  • A Footnote to History, Eight Years of Trouble in Samoa (1892).

Poesía

editar

En galego está traducida unha pequena escolma de poemas de Stevenson, obra de Pepe Coira.

Libros de viaxes

editar
  1. "É un galopín histérico, un escocés enxoito e longueirán con cara de rafaeliano, que acabou coa súa saúde a base de cultura e lecer e a quen a tuberculose non tardará en levar deste mundo. É o herdeiro dunha inmensa fortuna, pero non ha vivir abondo para gozar dela. O pai e a nai son curmáns, e están ao bordo da loucura. E o fillo outro tanto. Pero cáeme ben. É o tipo máis enxeñoso que coñecín na vida pero gustaríame que non se botase a chorar tan a miúdo, cando unha menos agarda. Cando o fai resulta embarazoso, e nunca sei qué facer: doulle un pano ou miro para outro lado? Como teño todos os panos manchados de carbonciño, fago o segundo". Carta de Fanny Osbourne a Timothy Rearden, datada o 25 de xullo de 1876. Citada en Margaret MacKay, The Violent Friend (Nova York, 1968)
  2. "O clima próugome tanto que decidín ficar na illa. Incluso merquei 120 ou 160 hectáreas de terra: non saberei qué extensión ten ata que as medicións rematen". R.L. Stevenson, Cartas, volume 6.
  3. Alex Capus, A outra illa, (Reisen im Licht der Sterne), Múnic, 2005.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
Note 1
todo 4