Rubén Rivera

futbolista español

Ruben Rivera Corral, nado na Coruña o 3 de maio de 1985, é un futbolista galego que xoga de dianteiro no CD As Pontes, da Preferente Galicia. Aínda que chegou a debutar na Primeira División co Deportivo da Coruña, desenvolveu a maior parte da súa carreira en clubs galegos da Segunda B e da Terceira, disputando preto de 700 partidos totais nos que marcou case 250 goles. Vestiu a camiseta dunha ducia de equipos, conseguindo altas cifras anotadoras no Laracha, no Fabril, no Montañeros, no Boiro e no Bergantiños. Xogou tamén na máxima categoría do fútbol austríaco, nas filas do Wolfsberger e do Admira.

Modelo:BiografíaRubén Rivera

(2012) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalRubén Rivera Corral
Biografía
Nacemento3 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2008   Deportivo Fabril 95(30)
2007–2007   Deportivo da Coruña 1(0)
2008–2012   Montañeros CF 144(58)
2012–2013 Wolfsberger AC 30(3)
2013–2014 FC Admira Wacker Mödling 8(0)
2014–2014 cesión   Club Deportivo Leganés 7(0)
2014–2015   Real Avilés 13(1)
2015– Club Deportivo Boiro
2015–2015   Coruxo FC 18(5)

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Coruñés de Catro Camiños,[1] formouse na canteira do Montañeros e do Deportivo da Coruña, e rematada a súa etapa como xuvenil fichou polo Laracha, da Terceira División.[2] Ás ordes de José Luis Vara, o Laracha acabou un posto por debaixo da zona de ascenso e Rubén Rivera foi o segundo máximo goleador do Grupo I, con 19 goles, superado só polos 22 de Jonathan Carril.

Fabril

editar

O seu gran rendemento no club da Laracha chamou a atención do Celta de Vigo, que lle realizou unha oferta ao xogador para que militase co seu filial na Segunda B. Con todo, este rexeitou o ofrecemento céltico e asinou co Fabril, da Terceira División, regresando así á disciplina deportivista.[3] Menos dun mes despois da súa chegada disputou co primeiro equipo do Deportivo a 60ª edición do Trofeo Teresa Herrera, enfrontándose en Riazor ao Peñarol uruguaio, encontro no que substituíu na segunda parte a Diego Tristán.[4]

Na súa primeira tempada no filial coruñés marcou 16 tantos, sendo o máximo goleador do equipo. Con Tito Ramallo como técnico e con xogadores como Ian Mackay, Álex Bergantiños, Dani Cancela, Carlos Pita ou Iago Iglesias, o Fabril proclamouse campión do seu grupo, con sete puntos máis que o segundo clasificado, o Lugo, pero non conseguiu o ascenso.

O Fabril repetiu título na tempada seguinte, con 12 goles de Rubén Rivera, e finalmente conseguiu o ascenso na promoción, con outros dous goles do dianteiro coruñés nas semifinais ante o Anguiano. Esa mesma tempada debutou co primeiro equipo do Deportivo en partido oficial, no encontro de ida dos cuartos de final da Copa do Rei ante o Valladolid en Riazor. O adestrador Joaquín Caparrós deulle entrada no descanso, como substituto de Riki, e o coruñés anotou o segundo dos catro goles do seu equipo (4-1).[1] Uns días despois debutou na Primeira División, xogando como titular na xornada 23 ante o Levante, partido no que formou dupla atacante xunto a Arizmendi.[5]

Na tempada 2007/08 xogou 32 partidos co Fabril na categoría de bronce, disputando a promoción de ascenso á Segunda División, aínda que a súa cifra anotadora reduciuse a só dous goles, ante Celta B e Ourense. Disputou un total de 104 partidos nos seus tres anos no filial do Dépor, nos que marcou 32 goles.

