Ryanair
Ryanair, Plc é unha aeroliña irlandesa con sede social en Irlanda. Foi fundada por Tony Ryan en 1985 con 25 traballadores, sendo a súa primeira ruta Waterford - Londres. É o maior transportista de baixo custo de Europa. Actualmente ten máis 650 rutas. Ao longo dos anos converteuse na aeroliña máis rendible do mundo, grazas á redución de custos. Ryanair caracterizouse por unha rápida e continua expansión, especialmente trala desregulación da industria aérea en Europa en 1997. Operaba unha frota de 74 veteranos Boeing B737, que foron dados de baixa, e asinou contratos para recibir 225 novos Boeing B737-800 ata 2010, ademais de opcións por 193 máis. A data de hoxe, Ryanair conta con 305 Boeing 737-800 «Next Generation» cunha media de idade de 4,9 anos.
Ryanair | ||
---|---|---|
IATA FR | OACI RYR | Indicativo Ryanair |
Fundación | 1985 | |
Inicio das operacións | 1985 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Londres-Stansted | |
Subsidiarias | Ryanair DAC Malta Air Buzz Lauda Europe Ryanair UK | |
Frota | 575 | |
Destinos | 231 | |
Eslogan da compañía | low-cost airline | |
Sede | Dublin Airport, Fingal, Ireland | |
Dirixentes | Michael O'Leary, Michael Cawley | |
Páxina web: http://www.ryanair.com |
Ryanair é unha das empresas europeas máis polémicas, loada e criticada por igual. Os seus simpatizantes destacan os seus baixos prezos, o seu populismo, a administración radical, e a súa fereza para desbancar as aeroliñas de alto custo tradicionais. Pero os detractores acúsana de incumprir as políticas da UE e facer publicidade enganosa.[1] En 2009 foi demandada pola Dirección Xeral de Consumo de Baleares, por cobrar indebidamente aos pasaxeiros un suplemento por levar a súa equipaxe,[2] medida que Ryanair aplica sistematicamente pero que é ilegal en España.[3]
Historia
editarDende a súa creación en 1984, Ryanair pasou de ser unha pequena aeroliña que realizaba a curta ruta entre Waterford e Londres a converterse nunha das maiores compañías de transporte de pasaxeiros en Europa. Ryanair ten na actualidade uns 8.500 traballadores, entre os que se contan 1.200 pilotos. Tras a súa saída en bolsa en 1997, os seus ingresos pasaron de 231 millóns de euros en 1998 a 1.843 millóns en 2003 e 3.013 millóns en 2010. Os seus beneficios netos subiron de 48 millóns a 339 no mesmo período.
Primeiros anos
editarRyanair foi fundada en 1985 Christopher Ryan, Liam Lonergan (dono da axencia de viaxes irlandesa Club Travel) e o empresario Tony Ryan (polo cal recibiu o nome), fundador de Guinness Peat Aviation. A aeroliña comezou a operar cun Embraer EMB 110 Bandeirante de 14 asentos, voando entre Waterford e o aeroporto de Gatwick co obxectivo de romper o duopolio dos voos entre Irlanda e Londres, que nese momento estaban operados por British Airways e Aer Lingus.
En 1986, a compañía incorporou unha segunda ruta, voando entre Dublín e Luton competindo directamente co duopolio de Aer Lingus e British Airways por vez primeira. Baixo a desregulación parcial da Unión Europea, as aeroliñas poderían comezar novos servizos internacionais dentro da Unión, sempre e cando polo menos un dos dous gobernos dese a súa aprobación. O goberno irlandés nesa época rexeitou a súa aprobación co obxectivo de protexer a Aer Lingus, pero o británico, baixo o mando da conservadora Margaret Thatcher, aprobou o servizo. Con dúas rutas e dous avións, a nova aeroliña transportou a 82.000 pasaxeiros nun ano. O número de cliente continuou aumentando, pero a compañía tiña perdas e, cara 1991, necesitaba estruturarse. Michael O'Leary foi o encargado de facer á aeroliña rendible. O'Leary rapidamente decidiu que a chave da rendabibidade eran as tarifas baixas, uns tempos de volta rápidos para os avións, nada de luxos e voos sen clase business, ademais de operar un único modelo de avión.
