Rosario, Santa Fe
Rosario é unha cidade da Arxentina e un porto, cabeza do departamento que leva o mesmo nome e a cidade máis grande da provincia de Santa Fe. Con 1.000.000 de habitantes no 2005 é a terceira cidade da Arxentina, despois de Buenos Aires e Córdoba. Constitúe un importante centro cultural, económico, educativo, financeiro e de entretemento e forma parte do chamado Triángulo agrario, xunto coas localidades de Pergamino e Venado Tuerto.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Santa Fe | |||
Departamento da Argentina (pt) | Rosario (departamento) (pt) | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.193.605 (2010) (6.668,18 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 179 km² | |||
Bañado por | Río Paraná | |||
Altitude | 31 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 5 de agosto de 1852 | |||
Organización política | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Rosario (en) | |||
• Alcalde | Pablo Javkin (pt) (2019–) | |||
Órgano lexislativo | Deliberative Council of Rosario (en) , (Escano: 28) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | S2000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0341 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | rosario.gov.ar |
Atópase na marxe occidental do río Paraná, parte da hidrovía Paraná-Paraguai, sobre o que está encravado un porto de 140 hectáreas que manexa tanto cargas xerais como a granel.[1] Xunto a varias localidades da zona conforma a Área Metropolitana Rosario (con 1 690 816 habitantes, segundo o censo de 2010), que excede e inclúe o Gran Rosario (o terceiro conglomerado urbano do país con 1 236 089 persoas)[2] e o departamento Rosario. No ano 2010, proxectouse unha poboación para o departamento Rosario (composto pola cidade de Rosario e outros 23 concellos máis) de 1 199 364 persoas, segundo datos achegados polo INDEC (Instituto Nacional de Estadística y Censos).[2] Segundo a mesma proxección, o concello de Rosario contaba con 948 312 habitantes.[2][3]
Rosario é coñecida como o berce da bandeira arxentina, e o seu edificio máis coñecido é o Monumento á Bandeira. Na cidade naceron moitos deportistas consagrados internacionalmente tales como Lionel Messi, César Luis Menotti, Luciana Aymar, Maximiliano Rodríguez, Edgardo Bauza, Gerardo Martino, Angel Di María, Marcelo Bielsa e Mauro Icardi, entre outros. Tamén salientan personalidades como Che Guevara, Alberto Olmedo, Roberto Fontanarrosa, Libertad Lamarque, Fito Páez, Antonio Berni, Valeria Mazza, entre outros.
Notas
editar- ↑ "Rosario: un puerto con ventajas". Consultado o 9 de outubro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ministerio del Interior y Transporte - Censo 2010 - Municipio de Rosario".
- ↑ "Dirección General de Estadísticas - Indicadores demográficos". Consultado o 8 de setembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosario, Santa Fe |