Montañeros

editar

No verán de 2008 volveu ao Montañeros, de Terceira, onde recuperou as súas estatísticas goleadoras.[6] Contribuíu con 19 goles ao ascenso do equipo adestrado por José Ramón e foi o terceiro máximo anotador do seu grupo, só por detrás de Hugo Soto e Felipe. Xogou durante os seguintes tres anos en Segunda B, e na tempada 2011/12 foi o máximo goleador do Grupo I, empatado a 19 dianas con Joselu, aínda que non puido evitar o descenso do club e a consecuente desaparición do equipo sénior.[7][8]

Wolfsberger

editar

A continuación puxo rumbo a Austria, onde fichou polo Wolfsberger, da Bundesliga.[8] Debutou co seu novo club na primeira rolda da Copa de Austria, marcando dous tantos na goleada por 1-8 do seu equipo sobre o Ostbahn XI.[9] Once días despois xogou o seu primeiro partido na máxima categoría da liga austríaca, ante o Austria de Viena.[10]

Marcou un triplete na segunda rolda da Copa, fronte ao Grazer AK (0-6) e conseguiu o seu primeiro gol en liga nunha derrota por 2-5 contra o SV Ried.[11] Pechou a súa única tempada no club de Carintia, cun total de 34 partidos e 9 goles.

Admira

editar

Na tempada 2012/13 xogou noutro equipo austríaco, o Admira Wacker Mödling, da mesma categoría, ao que chegou nun intercambio por Dani Segovia.[12] Apenas tivo protagonismo no conxunto da Baixa Austria, co que disputou só 9 encontros, case todos saíndo dende o banco dos suplentes. Nas primeiras xornadas tivo como adestrador ao histórico exfutbolista Toni Polster, ata que foi destituído polos malos resultados.[13] En febreiro de 2014 Rubén Rivera deixou Austria, saíndo cedido ao Leganés, da Segunda División B.[14]

Cesión ao Leganés

editar

No equipo madrileño tivo como adestrador a Asier Garitano, e contribuíu con sete partidos ao ascenso do club á Segunda División.

Avilés

editar

No verán de 2014 asinou como novo xogador do Avilés, tamén de Segunda B.[15] Xogou só media tempada no conxunto avilesino, disputando un total de 15 partidos, cun gol anotado. No mercado invernal deixou Asturias e regresou a Galicia, fichando polo Coruxo.[16]

Coruxo

editar

Debutou no club vigués marcando dous goles ante o Sporting de Gijón B, rompendo así o período de seca goleadora do equipo, que levaba 695 minutos sen conseguir anotar.[17] Marcou tres goles máis co equipo verde, para un total de 5 en 18 partidos.

En 2015 asinou como novo xogador do Boiro, da Terceira División. Na súa primeira campaña marcou 22 goles, sendo unha peza clave para que o equipo de José Luis Lemos se proclamase campión e ascendese a Segunda B. Foi ademais o segundo máximo goleador do seu grupo, só por detrás do tamén exdeportivista Changui (24).[18] Continuou como titular indiscutible durante a campaña 2016/17, na que marcou 11 goles, e foi unha peza clave para que o equipo do Barbanza acadase a permanencia, ao marcar cinco goles nas últimas catro xornadas, nas que o Boiro conseguiu saír da zona de descenso.[19] Con todo, o club boirense acabou por ser descendido administrativamente por culpa das débedas.[20]

Bergantiños

editar

En xuño de 2017 fichou polo Bergantiños, de Terceira.[19] Na súa primeira campaña no club de Carballo compartiu ataque con Rodri Alonso, Iago Blanco e Nacho Fernández e con 44 partidos disputados, foi o segundo xogador con máis minutos do equipo, só por detrás de Baleato.[21] Marcou 19 goles na liga, colocándose de novo entre os tres máximos goleadores do grupo (por detrás só de Javi Pazos e Primo), e anotou outro gol na promoción de ascenso, na que o seu equipo caeu ante o Atlético Cirbonero.[22]

