Rocco Siffredi
Rocco Tano, coñecido artisticamente como Rocco Siffredi ou simplemente Rocco, nado en Ortona o 4 de maio de 1964, é un actor, director e produtor italiano de películas pornográficas. Na industria do porno coñécese ás veces como «O Semental Italiano».
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Rocco Antonio Tano 4 de maio de 1964 (60 anos) Ortona, Italia (pt) |
Residencia | Budapest |
Altura | 1,84 m |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actor pornográfico, actor, produtor de cinema, director de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Rózsa Tassi (1993–) |
Premios | |
| |
Sitio web | roccosiffredi.com |
|
Traxectoria
editarOs filmes de Siffredi varían amplamente en canto ao contido e ton. Apareceu en aventuras románticas e comedias do estilo da produtora Vivide, pero o seu traballo posterior coa compañía de John Stagliano, Evil Angel Vídeo, involucran escenas de BDSM nas cales Siffredi cospe a mulleres na cara e dentro da boca, dálles losqueadas, practica irrumatio e urolagnia, fai que afoguen durante o sexo oral, e ocasionalmente agárralles do cabelo até o punto de as facer chorar.
Tras iniciar a súa carreira en Francia, traballou en Budapest (que é a sede de Rocco Siffredi Produzioni) e tamén en Montreal, Rusia, Perú, Brasil e varios países de Europa do Leste. Está considerado un actor de culto polas medidas do seu pene e pola súa gran resistencia no acto sexual. Participou en 1300 filmes.
Filmografía
editar
|
|
|
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina de Rocco Siffredi (en inglés)
- Artigo El porno feroz: La misoginia como espectáculo de Gabriel Núñez (en castelán)