Lesbianismo

homosexualidade feminina
(Redirección desde «Safismo»)

O lesbianismo ou safismo[1] é o termo aplicado para definir a homosexualidade feminina. O termo lesbiana emprégase para designar a unha muller que se sente atraída sexualmente por outra muller, que ademais ten unha unión de amor, afecto, agarimo e ademais se sente atraída sexualmente cara a ela.[2]

Familia formada por dúas nais.

Etimoloxía

editar
 
Safo de Lesbos, representada nunha tea de 1904 por John William Godward. A poetisa deulle a connotación actual de lesbiana como o desexo erótico entre mulleres.

A Ilíada aparece por primeira vez o termo mulleres de Lesbos e fai referencia ás féminas que mellor practicaban a felación, xa que o verbo grego lesbiázein significa "felar". De feito, na Grecia clásica a illa de Lesbos era famosa pola destreza e tendencia dos seus habitantes a realizar esta práctica. A desviación do significado deste termo debeuse ao uso que lle deron posteriormente os cristiáns e á procedencia da poetisa Safo. Con todo, o vocábulo que se empregaba na antiga Grecia para referirse ás lesbianas era tríbada, do grego tribo (frotar).[3][4][5][6][7]

Historia

editar
Artigo principal: Historia do lesbianismo.

A terminación -ismo en lesbianismo implicaba (o sufixo -ismo indica «partidario de») a idea de que a organización comunitaria dos homosexuais tendía á promoción das súas condutas; ao irse apartando a sociedade da crenza de que a homosexualidade é voluntaria, foise impoñendo «homosexualidade» sobre «homosexualismo».

Discriminación e feminismo

editar
Artigo principal: Feminismo.

A maioría das culturas antigas considerou ás lesbianas como inexistentes, a diferenza da homosexualidade masculina, considerada ata fai poucas décadas como enfermidade ademais de seres perseguidos e castigados duramente por iso. As mulleres perseguíronse por ser adúlteras e prostitutas, pero non pola súa orientación sexual. Neste aspecto poderíase considerar que as lesbianas foron marxinadas por omisión ao non se recoñecer a súa propia existencia. O auxe das últimas décadas dos sectores denominados representantes do feminismo loitaron por moito tempo polo recoñecemento do lesbianismo. Historicamente, as lesbianas estiveron involucradas na loita polos dereitos das mulleres.

Nos anos 1970 coa urxencia do feminismo moderno, o separatismo lésbico fíxose popular en Occidente, onde grupos de mulleres vivían xuntas en sociedades comunais. Algunhas mulleres atopaban este tipo de sociedade liberadora. Outras, como Kathy Rudy, remarcou que os estereotipos que se desenvolvían na colectividade separatista lésbica foron o que a fixo deixar o grupo.

Sexualidade

editar
 
O soño, de Gustave Courbet.
Artigo principal: Estudos de xénero.

En 1949, Simone de Beauvoir afirmou: «Unha non nace muller, senón que se fai muller». A súa reflexión abriu todo un novo campo de indagación intelectual sobre a interpretación da igualdade e a diferenza dos sexos, que hoxe é tema de revistas, libros, debates políticos, políticas de diversidade empresarial e seminarios académicos e movementos sociais en todo o mundo.

Os estudos sobre «Comportamento sexual» non só estudan a desigualdade cara ás mulleres, senón que abriron novos campos de investigación relacionados coa diversidade sexual.

Dereitos

editar
Véxase tamén: Homosexualidade en Europa.

A Unión Europea, que comprende 27 Estados, non ten unha política común que afecte aos dereitos do colectivo LGTB, pero si traballa para a non-discriminación. LGTB é un acrónimo empregado como termo colectivo para referirse ás persoas Lesbianas, Gays, Bisexuais e Transexuais. É unha adaptación do acrónimo LGB. Considérase un termo menos controvertido cós termos queer ou lesbigay, e máis amplo que homosexual ou sinxelamente gai.

Desde o 2008, o día 26 de abril celébrase en España o Día da Visibilidade Lésbica, co obxectivo de reclamar a igualdade de dereitos e oportunidades para as lesbianas [8].

Cultura

editar
 
Na cama, de Henri de Toulouse-Lautrec, 1892.
Artigo principal: Cultura lesbiana.

A cultura lesbiana medrou tradicionalmente incluída dentro da tradición feminina, e máis especificamente na cultura das mulleres. Durante moitos anos, e en épocas máis difíciles cás actuais, a cultura das mulleres desenvolveuse en diferentes eidos; deste xeito houbo músicas, poetas, escritoras e artistas etc. Todas elas agocháronse dentro da cultura das mulleres.

Dado que as lesbianas son consideradas un grupo social minoritario, fálase moi a miúdo de subcultura lesbiana, o cal non significa unha situación de inferioridade presuposta, senón algo que é parte da propia especificidade das lesbianas, respecto ao mundo heterosexual maioritario.

Literatura

editar
Artigo principal: Literatura lésbica.

A comezos do século XX tanto en Londres como en París, nunha atmosfera e un clima intelectual e artístico resplandecente, creáronse as primeiras comunidades de mulleres poetas, escritoras e artistas. Algunhas das mulleres parisienses máis coñecidas foron: Marguerite Yourcenar (primeira muller elixida para integrar a Academia francesa), Natalie Clifford Barney, Gertrude Stein, Tamara de Lempicka, Colette e as súas amigas Natalie Clifford Barney e Liane de Pougy; algunhas das mulleres lesbianas londinienses máis coñecidas nese entón foron Virginia Woolf, Katherine Mansfield e Jeanette Winterson.

As escritoras da primeira metade de 1900 adoitaron empregar mensaxes cifradas como unha forma de enmascarar a temática lesbiana; personaxes que cambian de sexo como no Orlando de Virginia Woolf, moitas novelas con historias entre homes gais, como Marguerite Yourcenar; historias abertamente lésbicas, pero algunhas delas escritas baixo un seudónimo, como o caso de Patricia Highsmith e o seu libro Carol dan conta desta situación.

En décadas recentes proliferaron as escritoras que tocan temas lésbicos como Jeanette Winterson, o mundo fantástico proxectado nos libros de Marion Zimmer Bradley.

Cine e espectáculo

editar
Véxase tamén: Claude Cahun e Roberta Gregory.
 
Fotografía de 1900.

A primeira película que tratou o tema lésbico foi a alemá Mädchen in Uniform (Mulleres en uniforme) de 1931 baseada na novela de Christa Winsloe e dirixida por Leontine Sagan. Conta a historia dunha colexiala chamada Manuela von Meinhardi e a súa paixón pola súa profesora Fräulein von Bernburg. Foi escrita e posteriormente dirixida por mulleres. Foi impactante en todas as contornas lésbicas alemás.

Entre as cineastas lesbianas máis recoñecidas da actualidade atópanse Jamie Babbit (But I'm a Cheerleader), Léa Pool (Lost and Delirious), Rose Troche (The L Word) e Barbara Hammer. A película The Hours (2002) enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia.

Actrices: Marlene Dietrich, Mercedes de Acosta, Portia de Rossi, Ellen DeGeneres, Leisha Hailey

Cantantes: Sandra Mihanovich, K.D. Lang, Maria Bethânia, Mayte Martín, Joan Baez, Chavela Vargas, Simone, Melissa Etheridge, Tracy Chapman, Sinéad O'Connor, Samantha Fox, Indigo Girls, Ani DiFranco, Cássia Eller, Celeste Carballo, Zélia Duncan.

Deporte

editar

Dende hai anos, a loita polo recoñecemento e a entrada ao mundo do deporte e a perseveranza e o triunfo en eventos deportivos foi parte esencial da historia da cultura lésbica. Os resultados de moitos anos de esforzo, que agora son practicamente gozados por mulleres homosexuais e heterosexuais, de igual forma débense en gran parte a atletas como as tenistas Billie Jean King e Martina Navrátilová, quen se atreveron a «saír do armario» e a loitares abertamente contra a homofobia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lesbianismo.
  2. "AskOxford.com". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2007. Consultado o 01 de maio de 2009. 
  3. "«Las bodas homosexuales ya se celebraban en la antigua Roma»". Diario de León (en castelán). Consultado o 2020-03-30. 
  4. The Independent (10 de novembro de 2001). "Howard Jacobson: I'm tired of this tragedy and want to return to the comic coinage of life again" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2009. Consultado o 18, 11 de 2008. 
  5. Wilson, Emily (2 de febreiro de 2004). "Lady of Lesbos. Poet, courtesan, bisexual, victim... Emily Wilson looks beyond the labels for the essence of Sappho". guardian.co.uk Series: London Review of Books (en inglés). Consultado o 18, 11 de 2008. 
  6. Bryn Mawr Classical (18 de abril de 2007). "Naturalia non turpia. Sex and Gender in Ancient Greece and Rome. Schriften zur antiken Kultur- und Sexualwissenschaft. Herausgegeben von Wolfgang Bernard und Christiane Reitz. Spudasmata, 113. Hildesheim: Olms, 2006. Pp. 560; ills. 12. ISBN 978-3-487-13272-3.". Reviewed by Michael Fontaine, parágrafo 5 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 20, 11 de 2008. 
  7. Grimes Younger, John (2005). "Sex in the Ancient World from A to Z". Routledge, 217 páxinas, ISBN 0415242525, ISBN 9780415242523 (en inglés). Consultado o 20, 11 de 2008. 
  8. {{cita web|url=https://institutomujer.castillalamancha.es/content/dia-de-la-visibilidad-lesbica%7Ctítulo=Día de la [[Lesbianismo|Visibilidad Lésbica|lingua=es|data-acceso=27.11.2022}}

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 4