O'Leary regresou dunha visita a Southwest Airlines convencido de que Ryanair podería realizar grandes incursións no mercado europeo, nese tempo dominado polas aeroliñas nacionais que eran subvencionadas en distintos graos polos seus países. Competiu coas grandes compañías proporcionando un servizo a baixo custo sen luxos. Os voos foron programados cara aeroportos rexionais, que ofrecían menores gastos de operación que os grandes aeroportos internacionais. Cara 1995, tras perseguir constantemente o seu modelo de negocio de baixo custo, Ryanair celebrou o seu 10º aniversario levando a 2,25 millóns de pasaxeiros.
1992–1999
editarEn 1992, a desregulación da industria aérea da Unión Europea deulle ás aeroliñas dun país da UE o dereito a operar voos entre dous estados membros e representou unha grande oportunidade para Ryanair. Tras unha exitosa flotación na bolsa de Dublín e na NASDAQ, a aeroliña iniciou servizos cara a Estocolmo, o aeroporto de Sandefjord (110 km ao sur de Oslo), o aeroporto de París-Beauvais e Charleroi (preto de Bruxelas)[4]. En 1998, con novo capital, a aeroliña realizou un pedido masivo por 2.000 millóns de dólares de 45 novos Boeing 737–800[5].
Anos 2000
editarA aeroliña lanzou a súa páxina web no ano 2000, sendo as reservas en liña inicialmente unha pequena e pouco importante parte do software da páxina. O incremento da venda de billetes a través de Internet axudou ao obxectivo de recortar o prezo dos billetes ao vender directamente e quitar os custos impostos polas axencias de viaxes. Nun ano a páxina chegou a manexar tres cuartos das reservas da aeroliña.
Ryanair estreou unha nova base de operacións no aeroporto de Charleroi no ano 2001. Posteriormente nese mesmo ano, a aeroliña pediu 155 novos avións 737-800 de Boeing para ser entregados en oito anos, entre 2002 e 2010.[6] Aproximadamente 100 deses avións xa foran entregados cara finais de 2005, aínda que houbo pequenos atrasos nese ano debido a unha folga de maquinistas de Boeing.[7]
En abril de 2003 Ryanair mercou a KLM ao seu competidor en dificultades Buzz.[8]
Durante o ano 2004 Michael O'Leary advertíu que habería un "baño de sangue" durante o inverno, do cal só dúas ou tres aeroliñas de baixo custo sairían, agardando que esas serían Ryanair e EasyJet.[9] Unha perda de 3,3 millóns de euros no segundo cuarto de 2004 foi a primeira perda rexistrada da aeroliña en 15 anos, aínda que a compañía volvería a ter beneficios pouco despois. A ampliación da Unión Europea o 1 de maio de 2004 permitiu a apertura de novas rutas para Ryanair.[10]
A rápida adición de novas rutas e nova bases permitiu o crecemento do número de pasaxeiros e colocou a Ryanair entre as aeroliñas máis grandes en rutas europeas. En agosto de 2005 a aeroliña afirmou ter levado a un 20% máis pasaxeiros dentro de Europa que British Airways.