Na seguinte campaña disputou 9 partidos menos na liga regular por mor dunha lesión de xeonllo,[23] pero acadou a mesma cifra de goles, clasificándose de novo para a promoción de ascenso, ao rematar o Bergantiños segundo por detrás do Racing de Ferrol. A lesión impediulle disputar a primeira eliminatoria ante o Covadonga, pero reapareceu para xogar na segunda, na que o club carballés perdeu contra o Villarrubia.[24] Na súa terceira e última tempada en Carballo marcou 5 goles nun total de 28 partidos e foi titular no histórico partido da Copa do Rei que o seu equipo xogou contra o Sevilla en Riazor.[25]

Montañeros

editar

En agosto de 2020 regresou de novo ao Montañeros, da Preferente Galicia.[26] Con todo, non chegou a xogar debido á pandemia de COVID-19 que atrasou durante meses o inicio da competición, e en novembro foi cedido ao Silva, de Terceira.[27] [28]

Cesión ao Silva

editar

Disputou 12 partidos oficiais co club de San Cristovo das Viñas, adestrado por Bardanca, marcando dous tantos, ante Arzúa e As Pontes. Ademais, en decembro participou na 75ª edición do Trofeo Teresa Herrera, como membro dun combinado coruñés que se enfrontou ao Deportivo da Coruña.[29] Foi a súa segunda participación no histórico torneo herculino, 15 anos despois de disputalo nas filas do Deportivo.

Regreso ao Montañeros

editar

Co inicio da competición en Preferente, regresou da súa cesión e púxose ás ordes de Dani Rodríguez, ata que o adestrador deixou o equipo por mor do cancro que pouco despois lle quitou a vida.[30][31] O Montañeros clasificouse na segunda posición e disputou sen éxito a fase de ascenso, xa con Posi como adestrador, resultado similar ao que obtivo na campaña seguinte.

Na tempada 2022/23 Rivera marcou 20 goles en 35 partidos, pero o Montañeros só conseguiu ser 12º.

As Pontes

editar

Para a tempada 2023/24 fichou polo CD As Pontes, tamén da Preferente Norte.

Estatísticas

editar

Actualizado ata o 23 de decembro de 2023

Club Tempada Categoría Liga Copa nacional Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Laracha 2004/05 Terceira División 36 19 - - - - 36 19
Fabril 2005/06 Terceira División 35 16 - - 2 0 37 16
2006/07 Terceira División 31 12 - - 4 2 35 14
2007/08 Segunda División B 31 2 - - 1 0 32 2
Total club 97 30 0 0 7 2 104 32
Deportivo da Coruña 2006/07 Primeira División 1 0 2 1 - - 3 1
Montañeros 2008/09 Terceira División 36 19 - - - - 36 19
2009/10 Segunda División B 37 11 - - - - 37 11
2010/11 Segunda División B 34 9 - - 2 0 36 9
2011/12 Segunda División B 36 19 - - - - 36 19
Total club 143 58 0 0 2 0 145 58
Wolfsberger 2012/13 Bundesliga de Austia 30 3 4 6 - - 34 10
2013/14 Bundesliga de Austia 0 0 1 0 - - 1 0
Total club 30 3 5 6 0 0 35 9
Admira 2013/14 Bundesliga de Austia 8 0 1 0 - - 9 0
Leganés 2013/14 Segunda División B 7 0 0 0 0 0 7 0
Avilés 2014/15 Segunda División B 13 1 2 0 - - 15 1
Coruxo 2014/15 Segunda División B 18 5 0 0 - - 18 5
Boiro 2015/16 Terceira División 38 22 - - 4 1 42 23
2016/17 Segunda División B 34 10 1 0 4 1 39 11
Total club 76 32 1 0 8 2 85 34
Bergantiños 2017/18 Terceira División 38 19 - - 6 5 44 24
2018/19 Terceira División 31 19 - - 3 0 34 19
2019/20 Terceira División 27 5 1 0 4 0 32 5
Total club 96 43 1 0 13 5 110 48
Silva 2020/21 Terceira División 12 2 - - - - 12 2
Montañeros 2020/21 Preferente Galicia 13 3 - - - - 13 3
2021/22 Preferente Galicia 32 11 - - - - 32 11
2022/23 Preferente Galicia 32 18 - - 3 2 35 20
Total club 77 32 0 0 3 2 80 34
As Pontes 2023/24 Preferente Galicia 15 2 - - - - 15 2
Total carreira 629 227 12 7 33 11 674 245
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda e a Segunda B, Copa Federación e Copa Deputación da Coruña.

