Rubén López Durán
Rubén López Durán, nado en Lamela (Silleda) o 26 de agosto de 2004, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Barcelona Atlètic, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 2004 (20 anos) Lamela, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista |
Traxectoria
editarNacido na parroquia silledense de Lamela, herdou a afección ao fútbol de seu pai Manuel, que xogara nas categorías inferiores do Lalín ata que as lesións o afastaron do primeiro equipo.[1] Comezou a súa formación futbolística na Escola de Fútbol Lalín, na que tamén xogaba o seu irmán maior, Andrés. En 2018, despois de tres anos no equipo do Deza, pasou ao equipo cadete do Compostela, seguindo a seu irmán, que viña de fichar polo xuvenil do club santiagués. Alí tivo como adestrador a Iván Carril, que o atrasou da posición máis ofensiva que ocupaba en Lalín a un posto de pivote defensivo. Xogou 28 partidos coa camiseta branca e azul, 25 deles como titular, conseguindo o ascenso á Liga Galega, e chamou a atención do Deportivo da Coruña, que o fichou ao remate da tempada.
Iniciou o seu periplo no Deportivo no equipo cadete, pasando ao ano seguinte ao Xuvenil B da Liga Nacional e en 2021 ao Xuvenil A da División de Honra, e foi titular no histórico partido do seu equipo na Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv celebrado nun estadio de Riazor con máis de 20.000 espectadores.[2] Na tempada 2022/23 compaxinou o xuvenil co Fabril, co que logrou o ascenso a Segunda División RFEF tras proclamarse campión do Grupo I da Terceira RFEF.[3]
O 5 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo na Primeira Federación, na derrota por 0-3 ante o Real Unión no Stadium Gal de Irún, substituíndo nos minutos finais a José Ángel. O 28 de xaneiro seguinte marcou en Balaídos fronte ao Celta Fortuna o seu primeiro gol coa camiseta do Deportivo, facendo o segundo dos dous goles do seu equipo, que venceu por 1-2.[4] Participou na maioría de partidos da segunda volta, xogando habitualmente de interior xunto a Diego Villares, aínda que tamén xogou de mediapunta e máis preto da banda, e proclamouse co equipo campión da categoría, conseguindo así o ascenso a Segunda.[5]
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Barcelona Atlètic, tamén da Primeira Federación.[6]
Palmarés
editar- Fabril
- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
editar- ↑ Antelo, Iván (9 de febreiro de 2022). "Así es Rubén López, la otra perla de Silleda del Dépor en la UEFA Youth League". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2023.
- ↑ "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 29 de decembro de 2023.
- ↑ "Campeonato y ascenso del Fabril en O Barco (0-1)". Deportivo da Coruña (en castelán). 23 de abril de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023.
- ↑ "Rubén López: “Es un sueño, no se me va a olvidar nunca”". DxT Campeón (en castelán). 29 de xaneiro de 2024. Consultado o 29 de xaneiro de 2024.
- ↑ Pereira, Eder (11 de xullo de 2024). "Rubén López, el centrocampista híbrido que se inspira en Rodri". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ "O RC Deportivo acepta a petición de Rubén López de irse cedido ao Barça Atlètic". 30 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).