O 13 de febreiro de 2006 a canle británica Channel 4 emitiu un documental como parte da súa serie Dispatches titulado "Ryanair caught napping". O documental criticaba as políticas de adestramento da aeroliña, os procedementos de seguridade e a hixiene dos avións, destacando tamén a pobre moral dos seus traballadores. Ryanair negou estes feitos[11] e afirmou que o material promocional do programa, en particular a imaxe dunha azafata durmindo, fora falsificado.[12]
O 5 de outubro de 2006 Ryanair lanzou unha oferta de 1.480 millóns de euros para mercarAer Lingus. O CEO de Ryanair, Michael O'Leary, dixo que o movemento era unha "oportunidade única" para formar unha aeroliña irlandesa. A nova compañía podería transportar ao redor de 50 millóns de pasaxeiros por ano.[13]
Frota
editarFrota actual do grupo
editarEn agosto de 2023, a frota do Ryanair Group estaba formada polos seguintes avións:[14][15][16][17][18]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Operador | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 29 | — | 180 | Lauda Europe | ||
Boeing 737-700 | 1 | — | 148[19] | Buzz | Usado para voos chárters de vacación operados por turoperadoras polacas SP-RUM[20] | |
Boeing 737-800 | 410 | 222 | — | 189[21] | Ryanair | Maior operador |
125 | Malta Air | |||||
50 | Buzz | |||||
13 | Ryanair UK | |||||
Boeing 737 MAX 8-200 | 136 | 74 | 74[22] | 197[23] | Ryanair | Maior operador Entregas ata 2025[24] |
36 | Malta Air | |||||
13 | Buzz | |||||
Boeing 737 MAX 10 | — | 300 | 228 | TBA | Pedido con 150 opcións Entregas a partir de 2027[25] | |
Total | 575 | 374 |
Notas
editar- ↑ Ryanair paga la crisis con el pasajero
- ↑ Consumo sancionará a dos 'low cost' por cobrar por facturar el equipaje
- ↑ Lei 48/1960, de 21 de xullo, sobre Navegación Aérea.|data=23 de xullo de 1960|dataacceso=15 de xuño de 2009
- ↑ Informe anual da aeroliña de 1999 (en inglés)
- ↑ Historia de Ryanair (en inglés)
- ↑ BBC (ed.). "Ryanair in Boeing spending spree". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ The Irish Times (ed.). "Ryanair's new routes could face delays due to strike". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ The Irish Times (ed.). "Buzz gets go-ahead to resume flights". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ The Irish Times (ed.). "Ryanair warns of 'bloodbath' in airline industry". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ The Irish Times (ed.). "Ryanair sticks to 10% growth forecast". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ Ryanair (ed.). "Ryanair Statement for Channel 4 Dispatches Programme" (PDF). Archived from the original on 27 de marzo de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ Ryanair (ed.). "Dispatches misleading advertisement in media" (PDF). Archived from the original on 21 de marzo de 2006. Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ Daily Mail (ed.). "EU ban on Ryanair's Aer Lingus takeover 'valid'". Consultado o 26 de decembro de 2016.
- ↑ "Ryanair Holdings Group Fleet Details". Airfleets. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ "Ryanair Fleet Details". airfleets.net.
- ↑ "Malta Air Fleet Details". airfleets.net.
- ↑ "Buzz Fleet Details". airfleets.net.
- ↑ "Ryanair UK Fleet Details". airfleets.net.
- ↑ "Ryanair Corporate Jet – Customised Boeing 737-700 for Private Charter". 7 de novembro de 2018. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ "Ryanair's Buzz deploys only B737-700 on leisure charters". ch-aviation.com. Consultado o 19 de xaneiro de 2024.
- ↑ "About Us – Our Fleet". www.ryanair.com. Ryanair. Consultado o 19 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Ryanair Q1 Results – July 2022 Presentation" (PDF). 26 de xullo de 2022. Consultado o 19 de xaneiro de 2024.
- ↑ Podsada, Janice (26 de abril de 2018). "Ryanair to buy 25 high-capacity 737 MAX 8 airliners". The Herald. Consultado o 19 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Ryanair Negotiations For A Boeing MAX10 Order End Without Agreement". Ryanair. 6 de setembro de 2021. Consultado o 19 de xaneiro de 2024.
- ↑ Goodbody, Will (2023-05-09). "Ryanair inks $40bn Boeing deal for up to 300 aircraft". RTÉ.ie (en inglés).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ryanair |