Palmarés

editar
Fabril
  1. 1,0 1,1 ""No se puede vivir de un solo partido"". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de febreiro de 2007. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  2. "Nando y Rubén Rivera fichan por el Laracha, y Lerma causa baja en Baio". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 2004. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  3. "Rubén Rivera ficha por el Dépor". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 2005. p. 35. 
  4. "El Deportivo conquista el Teresa Herrera". El Mundo (en castelán). 16 de agosto de 2005. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  5. "Deportivo y Levante se conforman con el empate". El Mundo (en castelán). 18 de febreiro de 2007. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  6. D. Rodríguez, Rubén (21 de outubro de 2008). "Rivera se duplica". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  7. Bruquetas, Antón (10 de maio de 2012). "«La temporada que hemos hecho ha sido impresionante»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Rubén Rivera: «Hay que aprovechar estas oportunidades»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  9. "SC Ostbahn XI 1-8 Wolfsberger". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  10. "Wolfsberger 0-1 Austria Viena". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  11. "Wolfsberger 2-5 SV Ried". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  12. "Stürmer-Deal bei der Admira: Segovia geht, Rivera kommt" (en alemán). 17 de xullo de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  13. "«Me arrepiento de no haberme ido antes»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de outubro de 2023. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  14. "Rubén Rivera hace un paréntesis en su aventura austríaca". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  15. "El Avilés ficha a Borja García, Antonio Matas y Rubén Rivera" (en castelán). 5 de agosto de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  16. Rodríguez, Raúl (8 de xaneiro de 2015). "El Coruxo ya tiene a su nuevo goleador". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  17. "El doblete de Rubén Rivera despidió los 695 minutos sin marcar del Coruxo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xaneiro de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  18. "Goleadores Terceira 2015/16". BDFutbol (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2023. 
  19. 19,0 19,1 Pereira, Eder (29 de xuño de 2017). "El punta Rubén Rivera firma con el club de Carballo por dos campañas". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  20. Iván Antelo (1 de xullo de 2007). "El Boiro desciende a Tercera División por las deudas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  21. "Bergantiños 2017-18". BDFutbol (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  22. "Un gol del Cirbonero en el añadido tronzó el sueño del Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2018. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  23. Longueira, Toni (15 de xuño de 2019). "El Bergantiños más enchufado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  24. Lado, J. V. (17 de xuño de 2019). "Las ganas y la superioridad del Bergantiños fueron insuficientes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  25. "El Sevilla aguanta el chaparrón y pasa con un gol de Koundé ante el Bergantiños". Marca (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  26. Pereira, Eder (5 de agosto de 2020). "El delantero Rubén Rivera regresa a ‘casa’". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  27. "Ruben Rivera, nuevo jugador del #Silva2021" (en castelán). 12 de novembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  28. "Rubén Rivera, el hombre gol que le faltaba al Silva". DxT Campeón (en castelán). 12 de novembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  29. "O fútbol coruñés conserva o torneo máis antigo do mundo". 20 de decembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  30. "Ruben Rivera regresa al Atlético Coruña Montañeros" (en castelán). 30 de marzo de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  31. "Descansa en paz, Dani". DxT Campeón (en castelán). 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 23 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
mac 1
os 110
todo 5