Roderick MacKinnon
Roderick MacKinnon, nado en Burlington (Massachusetts) o 19 de febreiro de 1956, é un bioquímico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química en 2003.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1956 (68 anos) Burlington, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade Tufts Tufts University School of Medicine (en) Universidade Brandeis Burlington High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica |
Ocupación | bioquímico, profesor universitario, cristalógrafo, internista, químico, neurocientífico, biofísico |
Empregador | Universidade Harvard Universidade Rockefeller |
Membro de | |
Interesado en | Bioquímica |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:MacKinnon, Roderick, 1956-, |
Traxectoria
editarEstudou bioquímica na Universidade de Brandeis, onde se graduó en 1978, e posteriormente ampliou os seus estudos en medicina na Universidade Tufts. Actualmente é profesor de Neurobioloxía Molecular e Biofísica da Universidade Rockefeller, así como investigador do Instituto Médico Howard Hughes.
Investigacións científicas
editarIniciou as súas investigacións ao redor das toxinas na estrutura da canle de potasio. Durante a década de 1990 a arquitectura molecular detallada das canles e dos medios exactos polos cales transportan os iones seguían suendo especulativos. En 1998, a pesar das trabas científicas no estudo estrutural das proteínas integrais da membrana celular que frustraran a maioría das tentativas, MacKinnon e os seus colegas da Universidade Cornell conseguiron abrir a arquitectura dunha canle de potasio dunha bacteria gracias á cristalografía de raios X.
En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Peter Agre. Ambos os científicos foron premiados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos das canles iónicas e Agre foino especialmente polo descubrimento do métode da "canle de auga".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2003 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2003 (en inglés)
- Perfil de Roderick MacKinnon en NNDB (en inglés)
Predecesor: John Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich |
Premio Nobel de Química 2003 con Peter Agre |
Sucesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |