Ruda de montaña
Ruda de montaña | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ruta montana | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Ruta montana' (L.) L. |
A ruda de montaña (Ruta montana) é unha planta fanerógama da familia Rutaceae. Aparece en Galiza espontánea.
Descrición
editarPlanta fortemente recendente, algo azulada, sen pelos, algo leñosa por baixo, de 25–70 cm, con follas divididas profundamente dúas ou tres veces, formando segmentos alongados e moi finos. As flores son primaverais, amarelas, pouco abertas, de menos de 1 cm, agrupadas densamente no extremo das pólas, con 4 pétalos de bordo un chisco ondulado na súa punta. É unha planta velenosa, abortiva, medicinal reputada, aínda que non tanto como algunha outra especie do seu mesmo xénero. O seu recendo, que desagrada a moitas persoas, fica nas mans incluso despois das lavar.[1] Cápsulas de 1,5-3mm, con pedicelo curto e 4-5 lóbulos moi marcados. Florea e frutifica da primavera ao verán.[2]
Distribución e hábitat
editarPoboacións espalladas dende Galiza, Portugal e noroeste de África deica Turquía.[3] Medra en matogueiras, pedregueiras e lareiros asollados.
Taxonomía
editarRuta chalepensis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Amoend. Acad. 3: 52 (1756)[4]
Número de cromosomas da Ruta montana (Fam. Rutaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=36.[5] e 2n=40.[6]
Notas
editar- ↑ García Muñoz, B. (2004). Plantas de Ávila, mi ciudad. Ávila:Obra Social Caja de Ávila. ISBN 84-96264-09-2.
- ↑ Santa-Bárbara Carrascosa, C.; Valdés Castrillón B. (2008). Guía de la Flora y Vegetación del Andévalo. Sevilla:Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Andalucía. ISBN 978-84-96776-85-2.
- ↑ Blamey, Marjorie; Grey-Wilson Christopher (2008). Flores silvestres del Mediterráneo. Barcelona:Omega. ISBN 978-84-282-1450-6.
- ↑ Ruda de montaña en Trópicos
- ↑ Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
- ↑ New chromosome numbers in Rutaceae. Santos Guerra, M. (1984) Pl. Syst. Evol. 146: 13-30
- ↑ Ruda de montaña en PlantList
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruda de montaña |